Pages Navigation Menu

Domingo 5 de Xuño MANIFESTACIÓN EN MUROS contra o cultivo industrial de Salmón

Galiza Non Se Vende
5 de xuño. “Coas nosas rías non se xoga!”

Este vindeiro 5 de xuño, a “Coordenadora en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas”, integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías, organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos unha manifestación en Muros baixo o lema “COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA”. O percurso reivindicativo partirá ás 12h dende do porto de Muros e rematará tras a lectura do manifesto cunha xornada de convivio e lecer. Facemos un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas rías.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.