Pages Navigation Menu

20.06.2015. MARCHA CONTRA CELULOSAS ás 19:30. Saída das Alamedas de Marín e Pontevedra

Logo de 50 anos de destrución e desarranxo ambiental, ENCE ofrécenos o paraíso a cambio da permanencia en Lourizán máis alá do 2018; milleiros de postos de traballo, eliminación de cheiros e molestias, devolución da auga roubada ao Lérez, pago dos impostos en Pontevedra, fin da contaminación da Ría, creación de riqueza e benestar…

Pero xa é demasiado tarde e xa ninguén na comarca cre as mentiras dos directivos da fábrica de pasta de papel. Quen vai crer nestas promesas cando levan facendo todo o contrario ao longo da súa historia na Ría? Porque non o fixeron ata agora? Simplemente porque non o van facer nunca!

TEMOS RAZÓNS ABONDO PARA IR Á MARCHA: A RÍA É NOSA E NON DA CELULOSA!

cartaz_2015

–  Xa abonda de contaminar a Ría e o ar.
– Os seus pestilentes cheiros e fumes teñen que abandonar as nosas vidas.
– Impiden o saneamento da Ría e destrúen os recursos marisqueiros.
– Hai que recuperar o banco de Os Praceres e as praias urbanas de Pontevedra.
–  Hai que protexer a illa de Tambo, o monte e o rural da comarca.
–  Coa saúde das persoas e co medio ambiente non se negocia.
– Hai que rematar coa eucaliptización da Galiza e a proliferación de incendios.
–  É un delito fumigar Galiza con produtos tóxicos.
– Destrúen o emprego no marisqueo, a pesca, o monte e o turismo.
–  Son un freo para a creación de emprego na comarca.
– A Ría é unha fonte de riqueza, deporte e novas oportunidades

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.