Lugo: a mellor cidade do mundo!!!

A mellor cidade do mundo!!!estamos preocupados por…
Lugo: a mellor cidade do mundo!!!
Lugo e os lucenses deixamos pasar moitas oportunidades: agora mesmo estamos a deixar pasar a oportunidade de facer un plan xeral ambicioso e ilusionante que faga da nosa cidade unha cidade mellor: a mellor cidade do mundo!!!

¿Sabes que está a piques de aprobarse o Plan Xeral (PXOM) con máis de 6000 alegacións dos veciños sen contestar e con profundas modificacións que descoñecemos? Temos exemplos de cidades do noso tamaño que experimentaron unha tremenda mellora grazas ó seu plan xeral e ó impulso dos seus políticos, técnicos e cidadáns: Santiago, Pontevedra, Allariz, Oleiros…

> descargar díptico (galego)
> descargar díptico (español)
> descargar cartel

nós, como cidadáns ¿podemos facer algo?

Claro que si: demandando MOITÍSIMA CALIDADE NO ESPAZO URBANO no CONXUNTO DA CIDADE (tan importante é Albeiros, Montirón ou As Gándaras como a Praza Maior) e participando pensando no colectivo, no interese xeral de todos nós (non tan só en cómo vai quedar a miña leira ou o meu solar).

¿que propomos?

  • Queremos transparencia, intelixencia, sensibilidade e respecto por parte dos que deciden, para que se faga unha cidade agradable e ordenada (non semella tan difícil facelo ben como en Santiago, Pontevedra, etc).
  • Queremos unha cidade próxima, amiga, compacta e sostible (limpiemos e ordenemos o que xa temos e medremos con sentido).
  • Queremos que a nosa cidade manteña a súa identidade, cos mesmos barrios e o mesmo xeito de vivir neles, mellorándoos: con prazas onde falar co veciño ou veciña, con parques onde xoguen os nenos e nenas, con bibliotecas, garderías, centros cívicos e sociais, espazos para a bici, o deporte e o lecer.
  • Queremos MOITÍSIMA CALIDADE: URBANISMO e non especulación. ARQUITECTURA e non construción, ou sexa: DESEÑO e PLANIFICACIÓN e non improvisación.
  • Queremos que o PXOM asuma o Plan Estratéxico recollendo equipamentos e infraestruturas que nel aparecían: solo industrial, auditorio, planta de compostaxe, museo da romanización, estación intermodal, soterramento do tren, novas pontes, convivencia co río, comisión de estética urbana…
  • Queremos un plan arqueolóxico que destaque e poña en valor un dos nosos sinais máis identificativos.
  • Queremos un estudo do medio rural onde siga primando a súa esencia, e non o que aconteceu con San Fiz (Montirón).
  • Queremos un transporte público e privado equilibrado e respectuoso.
  • Queremos protexer todo o bo que temos e nos fai sentir a gusto na nosa cidade: a muralla e o seu entorno, o casco vello, o río, a identidade dos barrios, as carballeiras, os camiños (o Camiño Primitivo), a importancia das hortas, o respecto polo Parque Rosalía, a preservación do Parque Marcos Cela e unha solución imaxinativa e de calidade para o barrio do Carme
  • Queremos o mellor para todos nós: que Lugo sexa A MELLOR CIDADE DO MUNDO!!!

¿queres axudarnos?

Xa nos estás axudando lendo isto: grazas. Pero habería que facer algo máis, ¿non si? Cantos máis sexamos mellor, máis fácil será facer ese Lugo que queremos. Non te acomodes, nin te resignes.

anímate e ven!!!

O próximo XOVES 24, ÁS 20:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO INSTITUTO POLITÉCNICO (rúa Armando Durán), falaremos do PXOM do ano 1991, do PXOM que está en redacción, de cómo afectaron e afectarán a túa vida e de qué podemos facer para que a situación mude. GRAZAS: Contamos contigo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.