A Plataforma Galega Antitransxénicos alerta de novas sementeiras de millo transxénico

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino vén de facer públicas 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 concellos do Estado español, entre os que figuran Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada. Segundo este documento, a Galiza albergará outra vez ensaios de organismos modificados xeneticamente, de entre os que cómpre salientar a variedade híbrida de millo transxénico NK603xMON810, para a que novamente se solicita autorización, malia ser centro da polémica dende a publicación dos resultados do estudo Biological effects of transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies in mice (Novembro 2008), que conclúe que os ratos alimentados co NK603xMON810 tiveron menos descendencia na terceira e cuarta xeración, mostrando diferenzas estatísticamente significativas.A este respeito, a PGA quere subliñar que non é habitual atopar estudos para detectar os efectos da alimentación transxénica a longo prazo, coma neste caso, xa que o patrocinio deste tipo de investigacións non resulta interesante para as multinacionais da alimentación, levándose a cabo maiormente co financiamento dos gobernos que presentan un certo coñecemento e concienciación ao respeito dos efectos que na saúde operan os organismos modificados xeneticamente (OMX).

“Tentar seguir cultivando variedades con demostrados danos á saúde é unha mostra máis da pouca ética destas empresas. Sería unha irresponsabilidade imperdoábel por parte do Goberno seguir favorecendo os intereses destas multinacionais por enriba da saúde pública, ambiental e agraria do noso país e autorizar estes novos ensaios”. Biological effects of transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies in mice.

A Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) quere denunciar a irresponsabilidade e hipocresía amosada polos gobernos da UE obviando facer primar o “principio de precaución” decretado por eles mesmos ao respeito da sementeira de OMX´s.

*
“Se non tendes fillos, será culpa do millo”

“Os alimentos transxénicos semellan actuar coma un axente de control da natalidade, conducindo de forma potencial á infertilidade. Se este motivo non é suficiente para plantexar a retirada dos cultivos transxénicos actualmente no mercado, non sabemos a que tipo de catástrofes estamos agardando” .”Experimentar xeneticamente cos nosos alimentos é como xogar á ruleta rusa cos consumidores e coa saúde pública”.

“Este estudo é un exemplo máis de que non se pode garantir a seguridade dos cultivos transxénicos. A toxicidade para a reprodución que presenta a variedade estudada é un resultado totalmente inesperado.”

Biological effects of transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies in mice, (Novembro 2008) foicoordenado polo Dr. Jürgen Zentek, (profesor de Medicina Veterinaria na Universidade de Viena: broschuerenservice.bmgfj@bmgfj.gv.atEste enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver http://www.bmgfj.gv.at/ Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Ministerios de Agricultura e Sanidade de Austria.

Nun presente alimentario no que xa atopamos convivindo nas estanterías dos supermercados alimentos de maior calidadecun prezo máis alto, e alimentos de mala calidade (transxénicos, emprego de pesticidas, ceras, etc) a prezos máis asequíbeis, o “control da natalidade” mediante a alimentación instalarase nos estratos de poboación cunha menor capacidade adquisitiva, é dicir, aqueles que menos interesan ao actual sistema neoliberal baseado na sociedade de consumo (empresas multinacionais) nin ás clases dirixentes (gobernos). (ecolóxicos, cultivos tradicionais…)

Neste senso, a presencia de capital de empresas da industria farmacéutica nas multinacionais que se adican á produción e venta de transxénicos, cuia toxicidade para a saúde humana está fóra de dúbidas, resulta unha manobra de mercado alarmantemente rentábel e anti-humana.

*
NK603xMON810.

O millo NK603xMON810, propiedade da multinacional MONSANTO, é un híbrido de dúas variedades transxénicas: o NK603, resistente a herbicidas con base de glusofato (sendo “Rondup”, propiedade de MONSANTO, unha das marcas máis vendidas*), e o MON 810, resistente ao taladro (insecto que na Galiza apenas está presente), do cal se cultivaron o pasado ano no Estado español máis de 80.000 hectáreas para a súa comercialización.

-Está aprobada para o seu cultivo en países como EE.UU e Arxentina e para uso en alimentación humana e animal na Unión Europea.

-No Estado español, este millo foi ademais cultivado de xeito experimental ao aire libre en máis de 30 concellos os últimos tres anos, co grave risco de contaminar os cultivos de millo destinados á alimentación, cuestión sobor da cal o Estado rexeita establecer ningún tipo de control.

* As sementes tranxénicas adoitan distribuírse insertadas nun “paquete tecnolóxico”, a mesma empresa que as produce, véndeche o tipo de pesticida que tes que empregar.

No Comments

Trackbacks/Pingbacks

  1. intranquilidade.net - Galiza Non Se Vende » Blog Archive » A Plataforma Galega … - [...] CONTRA O PLANO … en MANIFESTACIÓN CONTRA O PLANO VIGO ÍNTEGRA … Veja o post completo clicando aqui. Post indexado…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.