Menú de páxinas de navegación

Proxecto de lei de fomento e iniciativas empresariais

O PP ven de presentar fai uns días ao Parlamento galego, pola vía de urxencia, unha proposición de lei para impulsar proxectos empresariais eliminando trabas e reducindo prazos nas tramitacións. Sucede que entre esas trabas están cuestións relacionadas coas garantías legais á protección do medio ambiente e cuestións de interese público. Hai que ter en conta que non é o noso territorio destacado precisamente por un cumprimento estrito deste tipo de regulacións, co que esta iniciativa chega sobre una situación xa de por si problemática. Aquí podes ler un par de novas sobre o tema:

 

ence-preve

ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra

Na práctica o que supón é reducir as ferramentas de defensa das comunidades afectadas ou os valores naturais fronte ás empresas e deixa ver unha vez máis unha clara posición de parte da administración en potenciais conflitos de interese. Con este tipo de medidas, por exemplo, sería moito máis difícil do que xa é facer oposición con certa posibilidade de éxito a un proxecto como o da mina de Corcoesto. A Xunta sitúase pois do lado dos intereses do negocio privado, en concreto os dos grandes grupos empresariais, fronte aos da poboación e medio natural (sempre que estes colidan, o que sucede cada día tal como funcionan as cousas).

Agora mesmo está aberta a fase de alegacións para os partidos da oposición no Parlamento e tamén a posibilidade de facer comentarios pola cidadanía na web desa institución. Tamén diversos colectivos están a moverse para facer algo ao respecto, pois a aprobación desta proposta podería darse no vindeiro mes de novembro.

Sería importante difundir isto para que non nolo colen pola porta de atrás, como sucede con tantas medidas da Xunta. Aquí tes o texto íntegro da proposta, por se queres revisalo. Tamén podes facer algún comentario na web do Parlamento, colaborar nas accións que vaian xurdindo como reacción a esta medida, reenviar este correo ou outro calquera sobre o tema aos teus contactos, etc.

Temos pouco tempo para poder mover a única vía que queda neste contexto de maioría absoluta e prazos urxentes, a da presión social, para que cando menos isto sexa coñecido e poida darse algo de debate público.

Graciñas.

Preme aquí para obter máis información

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *