Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta, o 12 de marzo, ante a entrada na Ría dun novo gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA
Un novo buque gaseiro ten previsto entrar na Ría de Ferrol cargado de GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA. Este mércores 12 de marzo de 2008, o LNG Abuja [un vello buque metaneiro de máis de 28 anos de antiguedade, asiduo visitante dos asteleiros ferroláns, pois foi reparado en catro ocasións -1999, 2002, 2003 e 2004-], é o buque cargado con gas que vai poñer en perigo a seguridade e a vida da poboación da nosa Ría. É por iso polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha nova concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da Tarde, para protestar diante deste feito.
MÉRCORES 12 DE MARZO
UN NOVO BUQUE GASEIRO
TEN PREVISTO A ENTRAR NA NOSA RÍA
CARGADO CON GNL
PARA A ILEGAL E PERIGOSA
REGANOSA
CONCENTRACIÓN
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO
DA XUNTA DE GALICIA
ÁS 7 DA TARDE
Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
O LNG ABUJA (ex”Louisiana”) Foi construido por GeneralDynamics Quincy MA, E.E.U.U. en 1980. Ten 93.619 toneladas derexistro bruto, 285 metros de eslora, 46 metros de manga , cun calado de 12 metros e capacidade de 126.530 metros cúbicos. En1999 entra nos asteleiros ferroláns para reformas, sendo rebautizado polos seus propietarios, Lachmar Corporation Inc., LNGAbuja. Está matriculado en Nassau (Bahamas) e clasificado en American Bureau of Shipping. Recientemente foi adquirido porla Nigeria LNG Ltd., e posteriormente transferido a BGT. Este buque estivo reparando en Ferrol por tres veces máis, a última en 2004. Un buque vello, case 30 anos e cun historial de numerosas intervencións no seu casco e maquinaria, muitas delas dentro desta Ría.
Comentarios recentes