Pages Navigation Menu

Comunicado da rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” perante as últimas detencións

A rede de colectivos A Ría Non Se Vende esixi​mos a posta en liberdade, das persoas detidas este venres 30 de Outubro, tres das cales son compañeir@s desta rede, as cales foron sacadas violentamente das suas vivendas e levadas pola forza a Madrid para ser interrogadas na Audiencia Nacional. A nosa total e sinceira solidariedade, con elas.

Era febreiro do ano pasado, quedaba arquivada a causa contra o noso compañeiro Xulio Saiáns, logo de ser falsamente acusado de “financiación de organización terrorista” e “integración en organización terrorista”​ acusacións polas que a Fiscalía pedía inicialmente 20 anos de cadea. Xulio foi levado a Madrid e pasou 41 días de cativerio arredado da súa familia e tivo que pagar unha fianza de 6.000 euros para poder sair en liberdade e presentarse cada 15 días no xulgado para, finalmente a causa quedar arquivada por non existir indicios de delito.

carcel1

Estas últimas detencións non teñen xustificación e foron levadas a cabo dun xeito brutal, cunha exibición desmesurada de armamento,por un desmedido número de efectivos da Garda Civil, que entraron pola forza nos domicilios, lembrando o represivo estilo franquista, rebentando as portas realizando rexistros e requisando todo tipo de obxectos persoais.

Estas detencións son totalmente arbitrarias, xa que se lles acusa de enaltecemento do terrorismo, sen presentar ningunha proba delo, e por pertencer a unha organización política que está legalmente inscrita e que nunca foi ilegalizada.

Denunciamos a vergoñenta campaña mediática que, sen ter en conta a presunción de inocencia, difunde a versión redactada no Ministerio do Interior, que incluso relaciona as persoas detidas com organizacións desaparecidas hai 25 anos.

Pensamos que estos actos forman parte dunha estratexia de criminalización das ideas e das persoas que teñen un craro compromiso coa defensa da terra e que luitan por unha sociedade xusta, unha terra viva e unha vida digna.

Cremos que estas actuacións en Galiza, igual que as levadas a cabo hai uns dias en Cataluña contra colectivos sociais, na que foron detidas nove persoas, das que oito xa están en liberdade, só persiguen criar unha cortina de fume para desviar a atención dos casos de corrupción que ten o goberno cando estamos en plena precampaña eleitoral. A nosa solidariedade tamén está con @s compañeir@s cataláns inxustamente detid@s.

O compañeiro Salva non poido ser trasladado a Madrid, debido ao seu delicado estado de saúde, mais está acusado do mesmo suposto delito.

DEFENDER A TERRA NON É DELITO

DETID@S LIVERDADE

BASTA DE REPRESIÓN E MONTAXES POLICIAIS​

A Ría Non se Vende

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.