Pages Navigation Menu

A astucia do conselleiro de Medio Ambiente

A Consellería de Medio Ambiente e os grupos ecoloxistas máis representativos de Galicia reuniránse cada tres meses nun foro de debate ambiental que institucionalizará a súa relación. Lido en Xunta.es

 

A primeira reunión terá lugar o 13 de xuño, venres, na propia consellería, e asistirán a Federación Ecoloxista Galega, Adega, Verdegaia, Amigos da Terra, Sociedade Galega de Historia Natural e Federación Galega de Medio Ambiente.
Santiago, 29 de maio de 2008.- O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, mantivo onte unha reunión de traballo con representantes de seis agrupacións ecoloxistas galegas para poñer en común algúns dos temas que están na axenda do departamento autonómico. Ao encontro, que empezou a mediodía e se prolongou ata media tarde, asistiron membros da Federación Ecoloxista Galega, Adega, Amigos da Terra, Verdegaia, Sociedade Galega de Historia Natural e da Federación Galega de Medio Ambiente.Tralo intercambio de impresións sobre a actualidade medioambiental galega, o principal acordo acadado por ambas partes foi a creación dun Foro de debate ambiental no que participarán os grupos ecoloxistas que asistiron hoxe a reunión de traballo, os de maior representatividade de Galicia, e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

A primeira reunión deste Foro terá xa lugar o día 13 de xuño, venres, na sede do departamento autonómico, en San Lázaro, a partir das 16:30 horas.

As reunións do Foro de debate ambiental terán unha periodicidade trimestral e pretende buscar unha comunicación máis fluída e áxil entre os movementos medioambientais e a administración, así como institucionalizar unha relación que ecoloxistas e consellería consideran desexable e imprescindible para abordar a situación medioambiental de Galicia.

Maquiavelismo ou habilidade diplomática parecen ser as cualidades únicas deste personaxe que non dubida en acusar aos ecoloxistas de utópicos e engadir que os responsables da Xunta non son ecoloxistas senón goberno; o que concede permisos para encher o oco das minas de As Pontes e Meirama; o que prorroga a autorización a Ence; o que aproba a instalación da celulosa nas Pontes, emite informes favorabeis á instalación de piscifactorías en espazos protexidos e legaliza as minas ilegais do Courel; o que afirma que os ecoloxistas que se manifestaron en Compostela o 17 de febreiro ao berro de Galiza Non Se Vende “non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu”. Este Atila moderno agora quere sentar á mesa a todos aqueles que antes criticou e facelos partícipes das prebendas do poder. Unha estratexia vella que debería ser censurada polos colectivos ecoloxistas que dende Galiza Non Se Vende teñen pedido a demisión deste personaxe contradictorio, paradigma de político sen pudor nin coherencia. Incapaz de amosar recato á hora de facer declaracións, non vacila en compaxinar as inxurias contra os que defendemos unha Galiza sostíbel e as louvanzas aos empresarios que xestionan o mal ambiente deste país.

 

14 Comments

  1. Non comprendo como aqueles que non admiten aos partidos políticos no seu seno nin nas súas maniferstacións, agora se prestan a este descarado xogo do poder político

