A Plataforma Cidada “Cultura si, mausoleo non” pide a demisión do conselleiro de Cultura
A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non, pediu hoxe a demisión do Conselleiro de Cultura ante a nefasta xestion de Roberto Varela. Como feitos mais graves que o incapacitan para seguir no cargo nomeamos os seguintes:
Oscurantismo e a falta de transparencia no control da Fundación Camilo José Cela, asumindo un deficit de fondos que grava ao erario público con gastos derivados da mala xestión e utilización privada por parte da Presidenta da Fundación. O traslado dos fondos bibliograficos ao Gaias non ten tampouco xustificación cultural e mesmo é contrario aos desexos postumos de Camilo José Cela.
Despilfarro e mal gasto no mobiliario e obras de acondicionamento da Cultura. Quedou constatado no Parlamento Galego que a compra de sillas e outros elementos de oficina fixose con sobre custo e sen atender a criterios de austeridade. Roberto Varela foi incapaz de controlar as compras efectuadas por persoal da sua confianza e en nengún momento intentou someter a aforro e sentido común as compras de mobiliario e ornamentos para os edificios do Gaias.
O Conselleiro de Cultura, esta a utilizar os concertos do Xacobeo para manter unha rede de VIPs que asisten gratis a todos os eventos por medio de invitacións e mesmo si o concerto é gratis como foi o de Carlos Nuñez no Obradoiro organizase de tal xeito que existan zonas de convidados ás que solo se pode acceder con invitación previa do departamento de Cultura. O sucedido no Obradoiro, con 400 sillas reservadas para convidados foi un acto de prepotencia e elitismo chabacano que xenerou problemas de orden público e unha discriminación a todos os cidadáns que non “gozan” da amistade do señor Roberto Varela para poder acceder a unha invitación. Mesmo o señor conselleiro ten sempre un mazo de entradas no seu peto para “facer amigos”.
O conselleiro de Cultura mantén na desidia e no abandono a promoción cultural de base en Galicia. Sin poñer en valor o importante patrimonio artistico e cultural que na maioria dos casos permanece baixo terra ou pechado para o uso e disfrute dos cidadans. O caso mais cercano xeograficamente ao despacho de Roberto Varela é o castelo da Rocha Forte en Santiago e os petroglifos de Conxo. Patrimonio que permanece abandonado ou con inversións irrisorias que impiden o seu estudo e coñecemento por parte dos cidadans.
Roberto Varela continua adiante coa Fundación da Cidade da Cultura e sen dar a coñecer o coste que supon o seu mantemento e as contratacións de persoal que existen na mesma, con salarios millonarios e sen definir cales son os seus fins e obxectivos e cal vai ser a programación da mesma para o momento da inauguración dos edificios rematados.Roberto varela manten na indefinición e na improvisación o futuro da Cidade da Cultura nun inadmisible quietismo que esta a costa centos de miles de euros aos cidadans galegos.
Por todo elo consideramos oportuna a dimisión dun conselleiro que non exerce como tal e que practica unha concepción elitista, vertical e mercantilista da cultura. Roberto Varela convertiu as instalacións do Gaiás nun panteón dunha cultura morta , afastada da esencia social, popular e participativa que corresponde a unha concepción democrática da creación cultural. Un burato negro por onde tirar millóns de euros de recursos públicos sen que haxa perspectiva de que a continuidade de Roberto Varela vaia cambiar a situación. Polo contrario ratificase o continuísmo da planificación efectuada por Pérez Varela e Fraga Iribarne, asentada por Anxela Bugallo e o bipartito e agora elevada ao seu máximo exponente de prepotencia por Roberto Varela.
Pedimos publicamente a dimisión do Conselleiro de Cultura Roberto Varela. Os cidadáns debemos poder exercer o noso dereito a demandar dos cargos públicos eficacia na xestión e bo facer cos fondos públicos e neste caso é evidente non se cumplen os minimos necesarios para a continuidade no seu posto do señor Roberto Varela.
7 Comments
Trackbacks/Pingbacks
- Plataforma Cidadá “Cultura sim, mausoleu nom” pede demissom do conselheiro da Cultura - [...] Plataforma Cidadá “Cultura sim, mausoleu nom” pede demissom do conselheiro da Cultura galizanonsevende.org/?p=1019 por pingheiras o 10:57 CEST [...]
Sen entrar en detalles, ¿a política lingüística levada a cabo polo concelleiro non é por sí soa motivo de dimisión?
Hoxe sería boa cousa subir o canto á liberdade á portada de GNSV coma homenaxe a Labordeta, incansable loitador pola liberdade e a xustiza!
http://www.youtube.com/watch?v=i15eFc_BCu4
Ata sempre, compañeiro !!!
Fascistas onde estades agora contra o PP…Moito protestar antes e agora que xa estades vendidos aos fascistas calades coma petos. Sodes vos tamén uns bos arrastrados e pelotas falderos, rastreros fascistas vendidos.
¿ E tí onde estabas cando tanta falta facías ?
Ao troll nefando:
“Fascistas onde estades agora contra o PP…Moito GOBERNar antes e agora que xa estades vendidos aos fascistas calades coma petos. Sodes vos tamén uns bos arrastrados e pelotas falderos, rastreros fascistas vendidos.”
Xa ves, mudas 6 letras e as badocadas volven ao celme mesmo do PROBLEMA.
Aquí unha cousa está clara, se o que ten o nacionalismo galego e os socialistas á dereita é fascista, e o que teñen á esquerda é fascista… está claro que os que quedan no medio, ¡son dobremente fascistas!
En virtude do anterior, agora xa sei por que os bipartitistas eran tan rencorosos coas manifestacións ecoloxistas; ¡non lles parecían suficientemente fascistas!. Pena que aquela pancarta de exaltación do Duce que levaban os esquerdistas radicais non fora máis grande, non a deberon ver ben na sede da UPG e de alí a confusión. Nembargantes, dislates puntuais coma este non van mudar o peso moral que permite ao nacionalismo galego e ao socialismo rexional seguir sendo o referente intelectual da política galega. Ogallá Marx tivera a agudeza analítica de Miguel. Mentes privilexiadas así non as hai que despreciar na sé dos partidos galegos.
Vexo que os felóns de Stalin e os aristócratas de Pablo Iglesias teñen agora en Internet o medio máis axeitado para manifestar anonimamente o seu subconsciente. Quizabes debería cobrar GZNSV polos servizos prestados de psicoterapia. Durme tranquilo, que 4 anos de felación aos ideais liberais pasan factura a calquera. Se queres tamén lle podes chamar fascistas aos do PP. Só é unha recomendación.