Pages Navigation Menu

A memoria asolagada

                                                                        Val de Castrelo de Miño ( O Ribeiro) 1941

Primeiro Portomarín,
logo Castrelo do Miño.
¡Dispois tocoulle As Encrobas
sufrir parello destiño!
Raposos capitalistas
que non deixan un torrón,
sementan todo de lixo,
porcallada e polución.
Nas nosas terras labregas,
fértiles e feiticeiras,
queren erger celulosas
que cheiran como esterqueiras
Queren encher a Galicia
de industrias contaminantes
e que o noso povo siga
a producir emigrantes.
As terras son dos labregos
dende tempo inmemorial
mais agora, sin razón,
rouballas o capital.
Cando o povo pide o seu
con valente e baril
mándanlle, pra contentalo,
cabaleiros de servir.
Hai pouco foi nas Encrobas,
ás portas de Xove están,
Si a algún lugar non chegaron
axiña apareceran.

Cantiga das Encrobas ( Manuel Maria , cantada por Fuxan os ventos)

As mellores terras do Ribeiro quedaron asolagadas para sempre, no ano 1969, por un encoro sin pes nin cabeza. Por aqueles días poucas veces o noso país estuvo tan preto dun acontecemento tan conmovedor. O Val de Castrelo de Miño era unha das terras máis fértiles de Galiza. O río Miño quedou cortado para sempre , perdeuse unha paisaxe espectacular e milleiros de persoas quedaron condeaos ó éxodo, á emigración . Sin terras , sin casas , sin a vista do seus ollos , sin o seus mortos . Toda unha vida quedou baixo as augas para facer quilovátios para terras alleas . Hoxe a historia volve a repetirse: gas , pasta de papel, refugallos, canteiras, piscifactotias…

Perdimos moito , moitísimo , pero temos moito que perder e moito que recuperar . AINDA ESTAMOS A TEMPO.

Pages: 1 2

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.