  2. Qué é a Federación Galega de Medio Ambiente?

  3. Isto é unha trampa mortal para cargarse o movemento de Galiza Non Se Vende.
    Moito coidado compañeiros/as!
    Este conselleiro impresentable só seguirá dando permisos para destruir a nosa terra , o litoral e os seus espazos protexidos. Aprobou moitas cosas nefastas e impropias dun conselleiro que di defender o medio ambiente e traballa descaradamente ( él e mais todo o governo galego) para as promotoras, constructores e multinacionais que queren acabar co noso país en beneficio propio ademais de “bendecir” a corrupción pois os alcaldes etc. poden seguir sendo constructores e promotores no seu municipio e hai moitos implicados, especialmente na costa.
    Aquí non hai nada que falar con este Sr e con este governo.
    E A REDE XA PEDIU A SÚA DEMISIÓN.
    Temos que ser coherentes e non deixarnos enganar ou enganar a ninguén.
    A nosa credibilidade e fiabilidade está en xogo.
    NON SE DEBE DECIDIR NADA SEN TER EN CONTA AS VECIÑAS/OS AFECTADOS.
    O que queremos todos xa o manifestamos nas nosas manifestacións, manifestos e comunicados. Os políticos só nos queren enredare E quen crea neles é que non os coñece.
    Galiza Non Se Vende QUEDOU EN QUE NON PACTARÍA NADA CON NINGÚHN GRUPO POLÍTICO OU GOVERNO.Tamén que non aceptaría ningún partido político ou sindicato na súa organizaciíon porque sabemos para quenes traballan.
    O único que hai que facer é cumprir as leis ambientasis E O INTERESE XERAL, protexer de verdade todo o que hai que protexer e atender a todas as demandas das nosas movilizacións que continuarán ata que todos os problemas gravísimos que temos se resolvan satisfactoriamente e, se non é con este governo, será co seguinte o co seguinte …porque o pobo galego o vai esixir.
    Todo o demais é un engano, tentar calmar ós ecoloxistas ou entidades sociais que teñen problemas moi graves e inxustos e así tentar gañar as eleccións outra vez para logo TRAIZOALOS e “arrasar” o noso litoral dende maio do 2009 e seguir destruíndo os espazos protexidos e paisaxes de Galiza ademais de cementar miserablemente o noso territorio como xa están a facer.
    Desde o Comité de Defensa das Rías Altas solicitamos a toda a REDE GALIZA NON SE VENDE que se manteña no seu sitio, que cumpla co PLAN QUE TRAZOU, SIGA SENDO TOTALMENTE INDEPENDIENTE E NON PERMITA NIN ACEPTE AS DECISIÓNS QUE UN GRUPO DE ENTIDADES ( POR CERTO ALGUNHAS DELAS SAÍRON DE GALIZA NON SE VENDE HAI POUCO e os motivos que alegaron nos son convincentes ou son falsos) PODA CHEGAR A TER CO CONSELLEIRO, SE MANTEÑA NOS SEUS PRINCIPIOS, OBXECTIVOS E SIGA LOITANDO E PRESIONANDO CADA VEZ MÁIS PORQUE ESE É O ÚNICO CAMIÑO PARA SALVAR A NOSA TERRA.
    Iso sempre que sigamos no noso lugar e a sociedade galega siga demostrando cada vez máis que temos a razón e que non quere que ningún governo acabe co noso litoral e territorio.
    NON PERMITAMOS QUE NOS CONTROLEN E ACABEN CA REDE GALIZA NON SE VENDE ENDEXAMAIS!

  4. con estas cousas o que busca este conselleiro e un escudo ecoloxista pra facer as suas aberracions; os grupos ecoloxistas que se presten a elo deberan ser sinalados co dedo como coautores da desfeita deste pais.

  5. Iso, Que sabe que iso da FEGAMA ?
    A tal Federación Galega do Medio Ambiente, non será unha creación do Maquiavelo Pachi ?
    Algúen sabe algo desta cuestión ?

  6. Ainda que se pode entender que cada grupo coa súa independencia fai o que quere, tamén é certo que os que están en Galiza Non Se Vende, dalgunha maneira débense a esta plataforma. Hai uns meses lein na vosa páxina que pediades a demisión deste conselleiro e agora algúns reúnense con él. A que se está xogando? Mentres neste país non teñamos claro que manter a independencia custa caro, non haberá maneira. E algúns parece que non o saben. AO mellor non estaría mal ir aclarando o bosque para poder mirar mellor a selva. Avanti GNSV.

