Pages Navigation Menu

Convocada unha nova concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do “Mourad Didouche”, buque gaseiro cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA


Este lunas, 24 de marzo, está prevista a entrada dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol para a ilegal e perigosa REGANOSA. Desde o 9 de maio do pasado ano,con este, serán 17 os buques que cargados con GNL, van entrar na nosa Ría. O metaneiro que está previsto que chegue, é un buque antigo de máis de 28 anos, de 274,4 m de eslora e 42 de manga. O “Mourad Didouche” que é como se chama o buque, foi rexeitado pola mobilización popular a finais de maio dedo ano pasado. O buque consigueu entrar ao día seguinte, 30 de maio, cunha forte presencia policial en terra e da guardia civil no mar, así como un helicóptero, mobilizacións populares foron reprimidas con brutais cargas policiais.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de novo volta convocar unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para denunciar a irresponsabilidade das autoridades que permiten que se poña en perigo á seguridade e a vida da poboación.

Este
Luns, 24 de marzo
ás 7 da tarde
está convocada unha
CONCENTRACIÓN
con cacerolas, buzos brancos,
camisolas vermellas, bandeiras,
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
desde onde marcharemos en
MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello

Convoca:

[comitecidadan.gif]

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

____________
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________

Plataforma Ártabra 21
______________

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.