A Foz do Miñor declarada Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP)
Galiza Non se Vende, Luita Verde e a Plataforma na defensa dos Montes do Morrazo, fixeron alegacións ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, solicitando a inclusión no mesmo da Foz do Miñor como Área de Especial Interese Paisaxística (AEIP).
O resultado foi a estimación parcial da solicitude e a declaración da Foz do Miñor como Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP).
Esta é unha medalla máis a engadir á larga lista de figuras de protección das que pode presumir a Foz do Miñor, figuras que levan aparelladas lexislación que deberían protexela medioambientalmente, como son:
- O Plan Xeral de Explotación Marisqueira.
- O Plan Hidrolóxico Galicia-Costa.
- A Lei de Caza de Galicia.
- A Lei de Augas de Galicia.
- A Lei de Costas.
- A Foz: Humidal.
- Rede Natura 2000.
- E agora LEIP.
Lástima que ningunha delas sirva polo de agora para que as administracións poñan freo, dunha vez por todas, aos diversos ataques medioambientais que está a sofrer a zona desde hai demasiado tempo.
Non será por medallas. Non será por lexislación. Non será por valores a preservar. Non será por paisaxe. Non será pola cidadanía que respondeu moi positivamente ás chamadas para a protección da zona.
Por que será? Preguntámonos.
Comentarios recentes