Pages Navigation Menu

28 de setembro: Marcha verde polo Olimpo Celta

O vindeiro sábado 28 de setembro de 2013, tres “marchas verdes” partirán simultáneamente ás 11:00 horas desde a Praza da Solaina (O Pindo, Carnota), e o Supermercado As Cruces (Caldebarcos, Carnota) conremate no lugar de San Cibrán.
O roteiro durará aproximadamente unha hora e media, a dificultade será baixa e estimamos que a actividade remate ás 13:00 horas polo que non será necesario traer comida.
Traede calquera elemento (roupa, paraugas, lazos, bandeiras) de cor verde para devolvermos entre todos a vida a onde hoxe só hai morte, cinzas e desolación.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural comunica que ante a previsión dunha auténtica maré humana para a marcha verde do día 28 de setembro polo Olimpo Celta, tomamos a decisión de modificar o percorrido desta marcha que non rematará no cumio do Monte Pindo (a Laxe da Moa) senón que atravesará o Monte Pindo utilizando a pista forestal que sube desde o porto de Quilmas (a carón do cemiterio do Pindo) ata o Chan das Lamas, descendendo de novo pola ladeira sur para rematar no lugar de San Cibrán (ver mapa do percorrido). O novo trazado durará aproximadamente 1 hora e media, a súa dificultade é baixa e prevese o remate da actividade ás 13:00 horas aproximadamente.

ROTEIROVERDE

One Comment

  1. Cara á metade da subida, aparecen ante nós as ruínas do antigo castelo de San Xurxo , na actualidade un monte de pedras amoreadas. A vexetación comeza a escasear e ás veces é posible ver manadas de cabalos bravos.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.