  7. Galiza Non Se Vende.
    Os ecoloxistas, si

  8. antia podes ter razon; no ribeiro creou unha plataforma a prol do parque da merda (os pro merda) que a fixeron : miguel fidalgo areda (actual senador e Nº2 do PSdeG en ourense) o alcalde de ribadavia e o alcalde de carballeda de avia (os dous do PSdeG) e esa creo que segun eles non esta politizada ( adega e coto do frade, verdegaia….tampouco din nada)

  9. PREGUNTAS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS SOBRE O PARQUE DA MERDA DE CARBALLEDA DE AVIA:

    Expedientes tramitados por el Gobierno relacionados con el proyecto de un Parque empresarial de residuos, en la localidad ourensana de Carballeda de Avia.

    Presentado el 12 de Mayo de 2008, calificado el 20 de Mayo de 2008

    Posición del Gobierno de España en relación con el proyecto de la Xunta de Galicia para poner en marcha un Parque empresarial de residuos, en la localidad ourensana de Carballeda de Avia.

    Presentado el 12 de Mayo de 2008, calificado el 20 de Mayo de 2008

    Opinión del Gobierno acerca de la compatibilidad de la puesta en marcha de un Parque empresarial de residuos, en la localidad ourensana de Carballeda de Avia, con el desarrollo sostenible de una comarca claramente vitivinícola y turística como la del Ribeiro.

    Presentado el 12 de Mayo de 2008, calificado el 20 de Mayo de 2008

    Contactos entre el Gobierno y la Xunta de Galicia relativos al proyecto de un Parque empresarial de residuos, en la localidad ourensana de Carballeda de Avia.

    Presentado el 12 de Mayo de 2008, calificado el 20 de Mayo de 2008

    TENDO EN CONTA QUE TARDARÁN MES E MEDIO EN CONTESTAR DENDE A FECHA EN QUE FORON ADMITIDAS, SABREMOS DE QUE VAI A PELÍCULA A PRIMEIROS DE XULLO.
    Mantedremos informados os veciños do Ribeiro do que conteste o goberno de España. Esperemos que non declinen contestar amparándose no dereito a non “contestar por ser dous rancios”, os que fixeron as preguntas.

    Solo nos queda a lei, solo quedamos nos, sos. A nos xa nos venderan na manifa do 15 de septembre, pero agora a sua venta exténdese a todo o territorio. Aquela frase “nin os ecoloxistas vos apoian” vese que lle deu folgos a este “señor”, mais ben a este destructor do territorio. Agora sempre podrá argumentar “os ecoloxistas non se opoñen o proxecto. Por algo será”.
    Esta é unha venta a gran escala. O que deberían de facer os grupos ecoloxistas é expulsar a estes comecartos que os están a desprestixiar a todos. O ecoloxista existe, é comprometido e non se vende NUNCA. Os seus ideales sobre a natureza están por encima de sobornos. Si de algo me alegra e que estas merdas se foran da rede Galiza non se vende, pois era unha contradicción pura e dura que estes vendidos estiveran integrados nela, cando claramente eran precisamente eso UNS PUTOS VENDIDOS. As palabras poden parecer duras, pero non se poden utilizar outras. Con esta xente non. É de verdadeira pena, que estas preguntas pola situación do Ribeiro as teñan que facer xente do PP. Estas preguntas tíñannas que facer os grupos ecoloxistas. O meu mais sinceiro agradecemento, por suposto a Celso e mais a Jesús. Pero tamén este agradecemento é solo para eles, pois son OS ÚNICOS que se están a preocupar polo Ribeiro. Os demais o único que fan é mirar para outro lado, como si o problema non existira ou non fora tal problema. A prensa está caladiña que da gusto o silencio que nos dedican. Solo internet nos deixa via libre para denunciar a desfeita que nos queren facer no Ribeiro. De pena.

    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO.
    PARQUE DA MERDA NON
    GOBERNE QUEN GOBERNE: O RIBEIRO NON SE VENDE

  10. ¿Cómo é que Verdegaia está aí?

