Menú de páxinas

Domingo 13 de xullo: 3º Roteiro contra do desdobramento do corredor do Morrazo

(Montes de Domaio)

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 13 de xullo o terceiro roteiro contra do desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo.

O percorrido cuxo trazado será circular, sairá ás 11 da mañá diante da capela de San Bieito en Domaio (Moaña), tendo prevista a volta ao mesmo lugar ás 13:30 h. Pasará polo núcleo rural da Costa, área de lecer de O Souto, sendeiro do rego e muíños da Freixa, A Devesa, paso, ponte das Meáns, Chan do Porco, sendeiro do rego da Miñouba, Poza da Moura, muíños da Maquina e de José María, paso elevado, Pedra do Navío, núcleo rural de Os Carballiños e Picouto do Gando, camiño do Prado, ponte e muíño do Rial, camiños do Soutiño e O Barquiño, Cruceiro do Carballo do Raposo, até chegar de novo diante da capela.

O percorrido coincidirá grande parte co sendeiro municipal de curto percorrido dos regos da Freixa e da Miñouba.

Para chegar ao punto de saída hai que coller a estrada PO-551 até o núcleo urbano da parroquia de Domaio, onde ao chegar ao paso peoníl con semáforos para coller (á esquerda si se ven desde Moaña ou á dereita si se ven da AP-9 de Rande ou da N-550 de Vilaboa) a estrada EP-1103 San Bieito-Verdeal no desvío existente entre a sucursal de Abanca e o bar Tropicana. A capela de San Bieito está á beira da EP-1103 a uns 500 metros da PO-551.

Pregamos ás persoas que vaian participar no roteiro a máxima puntualidade para sairmos na hora marcada e en previsión de haber un día solleiro e malia que o percorrido vai ser na súa maioría por camiños entre o arborado aconsellamos levar gorra, vestimenta lixeira e de trote, envase para auga e crema para a pel.

Por responsabilidade, ética e polo reducido tamaño do aparcadoiro diante da capela e arredores emprazamos a todas aquelas persoas que se acheguen en vehículo privado que traten de compartilo até enchelo.

roteiromorrazo3

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Download mp3