Pages Navigation Menu

Sábado 13.09.08: Roteiro ás covas do Folón e reconquista de Toralla 2008

Para este sábado día 13 hai dúas actividades programadas na Ría de Vigo con horarios compatibles:
O ROTEIRO ÁS COVAS DO FOLÓN e a RECONQUISTA DE TORALLA 2008 (II Abordaxe contra a especulación). Aí vai o programa:

Pola mañá o ROTEIRO ÁS COVAS DO FOLÓN
LUGAR: Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo
Estrada Camposancos 226, Vigo Ver mapa
HORA 10:00 da mañá
O Clube Espeleolóxico Maúxo, despois de diferentes campañas para conseguir que as Covas d´O Folón (Coruxo, Vigo) sexan declaradas Monumento Natural, co fin de protexer toda a paraxe do río da Rega, que fai posible a súa existencia, propoñemos, ás diferentes organizacións sociais e ecoloxistas de Vigo e comarca, unha xornada informativa – reivindicativa, para que coñezades todo o potencial deste lugar, o próximo sábado 13 de setembro, incluíndo un roteiro silencioso, xantar (leve cada quen o seu) e visita ás covas. Ao remate da xornada compraceríanos que o maior número posible de entidades asinárades o “Manifesto pro-Folón”.
VER PROGRAMA 

MATERIAIS NECESARIOS: Para camiñar: Calzado cómodo deportivo, e roupa lixeira (para manchar). Mochila pequena para auga e o xantar. Lanterna e preferiblemente protección para testa.
___________________________________
E pola tarde: RECONQUISTA DE TORALLA 2008
II Abordaxe contra a especulación

Piratas!
Este ano volvemos á carga.
O sábado 13 ás 18:00 horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha illa de Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio, tanto natural como cultural. De novo, a nosa protesta consistirá nunha marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa embarcación!), que rematará nunha manifestación pacífica diante da barreira.
A abordaxe comeza de novo.  ¡A RÍA NON SE VENDE!
Colectivo Xogo Descuberto

NOTA. Os horarios previstos modificáronse para facer compatible a asistencia ás dúas actividades.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.