Pages Navigation Menu

30 de outubro no Courel: Roteiro e magosto reivindicativos

Cartaz do Magosto reivindicativo no CourelA rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” e a Asociación SOS Courel, convídanvos a un roteiro e un magosto reivindicativos.

Só tedes que avisar de cantos/as vides para calcular o viño e as castañas que precisamos, soscourel@mundo-r.com, ou telf. 607225887

PROGRAMA:

  •  Ata as 11:00 concentración dos participantes do roteiro no desvío de Ferreirós de Arriba, na estrada principal do Courel, a LU -651, entre os quilómetros 27 e 28, a un quilómetro de Ferreirós de Abaixo (Bar Pontón). Pódese aparcar no campo de fútbol que está a 200 metros do desvío.
  • O roteiro, comeza as 11:00, ten un percorrido circular de 10 quilómetros, cunha dificultade media baixa, salvo o quilómetro de subida o corno do Pico do Côto que ten algo de pendente, pero teremos moito tempo para chegar por un amplo camiño, mentres os/as heroes/oinas esperan abraiados, no cumio, ollando dende o medio e medio do courel. Logo, paseniño, polo Muimento, iremos baixando cara Ferreirós de Arriba, e despois Ferreirós de Abaixo.
  • Será a primeira vez que unha camiñada de lecer chega a esta marabillosa e sorprendente atalaia. Entre o Piapaxaro, Ferreirós, Folgoso e Sobredo.
  • Na seguinte foto podemos ver o corno do Pico do Côto, o desvío de Ferreirós(na escombreira) e o Campo de fútbol. Non teñades mágoa, hoxe xa volve estar verde e fermoso!

http://4.bp.blogspot.com/_4t8-0jO0krU/Skoz6sGtBSI/AAAAAAAAANM/1Vu29PUt7T0/s1600-h/DSC03617.JPG

  • Ás 16:30, En Ferreirós de abaixo, preto do bar O Pontón, empezarase a facer o lume e asar as castañas, mentres os

2 Comments

  1. alguen vai e volve o mesmo dia dende vigo?

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.