A CPTOPT non aproba o PXOM de Moaña

A irresponsabilidade do BNG, INMO, PP e PSOE de Moaña e a incompetencia de Artiplan empresa redactora do PXOM, (ao parecer máis interesados en satisfacer os intereses dos promotores inmobiliarios e dos especuladores que dos veciños) deu como resultado que o 06-05-08 a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, resolvera non outorgara a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.
A maioría dos argumentos expostos pola Consellería para denegar a aprobación definitiva do PXOM, coincide coas alegacións (73 folios) feitas en tempo e prazo, o 20 de decembro de 2005 por Luita Verde, na fase de exposición pública do PXOM, as mesmas que tardou 2 anos o concello en respostar para finalmente rexeitalas sen argumentación algunha, (achegamos fotocopia) cun escueto “desestimada” os 71 folios das nosas alegacións. Foi notorio o desprezo que os grupos políticos empregaron contra os centenares de veciños e outros colectivos críticos co modelo de urbanismo exposto no PXOM, rexeitando as súas alegacións co peregrino comentario de “non se acepta a alegación porque non xustifica suficientemente o solicitado”, cando o artigo 86.3 da Lei 30/1992 de 26 de novembro establece: La comparecencia en el trámite de información pública no otorga, por sí misma, la condición de interesado. No obstante, quienes presenten alegaciones u observaciones en este trámite tienen derecho a obtener de la Administración una respuesta razonada.

De patéticas e esperpénticas pódense considerar as valoracións dos políticos para restar importancia á denegación da aprobación definitiva do PXOM, aprobando inicial e provisoriamente na súa totalidade e “sen rechistar”, a ver o que colaba e sen importarlle os 2.800.000 m2 de chan que pretendían recalificar como residencial ou industrial, en solo actualmente rústico de protección agrícola, de costas, forestal e de espazos naturais, para darlle en 10 anos acollida a 13.772 vivendas o dobre da edificación actual, cando o propio PXOM recolle que das 7.785 existentes, 1.203 están valeiras Este PXOM non deixa de ser unha mostra máis do intento de marbellización da costa galega e o fiel reflexo de que para iso non hai cor política.

A denegación da aprobación definitiva do PXOM de Moaña ven demostrar institucionalmente que é claramente especulativo e insostible, pero non estamos de acordo en que simplemente se proceda á modificación das deficiencias senón que tal como alegamos daquela, debería procederse á anulación total do mesmo dado as modificación sustanciais que supón subsanar as deficiencias, procedendo en tal caso ó inicio dun novo PXOM que satisfaga, como primeira premisa, ós habitantes de Moaña e os seus intereses.

Tamén queremos lembrar que en novembro do 2007 a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible accedeu paradóxicamente a concederlle a este PXOM a “excepcionalidade” de someterse a lei 9/2006 de avaliación estratéxica ambiental, sen ter en conta a petición de desestimación solicitada en febreiro dese mesmo ano por Luita Verde, a Federación Ecoloxista Galega e a Coordinadora pola Defensa do Litoral do Morrazo, saltándose a lexislación en materia de procedemento administrativo e a ambiental, feito polo cal vai ser denunciado na UE.

One Comment

  1. Non vos preocupedes, que pronto vades coñecer a este prohombre del roblecito. Ou nos poñemos todos de acordo para botalo ou no que lle queda de mandato este tipejo acaba con Galiza.

Trackbacks/Pingbacks

  1. intranquilidade.net - Galiza Non Se Vende » Blog Archive » A CPTOPT non aproba o PXOM de … - [...] » Blog Archive » Galiza Non Se Vende » Blog Archive … Veja o post completo clicando aqui. Post indexado…

Deixa una resposta a el lobito Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.