Pages Navigation Menu

“O escaravello verde” – Unha mina en Pico Vello

Xa podes ver o documental que “O Escaravello Verde” fixo sobre a mina de andalucita de Pico Vello.

 “O Escaravello Verde” visita esta semana o Parque Natural das Fragas do Eume e os seus arredores para coñecer se ese proxecto de mina de andalucita, que pende a 50 metros dos límites do parque, pode supor unha ameaza ambiental. Integrada por máis dunha decena de entidades ecoloxistas e veciñais, a Plataforma en defensa de Pico Vello, -o lugar onde se instalaría a mina- , insiste en que hai irregularidades no proxecto e na Declaración de Impacto Ambiental.

(Prema  para ver o programa)

A Declaración de Impacto Ambiental do proxecto da mina, xa foi modificada ante as alegacións que recibiu con anterioridade. A máis importante era a inclusión de 40 hectáreas de terreos da mina no parque natural. Aínda así, xorde outra incógnita: como afectaría a mina á conca fluvial do Belelle, que nace en Pico Vello e que abastece de auga de boca a varios municipios augas abaixo.

 

No seu percorrido pola zona, “O Escaravello Verde” descubrirá que non todos ven o proxecto cos mesmos ollos.

 

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.