Pages Navigation Menu

A Garda Civil asocia a Galiza Non Se Vende co Movemento de Liberación Nacional Galego

Segundo un documento interno do benemérito corpo ao cal tivo acceso o xornal GZnación, os axentes recibiron instrucións sobre determinados grupos ou movementos que estarían incluídos dentro do chamado MLNG. Entre outros estaría a rede Galiza Non Se Vende. No mesmo documento catalógase ao Movemento de Liberación Nacional Galego como o segundo maior problema do terrorismo en España.

Segundo o xornal GZnación,na primeira páxina destes documentos de formación para os axentes despregados no territorio de Galiza aparece un autocolante GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella no centro ou mesmo o escudo deseñado por Castelao coa frase ‘Denantes mortos que escravos’ como elementos propios dese MLNG. É dicir, que nesta primeira páxina do documento existe, para os ‘investigadores policiais’ unha vinculación real entre a xente que leva nos seus automóbiles estes autocolantes co feito de pertencer a esa entidade á que fan referencia unha e outra vez coo MLNG.

Noutras partes do devandito informe de instrución, a Garda Civil considera campos de actuación do MLNG a colectivos feministas, ecoloxistas, de estudantes, partidos políticos e mesmo sindicatos.

Segundo o Movemento polo Dereitos Civís, que fixo público os documentos , estes conteñen unha relación de grupos sospeitosos de pertencer ao separatismo galego xunto cos correspondentes anagramas. Entre a longa lista aparecen dende colectivos feministas ata ecoloxistas e estudantes. Esta asociación engade que co acceso a esta documentación o MpDC vén de esclarecer as recentes queixas recibidas polos controles realizados polos Corpos e Forzas de Seguridade previos á eleccións xerais, nos que se denunciaban que se estaban identificando a cidadáns que dipuñan de autocolantes de ideoloxía nacionalista no seu coche e obviando aos demais.

Por último, o BNG a través do seu representante Bieito Lobeira tamén denunciou hoxe a existencia de documentos internos da Garda Civil nos que se considera como elementos “sospeitosos” a controlar e perseguir elementos da simboloxía galega.

Lobeira presentou unha iniciativa parlamentar e definiu como “intolerábel” desde o punto de vista democrático que as forzas e corpos de seguridade do Estado “criminalicen” nos seus programas de formación “elementos propios do país, asumidos por unha banda moi importante da sociedade galega”. Movemento polos Dereitos Civís GZnación

 

 

18 Comments

  1. Ou sexa, que por defender a nosa terra, querer seguir vivindo nela, e asocionarnos na rede Galiza non se vende, estannos a considerar terroristas. Bueno, eu vou a empezar a escarallarme coa risa xa pola mañá, porque esto xa é de república bananera aderezado coa cossa nostra e sistemas caciquiles varios.
    Queridos compañeiros: está visto que aquí ou calamos ou nos queren facer calar. Uuuuuu que medo. Bueno pois para que non se maten a cabeza moito para buscarme por apoiar abertamente, tanto ó Foro Social Ribeiro Temos Dereito a Saber, e polo tanto, a rede Galiza non se Vende, e xa que no meu coche “solo” levo catro pegatinas e un cartel do “PARQUE MERDAMBIENTAL NON” (pero non de Galiza non se Vende”, que penso conseguir un pronto para que me incluan na lista de terraristas mais buscados) ahí vai o meu nome, o meu DNI e a miña ubicación xeográfica, (mais que nada pra que non perdan o seu pricioso tempo en buscarme, así xa llo poño a huevo). María del Carmen Pousa Santamaría, 34.962.922 T, rúa Varela s/n, Beade, Ourense. As coordenadas non volas poño porque non as sei.

