Pages Navigation Menu

A sensibilidade da Xunta co sector da construción

O goberno galego si vende a Galiza. 6 millóns de metros cadrados serán vendidos aos promotores inmobiliarios.
O mercado inmobiliario está dando as primeiras mostras de crise. Á prudencia dos bancos para conceder novos préstamos hai que engadirlle un feito relevante que pode ser premonitorio: a fuxida dun empresario de Tomiño que deixou unha débedas bancarias de máis de 28 millóns de euros, sen contar contar os 54 empregados sen traballo e un número indeterminado de clientes que xa mercaran vivendas a este construtor. A ninguén debe sorprender que este tipo de comportamento se repita nos próximos meses. A patronal da construción, os axentes inmobiliarios e os promotores amosan unha intranquilidade propia de quen sabe, pero non recoñece, que a época dos abusos, da corrupción e da especulación están tocando fondo. Durante estes anos Galiza convertíuse nun paraíso para certas empresas que, esgotado o territorio mediterraneo, trasladan un modelo devastador co patrimonio, co medio ambiente e coa paisaxe como principais vítimas.

Ante esta situación o goberno galego dá mostras unha vez máis dunha especial sensibilidade cara os problemas do mundo empresarial, sen ter en conta que determinadas empresas non son precisamente as máis recomendabeis para dotar a este país dun tecido produtivo que garanta o emprego, a calidade de vida e o respecto polo medio ambiente. O sector da construción foi na última década un auténtico cancro que destruíu o hábitat e propiciou unha epidemia de corrupción na administración pública, fundamentalmente na local. Estes antecedentes deberían servir para cortar de raíz calquera tipo de colaboración ou axuda a uns empresarios que se amosaron máis próximos a actitudes delitivas que á de xestores da propiedade privada. O presidente Touriño acaba de tranquilizar a banqueiros e construtores coa nova de que Galiza pasará á historia no 2008 como promotora do maior investimento en obra pública, 1500 millóns de euros. O obxectivo é “facer fronte ás oscilacións del ciclo económico”. A maiores, a conselleira de Vivenda, a nacionalista Teresa Táboas, anuncia tamén que o a Xunta vai vender aos construtores 6 millóns de metros cadrados de solo público. A medida tería por finalidade construír vivenda protexidas ao mesmo tempo que paliar a posíbel crise do sector. En suma, máis construción en defensa dos que só quixeron ver na súa profesión un método fácil de obter beneficios sen atender aos estrago que comportaba a cementación dun país que necesitaba outro tipo de investimentos. Entre eles a rehabilitación dos cascos históricos e o saneamento dos núcleos rurais, tan necesitados de infraestruturas básicas.

2 Comments

  1. Un xornal galego publica hoxe:
    “Galicia tenía a 1 de enero de 2007, según los últimos datos del Instituto Nacional de Estadística, 29.716 firmas de construcción. Una por cada 90 habitantes”.
    Xa nos gustaría ese índice de médicos por habitante.

  2. Teresa Táboas cede ante as reclamaciones da Fegamp e Política Territorial.
    Vivenda rebaixa ao 20% a reserva de pisos protexidos nas vilas.
    A lei de medidas urxentes en materia de vivenda e chan, que o Consello da Xunta aprobará leste mesmo mes, elevará ao 40% a reserva obligatoria de chan nos concellos de máis de 20.000 habitantes. Para as vilas medias hai cambios: unha vez pasado os trámites ante o Consello Consultivo e o Consello Económico e Social, e ante as demandas de empresarios, alcaldes e a Consellería de Política Territorial, as que non alcancen os 20.000 habitantes deberán reservar o 20%, en vez do 30% inicialmente previsto. Os pobos menores de 5.000 habitantes quedarán exentos. A Consellería de Vivenda, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, rebaixou as esixencias con escaso entusiasmo, aínda que co convencimiento de que a parte fundamental da lei mantense intacta: a que establece as reservas de chan nos grandes concellos, nos que se concentra a maior parte da demanda de vivenda social.

Trackbacks/Pingbacks

  1. intranquilidade.net » Blog Archive » Galiza Non Se Vende » Blog Archive » A sensibilidade da Xunta co … - [...] dos abusos, da corrupción e da especulación están tocando fondo. … Veja o post completo clicando aqui. Post indexado de:…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.