15 de febreiro: Manifestación Galiza Non se Vende
As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.
Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.
Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…
As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.
As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.
Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
Terra viva e vida digna para tod@s!
9 Comments
Trackbacks/Pingbacks
- Galiza Non Se Vende » Blog Archive » Que futuro? Eleicións, crises e o papel da cidadanía - [...] 15 de Febreiro temos unha nova oportunidade de deixar ben claro aos candidatos a xerir a Comunidade Autónoma os…
Quero felicitar a “Galiza non se vende” polo seu importante labor en defensa do noso litoral e da saúde das nosas rías. Pero me chama poderosamente a atención que apenas se fagan referencias ó que eu considero o problema máis grave que padecemos na franxa costeira, e que non é outro que o da sobrepesca.
O noso ecosistema costeiro ten variados e numerosos valores, pero máis que en calquera outra cousa, a importancia das rías galegas está na súa riqueza pesqueira e marisqueira, que é preciso preservar.
Evidentemente, tódolos abusos e condutas neglixentes que se dan no litoral, os vertidos, os recheos e demais, inflúen moi negativamente nesa alta produtividade primaria, pero o problema máis grave é o da sobrepesca.
A sobrepesca é un mal endémico en Galiza, pero de dous anos a esta parte agravouse de tal maneira, que recuperar o noso caladoiro vai custar moitos cartos, ademais de suor e bagoas.
Aproveitándose de que dende o mes de outubro de 2006, por mor dun problema laboral interno, o Servizo de Gardacostas non actúa por mar (só o fan as dúas embarcacións tripuladas por persoal de Remolcanosa, mentres que as outras 14 están inoperativas) a flota de baixura está a campar polos seus respectos, pescando onde e como lle peta, pasando de vedas, tallas, cupos e demais.
Cada embarcación, por pequena que sexa, traballa con moitísimos máis artes dos que lle corresponden, xa sexan rascos, miños, betas, volantillas ou trasmallos e non hai bote, chalana ou gamela que baixe das mil nasas: como os deixan calados día e noite ó longo dos 365 días do ano, non ten importancia que os barcos carezan de capacidade para transportalos, xa que só levan a porto os que sofren algún deterioro e, nos días de mal tempo, para que non llos leve o mar, fan varias viaxes.
Estes dous últimos anos están sendo matadores para o noso mar. Despois, cando rematen con todo, reclamarán un “paro biolóxico”.
Que pasa na Illa de Arousa?
http://www.youtube.com/watch?v=l3vOJkcEULE
este video parece tener relación con las ultimas declaraciones de Frijolito 009, sobre la división interna (o depresion) en el PP, y mucho más en el caso de Villa PSOE, en el que hay intereses encontrados dentro del PP
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009011400_4_288133__Galid
Erasmo, vai onde ti xa sabes, non veñas contaminar aquí tamén. Sabede todos que este laretas é un axente de Malicia Pilingui,os que nos imos manifestar o prx domingo non compartimos en absoluto a pantomima que escenificastes onte, todo un exitazo eh?uuuuh con todo o apoio deses apoucadiños años da exterma dereita española máis un bo feixe de “niños pijos provincianos” de Galiza. Ollo, amigos, este punto filipino quere estragar canto foro accede.
Podedes dicirlle algo ó Vice…
http://quin.tv/video/183-resposta-sobre-a-participacion-en-quintv-de-ca
Eu volvo a estar fóra dese blog participativo!
http://quin.tv/video/180-resposta-sobre-o-courel
e tamén eiquí…
http://quin.tv/video/146-o-courel-existe
Por se serve de algo… vémonos o Domingo!
Pancho non deberias de crimninalizarnos a todos os mariñeiros e armadores de baixura desa maneira,e certo k ai ladrons en todos os lados, pero tamen ai xente honrada. tamen deberias falar do furtivismo k penso k vai a aumentar debido a pouca ou nula presenza dos gardacostas pola noite.
Saudos
Parabéns pola mobilización cidadá que levades tempo argallando e por esa firmeza contra o estragamento e as imposicións dos partidos que dirixen este sistema supostamente democrático.
Porén, coido que ese “goberne quen goberne”, amosa se cadra a asunción implícita de que sempre van gobernar ELES e nunca NÓS. Xa é hora de apostarmos por outras formas de democracia, máis real e menos manipulada, nas que GOBERNEMOS NÓS. Coido que xa é hora da Democracia Directa neste país.
Case prefiro non engadir nada e reenviar o que “un cidadán anoxado de tanta corrupción” me fixo chegar baixo o epígrafe “AÍNDA NOS QUEDA GARZÓN”
Semella estar ben atado o nó Garzoniano, con amarras curtidas na loita contra as mafias do narcotráfico, contra a ETA, contra o GAL, contra o golpista sanguinario Pinochet,… Se cadra, cómpre cortalo antes que teimar en desatalo, tal como outrora fixera Alexandre o Magno co Gordiano abrindo as portas á conquista do Oriente, aínda que neste caso é o Occidente o que cobizan cativar.
Resulta patético ouvir a Mariano Rajoy (tamén coñecido como “hilillos de plastilina”), arremeter contra o xuíz porque investiga mafias de corrupción, denunciadas por militantes do propio PP.
Non menos abraiante é verllo facer a Federico Trillo (tamén coñecido como Yak-42), responsable político daquel tráxico episodio no que os restos mortais dos soldados foron tratados coma se fosen osos dunha manda de cans.
Menos mal que, para sermos iluminados e aprendermos o camiño dereito, o PSOE tráenos nesta campaña electoral a Alí-Babá (tamén coñecido como Felipe González), o presidente do goberno máis corrupto da historia democrática de Europa.
Mañana, día 15 de febrero será un día de lucha y digndad del pueblo gallego y de todos aquellos y aquellas que aman esta tierra y no quiern qu se destruya y que se hunda económicamente a causa de un nefasto modelo del ladrillo y especulación que nos acaba de llevar a una recesión, no crisis, como acaba de reconocer hasta el Banco de España y los demás paises europeos, algo muy parecido que le llevó a japón , en su día a 20 años de crisis permanente y dramática y ahora enmpalmaron con ésta aunque allí se tomaron medidas, dejando el capitalismo salvaje, nacionalizando bancos etccomo acaban de hacer otros países europeos y así lograron casi acabar con el paro…..
Si destruímos nuestros recursaos naturales y culturales así como nuestro territorio , no habrá futuro para las generaciones venideras.
As persoas que viven en Galiza e son conscientes da destrución que xa comezou do sinal de identidade máis importante da nosa terra, do seu mesmo rostro, que é a paisaxe galega e o seu incalculable patrimonio natural……… teñen que defendela mañán en Compostela.
Os que aborrecen o cancro da corrupción e clientelismo………..teñen que manifestalo mañán en Compostela
Os que non desexan un futuro de desfeita xeneralizada, especulación e blanqueo para as súas fillas e fillos ………..teñen que que dicilo alto mañán en Compostela.
Os que non queren unha economía baseada no modelo do ladrillo e especulación salvaxe que nos levou a esta gravísima recesión que durará,sen dúbida, moitos anos. e afectará especialmente a xente máis necesitada …….teñen
que berrar mañán en Compostela:
GALIZA NON SE VENDE!
LOITEMNOS TODAS E TODOS XUNTOS POR OUTRO MODELO E POR UNHA POLÍTICA AMBIENTAL E TERRITORIAL EN GALIZA CON FUTURO!
“SE CUSPIMOS A TERRA, CUSPIMOS TAMÉN AOS FILLOS DA TERRA”(Seatle, sabidurñía india).