Menú de páxinas

20.06.2015. MARCHA CONTRA CELULOSAS ás 19:30. Saída das Alamedas de Marín e Pontevedra

Logo de 50 anos de destrución e desarranxo ambiental, ENCE ofrécenos o paraíso a cambio da permanencia en Lourizán máis alá do 2018; milleiros de postos de traballo, eliminación de cheiros e molestias, devolución da auga roubada ao Lérez, pago dos impostos en Pontevedra, fin da contaminación da Ría, creación de riqueza e benestar…

Pero xa é demasiado tarde e xa ninguén na comarca cre as mentiras dos directivos da fábrica de pasta de papel. Quen vai crer nestas promesas cando levan facendo todo o contrario ao longo da súa historia na Ría? Porque non o fixeron ata agora? Simplemente porque non o van facer nunca!

TEMOS RAZÓNS ABONDO PARA IR Á MARCHA: A RÍA É NOSA E NON DA CELULOSA!

cartaz_2015

-  Xa abonda de contaminar a Ría e o ar.
- Os seus pestilentes cheiros e fumes teñen que abandonar as nosas vidas.
- Impiden o saneamento da Ría e destrúen os recursos marisqueiros.
- Hai que recuperar o banco de Os Praceres e as praias urbanas de Pontevedra.
-  Hai que protexer a illa de Tambo, o monte e o rural da comarca.
-  Coa saúde das persoas e co medio ambiente non se negocia.
- Hai que rematar coa eucaliptización da Galiza e a proliferación de incendios.
-  É un delito fumigar Galiza con produtos tóxicos.
- Destrúen o emprego no marisqueo, a pesca, o monte e o turismo.
-  Son un freo para a creación de emprego na comarca.
- A Ría é unha fonte de riqueza, deporte e novas oportunidades

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Download mp3