Pages Navigation Menu

A Fiscalía investiga a tramitación da mina de andalucita das Pontes

A Fiscalía especializada en delitos contra o medio ambiente abriu unha investigación para esclarecer a tramitación dos permisos de explotación da mina de andalucita de Picobello S.L, nas Pontes, despois de que os ecoloxistas denunciasen as posibles irregularidades da Xunta na concesión das licenzas, segundo indicou hoxe Adega nun comunicado.

Membros deste colectivo ecoloxista acudiron hoxe a unha reunión co fiscal, Álvaro García Ortiz, quen lles confirmou a apertura dunha investigación con dilixencias preprocesales ao redor da concesión dos permisos da explotación da mina.

Adega sinalou que o fiscal pedirá informes á administración autonómica sobre os trámites dun proxecto que impulsa unha empresa de capital inglés e surafricano.

Dezaseis colectivos ecoloxistas, entre eles Adega, Verdegaia, Fusquenlla e Sociedade Galega de Historia Natural remitiron unha denuncia ao Ministerio Público a mediados de abril, días despois de que a Xunta publicase no Diario Oficial de Galicia un informe ambiental favorable á explotación ao descuberto de Picobello, a poucos metros do parque natural das Fragas do Eume.

Os ecoloxistas chamaron a atención sobre as posibles irregularidades do Goberno galego na tramitación dunha mina, que segundo denunciaron, “non respectou os prazos legais” e baseouse en informes de Impacto Ambiental con “escandalosas omisións, como non detallar os impactos da mina sobre o Parque Natural dás Fragas do Eume”.

Sostiveron que a explotación ao descuberto afectará de forma irreversible ao parque, ao río Eume e as fontes do río Belelle, que cruza os municipios de Fene, Neda e A Capela. Por iso, as dezaseis entidades ecoloxistas marcharán o próximo 15 de maio polo Pico Vello, na serra do Forgoselo, nunha singular protesta ao longo de tres quilómetros contra a mina de andalucita que a empresa Picobello quere explotar en Goente, no municipio das Pontes.

Ademais, o próximo 13 de maio, a partir das 19:00 horas, prevén celebrar unha charla informativa no concello da Capela para abordar o impacto que tería a mina sobre a zona.

Galicia-Hoxe

El País

La Opinión

Vieiros

Europa Press

 

5 Comments

  1. Declaracións do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández: “Os ecoloxistas desgastan máis que os xuices”
    Eu apúntome ao ecoloxismo.

  2. Nunhas xornadas sobre medio ambiente o fiscal García Ortiz, sinalou que a Administración non está exercendo adecuadamente a súa función como gardián do dereito ambiental e que, mesmo a sociedade, agás excepcións, non demanda a aplicación penal da lexislación ambiental: “a sociedade está acostumada a que as malas condutas ambientais non sexan sancionadas penalmente”. Tamén o Fiscal de medio ambiente alentou á sociedade a organizarse e denunciar ante a Xustiza as irregularidades que se cometan contra a contorna e a facer denuncias concretas que doten á Fiscalía da información necesaria para poder actuar. Anima a poboación galega a facer uso do seu dereito de participación nos planeamentos públicos, na elaboración de alegacións ou na demanda de información ambiental para que, entre outras cousas, se complete o traballo da Fiscalía e se vaia creando no país a necesidade de contar con especialistas xurídicos en materia ambiental .

  3. resumindo:
    Que un tipo que cobra un paston, vai e di nunhas xornadas que el e mais os seu colegas son uns incopetentes, e que as leis nen valen para nada nen se aplican.
    Vamos a ter que aplicar aquelo de; union, accion, autoxestion…

  4. non, creo que o quere dicir é que, a non ser que depositemos a nosas esperanzas nos xuíces ou fiscais estrela, é a presión social, debidamente organizada, a quen ten que tomar a iniciativa. Niso coincido. As estrelas, para a tele. Non debemos esperar a resolución da problemática ambiental só da brillante actuación do poder xudicial (e por suposto, tampouco do político)

  5. http://www.youtube.com/watch?v=gt6TMnOAF18&feature=player_embedded

    Aparte de “revoltoso” do 68, Cohn-Bendit é portavoz do Partido Verde Europeo dende o 2004

    Nas eleccións francesas do 2009 Europe Ecologie prácticamente igualou o sacrosanto Partido Socialista francés (os ecoloxistas foron os causantes da caída en picado do socialismo. Cohn Bendit pacta con Sarkozy cuestións de política medioambiental, como bo ex-anarquista asume que os partidos son todos neocon e defende o pragmatismo. Estos son os novos imaxinarios políticos

    (Corrupción política xeralizada e unha poboación que non cre no Estado deste xeito caracteriza Cohn Bendit a Grecia tamén a situación española)

    sabedes de quen é o capital da empresa??

