‘Pachi’ Vázquez, avaliación tráxica

‘Pachi’ véndenos lei tras lei e norma tras norma para facer que fai conservacionismo da terra, pero o seu departamento só funciona como mediático aval ambiental dos proxectos destrutivos dos seus compañeiros de partido.

Galicia Hoxe (31/05/2008)-. A esixencia de facer unha avaliación estratéxica de determinados plans e programas –como os PXOM ou plans sectoriais– que poidan causar un impacto negativo na sustentabilidade do medio foi regulada en 2001 por unha Directiva Europea e, derivada desta, polo Estado español coa Lei 9/2006. Este proceso pretende que eses plans sigan criterios de sustentabilidade –e non só no eido ambiental, tamén no social e no económico– dende as súas primeiras etapas, para non atopármonos con sorpresas cando se pretendan desenvolver.

A consellería de ‘Pachi’ Vázquez acaba de botar por terra o espírito conservacionista da avaliación estratéxica ao darlle vía libre ao Plan ‘Gallego’ de Acuicultura. Lida a memoria ambiental do seu departamento é evidente que a maioría das alegacións –foron 1001– presentadas por veciños, ecoloxistas, universidades, confrarías, concellos, etc., contra as macrofábricas de peixe están xustificadas, mais os departamentos da Xunta –socios incluídos– miran para outro lado. Nese outro lado está a patronal do peixe plano, que sairá beneficiada coa expropiación e destrución de millóns de metros cadrados na costa exterior do país, que sei que non vai entrar nesa Lei da paisaxe que, cinicamente, está a promover o conselleiro ‘Pachi’.

Admite o informe que no Plan faltan estudos sobre o seu impacto na paisaxe, no turismo, no patrimonio, nos hábitats e especies protexidas, noutras actividades económicas existentes, nos espazos protexidos lindeiros, etc. Nin sequera existe un plan de seguimento do “elevado volume de residuos” xerado e ningún dos proxectos vai ser con circuíto de auga pechado, como aconsella a Comisión Europea. Vaia, que non teñen nin idea do impacto que vai ter o Plan Acuícola no país. Malia isto, Medio Ambiente non obriga a Pesca a corrixilo –ou facer un novo. Aválao dicindo que esas eivas xa se amañarán ao desenvolver cada planta acuícola. Avaliación estratéxica tráxica.

‘Pachi’ véndenos lei tras lei e norma tras norma para facer que fai conservacionismo da terra, pero o seu departamento só funciona como mediático aval ambiental dos proxectos destrutivos dos seus compañeiros de partido. “Eles son ecoloxistas, eu son o goberno”, dixo esta semana o conselleiro na Radio Galega en referencia a SOS Courel. Seica a súa prepotencia é meirande aínda ca súa incompetencia.

Manoel Santos

5 Comments

  1. pra coñecer a pachi so hay que ver a sua carreira politica; do CDS quiso pasar a enrolarse no PP e como non lle deron o que queria foise pro PPSdeG desde onde conseguiu facerse alcalde (o mais puro estilo de PACO VAZQUEZ), preguntade no carballiño por el e o seu compromiso medioambiental; en ourense din que seria un digno sucesor de BALTAR posto que non se notaria o cambio.
    igual deberia facer unha manifestacion a rede pra que O MANDEN O VATICANO

  2. Si o mandan para o Vaticano, é capaz de facer unha central nuclear na praza. Si o “untan” ben e lle prometen subilo no escalafón e capaz de eso e mais.

  3. Resulta curioso que o conselleiro presuma de ser tan dialogante cando se negou a recibir os membros do Foro do Ribeiro, que organizou unha manifa de 2000 persoas nunha comarca de 15000 almas, dicindo que él non se reunía con 10 señores do pp, mentindo coma sempre. Que non se reuna con Ridimoas, a asociación ecoloxista máis importante do Ribeiro con máis de 1000 socios.

    Simplemente advertirlles a esta xente que se vai reunir co carballines que teñan en conta que este suxeito só di a verdade si se confunde, que calquera proposta que presente sexa documental, con firma e selo. E desde logo que o Foro do Ribeiro non considerará vinculante ningún acordo o que se chegue sin non é consultado previamente.

    Este innombrable só pretende romper e destruir a rede GALIZA NON SE VENDE. Pero que lle quede craro que non o vai conseguir.

    Saude e forza irmans.

  4. Mirade se é espabilado que xa na Lei da Paisaxe inclúe unha disposición transitoria que lle vai permitir facer tódalas excepcións que estime oportunas!

    ENVIAR MENSAXES Ó PARLAMENTO ATA QUE AFOGUE POR TRAPALLEIRO E MINTIRÁN…!

    http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/ContenidoGal/pargal_PC_Discusion_Detalle.aspx?ID=20080429103122&title=Proxecto%20de%20lei%20de%20protecci%C3%B3n%20da%20paisaxe%20de%20Galicia

    Penso que merece a pena quitarlle a careta!

  5. Se conseguimos que o CESE conseguiremos desactivar a súa estratexia de divide e vencerás!

    OBXECTIVO A BATIR = O Conselleiro Trapalleiro !

    E se non é moito pedir ós amigos de SOS Courel que o fagan fillo predilecto de Quiroga e lle poñan unha Oficiña en Pacios da Serra ata a súa xubilación forzosa !!!

Deixa una resposta a flix Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.