    Esto é casi o que nos teñen feito no Ribeiro dende que o Foro Social, o que apoio totalmente, empezou a sua loita contra a desinformación o que nos queren someter. Xa amenazaran de identificarnos (que medo, madre mia) cando foi no do Carballiño (nos manifestamos SIN PERMISO, diante do conselleiro tan majo que temos) e denunciarnos, cando non interrumpimos nada, nin insultamos a nadie, nin nada de nada, solo lle cantamos as nosas consignas: Parque non, o Ribeiro non é un basureiro, etc, etc.
    Seguiremos loitando, de frente e sin medo. Cada día abunda mais a represión. Pero nos nos somos terroristas, solo estamos namorados da nosa terra. Si ese é un delito, que me deteñan. Xa saben quen son, e donde vivo.
    GOBERNE QUEN GOBERNE: GALIZA NON SE VENDE
    PARQUE DA MERDA NON
    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO

  2. Coido que isto merece unha respota, máxime cando GZNS non está integrado por ningún grupo político nin sindicato.

  3. Autoincúlpome de pertencer a Galiza Non Se Vende
    Antón García Carballeira
    DNI 32606661

  4. (cando puxen o DNI trabuqueime nun número e agora o releelo vinno. O meu número de DNI é: 34.962.622 T. Pido excusas o titular do número que dín (922 por 622) polas molestias que lle poidera ocasionar si @ confunden cun peligroso defensor da miña terra e puidera ou poidese ter algún problema con algún “silenciador” destos que agora inzan a nosa terra como si de acacias se tratara).

    Penso igoal que Pietro e suscribo o que di, pois é ben certo que Galiza non se Vende é totalmente apartidista, como así o demostrou o día da manifestación de Santiago, onde todos os que estábamos nela éramos solamente galegos, sin ningun cor político, protestando pola desfeita que sufriu, sufre e, como non lle poñamos remedio, sufrirá a nosa benquerida terra. Un saúdo para todos os “afectados” por esta grave acusación (non sei como van facer pra por a foto de todos nos nas comisarias, primeiro porque somos moitísimos e, no meu caso, non sei si lle compesará poñer a miña, porque lle vai afear o panel de carallo (confesome fea, pero fea de cojones). Asi que, que lle sexa leve os nosos persejidores. (To, eu tamen me autoinculpo de pensar libremente e de defender a Galiza, e a Galiza NON se Vende)

  5. eu son o cidadán 35302193E, tamén son membro da RGNSV, e reprobo, xa non só por inxustas, senón por absurdas -que non deberían extrañarnos por vir da Garda Civil- esta última acción policiais.

  6. Agora entendo a presenza dos antidisturbios cando os do NON O PARQUE DA MERDA NO RIBEIRO nos manifestamos nun mitin en Ribadavia. Coitadiños, pensaron que éramos terroristas, vaiapordios.

  7. eu propoño que inzemos os carros de autocolantes de Galiza Non se Vende. Toda a flota de carros galego chea de autocolantes, a ver se dan abasto a controlar tanto carro.

  8. Oes e digo eu, e os que levan as pegatas de España con escudo PRE-constitucional, que tipolxía de indivíduos son?

  9. Leyendo esta noticia me recordó a la historia que me contó una chica de un pueblecito del País Vasco hará un par de años y resumiendo es la siguiente:

    Preguntándole sobre que pensaba de ETA me decía que estaba en contra pero con matices, y estos matices venían dados por el control que estaba haciendo el Gobierno español desde hacia unos años atrás sobre los más jovenes del lugar y como tenían a los jóvenes del institito controladísimos, (su hermano entre ellos), lo cual con el paso del tiempo se convertía en rechazo social hacia el Gob.Español (no me lo dijo, pero no hacía falta)

    Si esta noticia es cierta, seguro que nuestras IP estarán más que supervisadas, ellos sabrán… y verán que los terroristas medioambientales son los políticos y sus cómplices empresariales.

  10. Que nos controlen, sabrán quien somos, pues no nos escondemos. Dando el nombre lo tienen mas claro. Estoy de acuerdo, hay que llenar el coche con pegatinas de Galiza non se vende. Yo no les tengo miedo. No hacemos nada malo manifestando nuestra postura. Estamos en una democracia y en un país libre. Si les molestamos, no sabes la pena, penita, pena que me da.
    El ejemplo del País Vasco es extrapolable a nosotros; que en un lugar haya un determinado grupo de gente con una idología determinada y con unas formas de llevar a cabo sus fines, no quiere decir que eso legitime al estado para controlar a toda la gente. Porque defendamos nuestra tierra con los métodos legales no tenemos que ser considerados terroristas. Yo no he matado a nadie, ni tengo intención de hacerlo, ni apoyo a quie mata, sean quien sean los asesinados. Solo quiero seguir viviendo en mi tierra, y denuncio publicamente la política de engaño que se está ejerciendo, por lo menos en mi comarca, el Ribeiro, y a cara descubierta. Me tienen puesto a caldo, pero me la sopla talmente. Tengo tres hijos y es por esos niños por los que debo de luchar. Y lo pienso seguir haciendo. Porque tanto mi tierra como mis hijos lo valen.

