Pages Navigation Menu

A gran mentira : Parque medioambiental de Carballeda de Avia

O Foro do Ribeiro “Temos Dereito a Saber” identificase plenamente co comunicado de Coto do Frade sobre o Plan de Residuos.

 A pesar dos xa “habituais” desmentidos por parte da Conselleria de Medio Ambiente sobor do alcance real do Parque de Residuos de Carballeda de Avia, o Foro Social “Temos Dereito a Saber” quere manifestar a sua coincidencia absoluta co análisis que do Plan de Residuos Urbanos de Galicia no que atinxe a ubicación en Carballeda de Avia da Planta de Residuos Urbanos (que inclue a bolsa negra) e que se proxecta para a provincia de Ourense, efectúa a Asociación Ecologista Coto do Frade.

 

<!–[if gte mso 9]&gt; Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 &lt;![endif]–><!–[if gte mso 9]&gt; &lt;![endif]–>

 

 

st1\:*{behavior:url(#ieooui) } <!–[if gte mso 10]&gt; /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;} &lt;![endif]–>No se pode aludir a unha “coincidencia” como manifestan fontes de Medio Ambiente, a aparición do término de Carballeda de Avia non só no texto do Plan (dito término foi retirado axilmente e de forma inmediata de dito Plan dispois da denuncia de Coto do Frade) senon tamén en varios dos mapas do mesmo, onde para facer os cálculos de costes do posible transporte de rechazos ata Sogama se parte da ubicación da única planta de Ourense en Carballeda. Resulta chocante que o Plan de Residuos Urbanos de Galicia pretenda decir que deixa  sen definir a ubicación da Planta de Ourense, cando eso debería ser unha das “patas” importantes deste Plan, como único modo de calcular distancias, concretar accesos, saber a que poboación prestaría servicio dita Planta, todo elo en relación ao fundamental principio de proximidade que debe inspirar dito Plan.

 

Non debe extrañarnos en todo caso, se temos en conta que nos residuos industriais acórdase primeiro a instalación das plantas de tratamento de este tipo de residuos en Carballeda cando o Plan de Residuos Industriais ainda está nos inicios da sua redacción.

 

Tamén resulta sorprendente, ainda que non por falta de habitualidade, que fora o propio Conselleiro de Medio Ambiente o que unha vez mais incumprindo a su palabra, quen dixo que sería o Plan de Residuos o que definiría a ubicación das Plantas de Residuos Urbanos (Faro de Vigo 19-07-2007), e agora dí que acorda deixala sen definir (ainda que os datos recollidos no Plan no deixen lugar a dúbidas sobre a intención de ubicala en Carballeda) e iso só pode ser co fin de avanzar na tramitación sen oposición, para chegar a aplicar a política dos feitos consumados.

 

Este Foro non pode esperar mais, creemos que os veciños do Ribeiro están sendo continuamente enganados e ninguneados por la Administración nun asunto de interés primordial para esta comarca, e polo tanto imos pedir de modo concluinte o posicionamento e implicación de toda a sociedade civil do Ribeiro, grupos políticos, sindicales, empresariais, Asociacions, e demais colectivos e institucions, co fin de evitar  a maior agresión que pretende perpetrarse no Ribeiro en moitos anos, o que só terá garantido o éxito si se conquiere a unión dos veciños.

3 Comments

  1. aqui, fotos de como está ribadávia cheiña de cartaces contra a planta de residuos, como nos tempos de N+:

    http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=47481

  2. Apareceron un milleiro de troitas mortas no rio lengüelle en Cerceda ,próximo o vertedorio de Areosa ( Sogama) . Para que logo veña decindo o conselleiro mentireiro de medioambiente que todo vai estar moi contoladiño no Ribeiro. A planta de Carballeda non so e a gran mentira , tamen sera a gran estafa e a ruina para toda ista comarca.

  3. Excelente artigo o de Luis Paadín (Presidente da Asociación de Catadores de Galicia) as cousas polo seu nome :

    O Ribeiro sin “esterqueiras”

    http://lacata.net/index2.php?ssi=1

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.