Pages Navigation Menu

Acto de Protesta en Ferrol ante a entrada na Ría do 16 buque gaseiro LNG Abuja, para a ilegal e perigosa REGANOSA

Como estaba previsto o LNG Abuja, buque gaseiro cunha antigüedade de máis de 28 anos e un sinfín de amaños “Sideroquirurxicos” no seu casco e maquinaria, mesmo catro deles nos asteleiros ferroláns, entrou na Ría coa súa perigosa carga para REGANOSA. Con este son 16 os buques que levan entrado na Ría cargados con GNL [Gas Natural Liquado], poñendo en perigo a seguridade e a vida das miles persoas que aquí traballamos e vivimos.

[Foto do CCE – comitecidadan.org]

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como é habitual, convocou un acto de protesta. Desta vez como a anterior, o acto non tivo lugar no Porto de Ferrol, senón ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, con posterior marcha pola rúas de Ferrol até chegar á Praza do Concello. Onde se lle demandou ás autoridades municipais que cumpran coa súa responsabilidade de protexer á poboación do despropósito gasístico que ameaza a nosa vida e seguridade que leva verquido ao mar millóns de metros cúbicos de auga enfriada, morta e clorada, deteriorando a vida mariña e a riqueza marisqueira da nosa Ría.

Cen persoas participamos no acto de protesta, non debemos baixar a guarda, polo que debemos recuperar a mobilización cidadán como un xeito importante de exteriorizar a oposición a ese complexo gasístico, construído grazas á corrupción e complicidade institucional e política.
____________________

Plataforma Ártabra 21
____________________

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.