Pages Navigation Menu

Mesa redonda en Vigo: as agresións ambientais na ría

Os elevados niveis de contaminación da Ría de Vigo, unidos ó alarmante proceso de destrución da paisaxe e da natureza no seu litoral, constitúen a principal preocupación e a razón de ser desta rede de colectivos que chamamos A RÍA NON SE VENDE

A constante construción de recheos, portos deportivos, peiraos e outras modificacións artificiais da costa, están producindo un grave dano ao delicado equilibrio ecolóxico da Ría, poñendo en perigo a súa extraordinaria riqueza e diversidade biolóxica. Significan tamén, polo tanto, un grave risco para o noso principal recurso natural: a riqueza marisqueira e pesqueira do Mar de Vigo.

 

Foi esta fonda preocupación a que nos moveu a buscar a presencia de técnicos, profesores e xentes do mar para reunilos en torno a unha mesa co obxecto de intercambiar opinións, ideas e coñecementos na percura das urxentes solucións que nestes momentos difíciles a Ría necesita.

 

O acto servirá tamén como presentación da MANIFESTACIÓN Que baixo o lema

 

Massó, Bouzas, Areal, Teis, Chapela…

 

OS RECHEOS MATAN Á RÍA

 

Terá lugar en Vigo o próximo sábado

 

14 de novembro ás 19:00 horas

 

Desde a Praza dos Cabalos (Gran Vía)

 

á Praza da Estrela (Autoridade Portuaria)

 

Convoca: A RÍA NON SE VENDE
Apoian: PLATAFORMA EN DEFENSA DA ENSEADA SAN SIMÓN E CONFRARIA DE MAIÑEIROS DE CANGAS.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.