  11. Participa na Lexislación:

    O Proxecto de lei de protección da paisaxe dí:
    =============================================
    “Elaboración dos Catálogos da Paisaxe. En tanto non se constitúa o Observatorio Galego da Paisaxe, corresponderá á consellería competente en materia de medio ambiente a elaboración dos Catálogos da Paisaxe”
    =============================================

    Esta disposición deixará fóra do Catálogo a cunca baixa do río Lor afectado pola Canteira da Campa Santa Eufemia. E posiblemente outras moitas intervencións no territorio asumidas pola Consellería do Medio Ambiente.

    Esto equivale a deixar fóra da lei espazos únicos que ninguén poría en cuestión de non mediar ‘outros intereses’.

    Se queremos lexislar sobre a paisaxe compre facelo de vez, sen períodos dilatorios e cláusulas de excepción que faría da lei papel mollado antes da súa aprobación.

    Polo tanto estamos a tempo de remitirlle a nosa máis firme protesta ó Parlamento de Galicia para que teña presente que, polo menos, parvos non somos!

    http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/ContenidoGal/pargal_PC_Discusion_Detalle.aspx?ID=20080429103122&title=Proxecto%20de%20lei%20de%20protecci%C3%B3n%20da%20paisaxe%20de%20Galicia#opinions

  12. Por se alguén aínda o dubida, ler esta nova da XuntADEGAliza.

    A Consellaría de Medio Ambiente destina 75.000 euros á posta en marcha do ‘Proxecto Ríos’ mediante un convenio de colaboración con ADEGA
    O obxectivo do proxecto é, por unha parte, concienciar á poboación da importancia de adoptar actitudes encamiñadas á mellora e protección do medio ambiente, ademais de traballar activamente na mellora dos ecosistemas fluviais e crear unha rede cidadá activa na protección dos ríos, que permita coñecer o seu estado de saúde e previr e solucionar problemas. Para elo, o Proxecto Ríos promoverá a formación de preto de 250 grupos de voluntarios en máis de 50 concellos de Galicia.
    A asociación ecoloxista ADEGA será a encargada de desenvolver o proxecto, mediante o asesoramento aos voluntarios, elaboración do material necesario, como a edición de fichas das especies invasoras e un caderno fenolóxico que servirán como material complementario aos voluntarios nas inspeccións, e asignará os recursos materiais e humanos necesarios para prestar un apoio titorial aos grupos.

    O convenio estará vixente ata decembro do 2009, e a Consellería de Medio Ambiente achegará para a súa realización 25.000 euros no presente ano e 50.000 euros no vindeiro.

  13. Pois non está mal… con catro millónciños para abrir boca igual pícalles algunha troita!

    ¿Por que non empezan polo río Lor ó paso pola Canteira da Campa?

    A primeira reunión deste Foro terá xa lugar o día 13 de xuño, venres, na sede do departamento autonómico, en San Lázaro, a partir das 16:30 horas.

    ¿Podemos pasar todos a cobrar?

  14. Galiza non se vende, pero os ecoloxistas “oficiais”, recoñecidos e subvencionados polas administracións si o fan, demostrando a sua “categoría”. Nada de que sorprenderse. Verdegaia politicamente é igual que Adega, o que pasa é que non ten partido detrás, pero si ten a misma ideoloxía: ecoloxismo de xestión, correción política, rollito mediático, afán de ser recoñecidos polas institucións que destrúen o noso país…. Non vos enganedes: pode non haber partido por detrás, pero o que condiciona é a perspectiva da cuestión que se ten, e verdegaia pouco se diferencia de adega. En canto os chama o conselleiro corren como nenos asustados ás súas saias. Xente así é un inimigo seguro nos momentos en que hai que posicionarse aquí ou alá. Nengun can morde a man que lle dá de comer. A rede está en perigo se os Xans duros e toda esta caterva teñen máis peso nela que a de ser una presenza ritual… Acaban de demostralo para quen quera saber.

Deixa una resposta a Erasmo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.