    Xa sei que cando vos decía que os franceses teñen políticas neocolonias cos países económicamente mais atrasados coma España pois a balanza comercial inclínase do lado deles (é normal pois a formación da sua población está lonxe da española e o seu decépito sistema de ensino) non se me ocurría q tamén Alemania ten políticas neocoloniais (iso que un amigo xa me decía q cada vez q os superaparatos do Centro de Saúde de Coia se estropean mandan a un alemán en avión a repararalo pois eiqui non hai técnicos)
    Bueno, rectifico o erro, os neocolonialistas -amais do Imperio que cita Negri-, son Alemania e Francia -e por ir baixando do reino metafísico e ir concretando un pouco-

    Cohn-Bendit ten razón: SE É QUE SON UNS HIPÓCRITAS…
    e YES; WE CAN, os políticos e políticas poden facer algo dunha vez para tomar medidas. Alomenos os de España e Europa. Os de eiquí, os perifericos, xa sei que non pintan nada e que seguirán xogando -despistados- con cuestións secundarias.

    ¿Teremos que rescatar a historia das minas de wolframio de Finisterre, as estacións de control aéreo da Terra Cha e poñelo en relación cas máquinas do centro de saúde de coia, con Media MARK -ou o Decathon, Carrefour etc con Francia- para que o Imaxinario cale na xente e se enteren dunha vez do que pasa ou o único problema é que mentras non nos obriguen a falar alemán, francés ou inglés EIQUÍ NON PASA NADA?

    Por certo, que as multinacionais francesas e alemanas saben que venden para o mercado europeo podese probar cas denuncias de SOS racismo. Un colombiano ao que lle negan a compra a crédito en Media Markt permitida os comunitarios da Fortaleza Europa di: “La chica que me atendió dijo que las condiciones no eran las mismas para ciudadanos comunitarios y para extranjeros. Me dio mucha rabia. Me fui y compré el monitor al contado en otro sitio. Nunca he vuelto a comprar nada en esa empresa”.

    Velaívai a noticia de alguen que ten que dimitir por non xogar a farsa política (inda que xa o sabedes):
    El presidente de Alemania, Horst Köhler, ha anunciado este lunes su dimisión con carácter inmediato, tras las críticas que han levantado sus declaraciones sobre el compromiso militar de su país y sus intereses comerciales.
    ” Lamento que mis comentarios pudieran conducir a un malentendido sobre una pregunta importante y difícil para nuestra nación” ha dicho Koehler a los reporteros.

    “La interpretación de que supuestamente había defendido una intervención anticonstitucional del Bundeswehr, el ejército federal, para garantizar los intereses económicos de Alemania carece de toda justificación” ha puntualizado.

    En este sentido, hay que recordar que Koehler dijo, hace apenas unos días en una entrevista radiofónica, que un país como Alemania mantenía intervenciones militares como la de Afganistán para defender también sus intereses comercialesy económicos.

    Tras desatarse la polémica, su portavoz precisó que el presidente de Alemania no se había referido en concreto a la misión en Afganistán, sino a las misiones de las Fuerzas Armadas alemanas en el extranjero en general.

    Antiguo dirigente del Fondo Monetario Internacional (FMI), Koehler, de 67 años y miembro del partido de la canciller Angela Merkel fue reelegido presidente federal el año pasado. Se trata de un puesto honorífico, en gran parte ceremonial y que se limita a firmar cuentas en la ley.

    A este respecto, Koehler ha afirmado que “se echa en falta el necesario respeto ante la máxima autoridad nacional”

    El socialdemócrata Jens Böhrnsen, quien asumirá la jefatura del Estado interinamente..

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.