  11. ESTE GOBIERNO NACIONAL- SOCIALISTA QUIERE CRIMINALIZAR A LOS ECOLOGISTAS Y A TODOS AQUELLOS QUE LUCHAMOS LIMPIAMENTE POR ALGUNA CAUSA JUSTA Y QUEREMOS UN MUNDO MEJOR.
    METER MIEDO ES EL OBJETIVO Y PROCURAR QUE LA GENTE CAIGA EN LA TRAMPA DE AGUANTAR CON TODO, NO LUCHE, LE PISOTEEN SUS DERECHOS FUNDAMENTALES PARA ENTONCES “ENTRAR A SACO” Y ACABAR CON GALICIA SIRVIENDO A INTERESES PARTICULARES Y, CADA VEZ MÁS PERSONALES EN VEZ DE A LOS GENERALES.
    HACE UNOS AÑOS UNA INTELECTUAL ITALIANA DIJO QUE EL FASCISMO ES UN MONSTRUO QUE ESTÁ DORMIDO PERO QUE HAY QUE ESTAR VIGILANTES PORQUE SE PUEDE DESPERTAR EN CUALQUIER MOMENTO. PUES BIEN, A DESPERTÓ.
    HACE AÑOS QUE ALGUNAS PERSONAS SUFRIMOS ACOSO ACOSO POR PARTE DE LA XUNTA, PRIMERO BAJO LA DERECHONA Y AHORA, BAJO EL GOBIERNO DE ESTOS FALSOS NACIONALISTAS Y SOCIALISTAS QUE CADA VEZ ENGAÑARÁN A MENOS GENTE.
    ESTO DEMUESTRA LO NERVIOSOS QUE ESTÁN LOS TERRORISTAS QUE DESTRUYEN NUESTRA NATURALEZA Y NUESTRO PAÍS Y TAMBIÉN LA FALSA DEMOCRACIA QUE TENEMOS. ESTÁN EMPLEANDO MÉTODOS FASCISTAS Y DESARROLLANDO LA POLÍTICA FRANQUISTA DEL TERRITORIO.
    POR ESO, HAY QUE LUCHAR MÁS QUE NUINCA PORQUE DE LO CONTRARIO HAY RIESGO DE QUE UN DÍA NOS ENCONTREMOS COMO EN LAS TRISTEMENTE FAMOSAS DICTADURAS DE AMÉRICA LATINA.
    DESDE GALIZA NON SE VENDE Y DEMÁS ENTIDADES ACUSADAS Y CRIMINALIZADAS ES IMPRESCINDIBLE LLEVAR A CABO UNA GRAN DENUNCIA PÚBLICA Y DIRECTA DIRIGIDA A LA POBLACIÓN PORQUE CASI TODOS LOS MEDIOS ESTÁN SECUESTERADOS; DENUNCIAR ANTE LOS DERECHOS HUMANOS Y AMNISTÍA INTERNACIONAL ESTOS MÉTODOS FASCISTAS Y, COMO LA JUSTICIA NO EXISTE NI INTERVIENE ANTE TAN GRAVERS HECHOS DEBEMOS ESIGIR LA DIMISIÓN DE LOS RESPONSABLES POLÍTICOS QUE ESTÁN AMPARANDO SINO DIRIGIENDO ESTA OPERACIÓN IMPERDONABLE PORQUE NO SON DIGNOS DE GOBERNAR ESTE PAÍS Y ESIGIR LA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA PARA ACABAR CON LA CORRUPCIÓN GENERALIZADA E INSTITUCIONALIZADA QUE ESTAMOS SUFRIENDO E IMPEDIR QUE ARRASEN PARA SIEMPRE CON NUESTRA NATURALEZA, RÍAS Y TERRITORIO ASÍ COMO QUE NUESTROS HIJOS VIVAN EN UN PAÍS DESTRUÍDO Y SIN FUTURO.
    GALIZA NON SE VENDE!

