A Terra Chá non se vende
Terra Chá rebélase contra os plans para explotar o seu cuarzo. Unha vintena de colectivos prepara alegacións
Asociacións, sindicatos e particulares impulsarán alegacións contra as concesións extractivas de cuarzo outorgadas á empresa Erimsa pola Consellería de Industria para horadar boa parte do chan da comarca de Terra Chá. Así o decidiron unha vintena de colectivos nunha asemblea a noite do venres en Cospeito, en cuxa casa consistorial atópanse a exposición pública as solicitudes para explotar dous xacementos chamados Alicia e Karles.
A empresa sostén que os seus traballos non afectarán ao terreo e que o subsolo beneficiarase polo movemento de terras. Pero os chairegos non se fían. Terra Chá é a maior comarca de produción láctea da provincia e as concesións afectan a explotacións onde se realizaron investimentos millonarios.
Por ser unha chaira con ríos, acuíferos e lagoas naturais é unha paraxe proclive ás inundacións. “Vanse a escavar nalgúns casos ata 3 metros de profundidade. Aínda que volvan recubrir o espazo perforado, esa terra sempre quedará a un nivel máis baixo e as inundacións serán máis frecuentes e máis drásticas”, razoou un gandeiro.
Os afectados poderán presentar alegacións ata o día 17. Un veciño de Goá (Cospeito) interpuxo o primeiro contencioso contra unha das concesións, que afecta a 538 hectáreas da parroquia, o 60% da superficie produtiva. O Sindicato Labrego denuncia “graves irregularidades” na declaración de impacto ambiental, xa que non se pediu informe á Consellería de Medio Rural, só se publicou unha parte no Diario Oficial de Galicia e non se expuxo en todos os concellos afectados. O Ateneo Galego di que Erimsa non pode recibir licenza municipal porque non se aprobou o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, un requisito “indispensable” para implantar novas concesións “en chan rústico especialmente protexido”. El País
No Comments
Trackbacks/Pingbacks