Pages Navigation Menu

A Fiscalía non ve delito no enchido da mina de As Pontes nin na contaminación do río Eume

Ante a denuncia presentada polos colectivos Adega, Verdegaia, SGHN e Fusquenlla perante a Fiscalía do TSXG, esta informa nun comunicado que non ve delito nas obras de recheo da mina de As Pontes. E por suposto, tampouco o hai nas verteduras ao río Eume que se producen polas obras da autovía Ferrol-Vilalba.

Aínda que recoñece a significativa afección á contorna no caso do enchido do oco da mina e á acidificación das augas do río Eume polas obras da autovía, ambas as dúas actuacións atópanse dentro das marxes de legalidade que establece a lei. Non é preciso lembrar que casos semellantes de verteduras e contaminación de ríos galegos si supuxeron a intervención de oficio da Fiscalía. Mais como hai que dar unha de cal e outra de area, a Fiscalía reprocha á Administración que na declaración de impacto ambiental das obras da infraestrutura viaria non se tivesen en conta os efectos de acidificación das augas do Eume, sobre os que o escrito apunta que «só queda adoptar medidas de natureza correctora como as que se están levando a cabo».

Entre os documentos solicitados pola Fiscalía figura un informe do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) no que se conclúe que “a acidez do Rio Eume, doutra banda investigada nesta fiscalía nas dilixencias informativas 125-08, ocasionada ao parecer polas escorrentías procedentes das obras dunha autovía, é un serio problema ambiental, en vías de polo menos reparación pola actuación das administracións competentes. Se sumamos xa que logo o problema de acidez do río a outra posible incidencia ambiental, atopámonos con que no río que alimenta unha paraxe protexida como son as Fragas do Eume, pode chegar a darse unha auténtica catastrofe ecolóxica, e o enchido do oco da mina das Pontes, puidese non solucionar, senón agravar os problemas ambientais que trata de liquidar, ao rexenerar creando un lago artificial de considerables dimensións, cuxos acheguen sexan nocivos ou non indicados.
A todo este panorama, nada alentador, pero tampouco en principio constitutivo indiciariamente de delito algún, pois a orixe de todo o actuado é precisamente o estado da cortiza terrestre , socavada durante centos de anos pola actividade mineira, únense os datos que pasamos a comentar e que merecen a atención e neste caso mereceron a prórroga destas dilixencias no sentido que pasamos a comentar”

A Fiscalía do TSXG alega que a súa acción débese rexer polos parámetros de legalidade e proba, lonxe de valoracións persoais e subxectivas. Parece que os informes remitidos polas organizacións ecoloxistas antes mencionadas non son o suficientemente obxectivos ou carecen de fundamento científico. Nestes enlaces pódense coñecer os termos das denuncias presentadas por Verdegaia, Adega, SGHN e Fusquenlla, tanto polos verquidos ao Eume como polo enchido do oco da mina de As Pontes.

O certo é que unha vez máis as poderosas  empresas que acometen estes desmáns  poden sentirse satisfeitas e seguras da súa impunidade.

(Foto do río extraída do blog http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com )

3 Comments

  1. O poder xudicial é independente?
    Só o pregunto para que non me enchironen.

  2. http://www.amigus.org/web/archives/011091.php

    Os videos son do 17 de maio do 2009,… menudo fiscal….

  3. Desde Murcia, al menos en espíritu, me gustaría felicitaros por vuestra labor. Me alegra mucho saber que desde aquel rincón del Mediterráneo exportamos algo más que el urbanismo salvaje.

    Un abrazo muy fuerte y ánimo con vuestras luchas!

    Galiza non se vende, Murcia tampoco!

    http://periodismoindomito.blogspot.com

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.