  12. Pero aquí hai algo que non encaixa. Non só non apoiamos a violencia, senón que fomos nós precisamente en maio do ano pasado e neste último febreiro os que nos manifestamos fronte o terrorismo ambiental que practican promotoras, constructoras, empresas extractivas,.. sempre coa complicidade dos poderes públicos, para encher a Galicia de plantas de residuos, paseos marítimos, megaproxectos urbanísticos, encoros, canteiras.
    Hai o único Movemento de liberación nacional era o que citaba Aznar

  13. Señores guardiaciviles! Veñan rápido!
    Ao lado da miña casa hai varios terroristas armados con potentes explosivos que fan detonar un dia si e outro tamén, destruindo con cada atentado un cachiño da montaña na que de nena ia xogar. Seica fan parte dunha potente organización, e o seu obxetivo é que por onde antes xogábamos nós agora pase un tren para traer con Alta Velocidade os turistas e os executivos de Madrid.

  14. Eu merquei un coche de ocasión.O coche ven con autocolante GZ. Logo son sospeitoso de ocasión?
    Si o coche fose de segunda, seria sospeitoso de segunda?
    Si no coche levo a miña sogra, e sospeitosa?
    Si fago a transferencia do coche a meu primo, pasa por ser él o sospeitoso?
    Son sospeitoso en toda Europa?
    Manda carallo¡¡¡

  15. http://perso.wanadoo.es/mpdcgz/eu%20te%F1o%20unha%20gz%20no%20meu%20coche.htm

    Espero que sexamos moitos os que asinamos nesta campaña.

    Un saudo.

  16. transcribo nova de Galicia-Hoxe
    A Unión de Gardas Civís de Galicia asegura que tras unha procura concienzuda non atopou ningún escrito, documento ou instrución onde se ordene realizar un seguimento ás persoas que porten o distintivo GZ; polo que de existir tal orde, consideran que pode partir dalgún mando “que nunca estivo destinado en Galicia e que por iso descoñece a realidade galega”.

    Neste sentido, afirman que puido tratarse dun “comentario verbal e persoal” non avalado pola Garda Civil; aínda que entenden que este tipo de feitos evidencia a necesidade de emprender unha urxente reeducación de certos mandos do Instituto Armado, “os cales non atoparían o seu acomodo nun Estado Democrático” e que se rexen aínda por parámetros “herdados dun escuro pasado”.

    Así, a Unión de Gardas Civís de Galicia avoga por establecer un cambio normativo na Garda Civil para detectar e denunciar este tipo de condutas, perigosas nun Estado de Dereito.

    Respecto ó mando que fixese o comentario sobre o uso do distintivo GZ, cren que demostra un “total descoñecemento da realidade galega”, pois o uso destas siglas está “xeralizado, en case todas as familias algún membro as porta, ata os gardas civís”.

    Engaden que pretender criminalizar o uso de tales distintivos é “unha aberración propia de ignorantes” e definen como despropósito intolerable que se intente vincular as persoas que o usen con grupo independentistas como ‘Resistencia Galega’.

    Achegan tamén outro dato, e é que se detrás de cada persoa que use tales siglas “se atopase un terrorista ou un violento, a situación en Galicia sería preocupante, ata peor que en Euskadi”.

    Piden, xa que logo, que a Garda civil investigue este tipo de condutas que consideran prexudiciais para a “pacífica convivencia en Galicia” e, doutra banda, sinalan que a Unión de Gardas Civís colaborará en calquera investigación destinada á detención de terroristas e violentos.

  17. Nótase que neste país fallou a transición

  18. Este é un SOS: axudade ó Ribeiro. Estos días estase a falar moito do problema do tratamento de resíduos en Nostián e Sogama. Tras este inusual publicitaxe escóndese a mais que segura tramitación pola vía de urxencia do, mal chamado, parque medioambiental de Carballeda de Avia. Quérennos afundir ó Ribeiro co gallo de ofrecelo como a solución ós problemas do lixo de Galiza. NON ABANDONEDES Ó RIBEIRO. Necesitamos todas as mans posibles para frenar esta hecatombe.

    O RIBEIRO NON É UN BASUREIRO
    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO
    GOBERNE QUEN GOBERNE: O RIBEIRO NON SE VERDE
    PARQUE “MERDAMBIENTAL” NON.

Deixa una resposta a Lois G. Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.