A tiros no medio dun LIC
Verdegaia e SGHN veñen de presentar denuncia na Demarcación de Costas de Galicia e na Consellería de Medio Ambiente, e califican de atentado ambiental, a celebración o sábado, 18 de abril, dunha proba cinexética con cans no Areal de Vilarrube, unha zona incluída no Lugar de Importancia Comunitaria “Costa Ártabra”, que forma parte da Rede Natura, está incluído no Catálogo de humidais de Galicia “Trasdunas de Vilarrube” e figura no Inventario dos sistemas dunares do Ministerio de Medio Ambiente “Sistema dunar de Vilarrube”. Desde Verdegaia e SGHN consideramos estes feitos un atentado ambiental intolerable perpetrado sen a autorización da Demarcación de Costas de Galicia e ignoramos se contaban coa autorización que se precisa para este tipo de actividades da Consellería de Medio Ambiente. Convocados pola “Sociedad de Cazadores de Valdoviño”, o sábado 18 de abril, varias decenas de cazadores “desembarcaron” cos seus cans e coas súas escopetas no sistema dunar de Vilarrube e levaron a cabo unha competición cinexética na modalidade “San Huberto”.
Hai que lembrar que este espazo está incluído no LIC “Costa Ártabra”, polo que a actividade cinexética é absolutamente incompatible coa conservación dos valores naturais que motivaron dita protección. Trátase dunha zona cun altísimo valor ecolóxico, xa que nela medran varias especies de plantas endémicas vulnerables ou en perigo de extinción como Ophrys sphegodes (unha orquídea que xa está en plena floración), Antirrhinum majus subespecie linkianum, Linaria aguillonensis e Crepis novoana (endemismo único da Ría de Cedeira), entre outras. Ademais xa hai varios anos que esta área é unha das zonas de campeo preferidas da aguia peixeira, unha especie migradora de altísimo valor que pouco a pouco vai recolonizando a costa galega. Dende logo, este tipo de agresións contra o hábitat non van contribuír ao seu establecemento definitivo nesta área. Outra das especies importantes presentes no sistema dunar é a lontra, que goza de todas as proteccións legais existentes, tanto a nivel galego como estatal e comunitario.
Como se sabe, este tipo de sistemas dunares é zona cría de numerosas aves e, por enriba, xusto nestas datas, sucede o período de cría da maioría delas. A realización desta actividade cinexética, con máis de trinta cazadores e os seus cans polas dunas, xunto cos disparos das súas escopetas, seguro que supuxo a destrucción ou o abandono da maior parte dos niños. Ademais, sabemos que este tipo de sistemas dunares son moi fráxiles: é por iso polo que se colocaron pasarelas sobre as dunas para evitar a erosión que provocan os usuarios da praia e tamén por iso (e para recuperar a naturalidade do espazo), foi polo que a Dirección Xeral de Costas derrubou unhas 50 casetas que diversos particulares dispuxeran sobre a duna gris. Este esforzo conservacionista está en total contradición, e resulta baldío, se se permite que se desenvolvan actividades como a celebrada o pasado 18 de abril: as ducias de cazadores, cos seus cans, os xuíces e organizadores da proba xunto co público asistente provocan danos considerables sobre o sistema dunar.
Outro dos feitos lamentables que se rexistraron foi a presencia dos vehículos todoterreo dentro do sistema dunar, cando a normativa de protección prohibe terminantemente a entrada de vehículos a motor nel. A súa circulación sobre as dunas puido provocar danos irreparables sobre as mesmas, algo que haberá que avaliar en vindeiras datas. Tamén ignoramos se na proba se comprobou que se utilizase munición sen chumbo, tal e como establece a Dirección Xeral da Natureza para evitar a contaminación que o seu uso pode provocar nas augas e polo risco que supón para algunhas especies de aves acuáticas a súa inxestión, ou se se recolleron os cartuchos durante a mesma. Dende Verdegaia e SGHN queremos dicir tamén que lamentamos profundamente a actitude do Concello de Valdoviño participando na organización dunha actividade destas características, máis ou menos “turística”, sen ter en conta os impactos negativos que poden xerar no contorno natural. Por todas estas razóns, Verdegaia e SGHN denunciamos e demandamos:
– Que se identifique e sancione, de acordo coa lexislación vixente, aos organizadores desta proba cinexética, xa que consideramos que estes feitos constitúen un delito ecolóxico.
– Que se prohiba durante todo o ano a práctica de calquera actividade cinexética ou calquera outra que non sexa compatible co mantemento das funcións ou valores polos que se declarou ZEPVN, así como calquera outra que poida prexudicar significativamente a conservación do sistema dunar de Vilarrube ou do humidal “Trasdunas de Vilarrube” de acordo coa normativa vixente.
E o que lle fai falla ao pais dos cazadores.. dentro de non moito tempo provincias coma Ourense que avanzan xeométricamente cara a desertización humana (ten a taxa de mortalidade máis alta de Europa dende hai 20 anos, o PIB decrece case a mesma proporción, o 50% da súa poboación anda por debaixo do humbral da pobreza) converteranse nun coto de caza pros señoritos… Penso que é algo en que tódolos Ourensans agardan que ocorra “Haber se morrendo todos reverdecerá algo novo, poque isto é unha merda”… Ainda quen agarda con máis ansia que isto ocorra son os das comunidades máis ricas pra montar o seu grande coto de caza.
É certo que é un atentado ao noso patrimonio, afecando a unha das mellores praias de Galiza, mais tamén é un atentado o que acaban de facer nas praias de Cobas e Ponzos, uns enormes accesos de cemento, formigón e pedra co conto do temporal, como se non tivésemos moitos antes e mais non se fixo esa barbaridade que demostra a falta de sensibilidade e a mala fe do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino eas mentiras e falta de palabra do Sr. Eimil que se compremeteu ao contrario nas praias ou espazos naturais diante de diversas entidades ecoloxistas cando recoñeceu que o seu antecesor retirara ou descartara proxectos agresivos deste tipo.
Ésa É A POLÍTICA AMBIENTAL DOS SOCIALISTAS, CEMENTO E FORMIGÓN A MARES, INCLUSO NOS ESPAZOS PROTEXIDOS. O QUE QUEREN É ACABAR CO NOSO LITORAL E PREPARALO PARA A SÚA URBANOZACIÓN, ÉSA A A TRISTE CONCLUSIÓN A QUE CHEGAMOS CON TANTOS PASEOS MARÍTIMOS DUROS, APARCADOIROS, ACCESOS DE CEMENTO, MOLES DE CAFETERÍAS, ARTIFICIALIZACIÓN DA COSTA VIRXE E PROTEXIDA….ESE PLAN PARA AXUDAR AOS CONCELLOS TEN MIGA, SON CAPACES DE APLICALOS NOUTROS LUGARES COMNO EN LIRA ( ESPAZO NATRURAL DA PRAIA DE CARNOTA), ENTRE OUTROS, COMO FIXERON NA COSTA VIRXE DAS AFORAS DO POBO A dEPUTACIÓN NO SEU DÍA CO BENEPLÁCITO SEU E DA XUNTA CUNHA DESCULPA QUE NON COLABA E LOGO XA ESTABAN AS PROMOTORAS TENTANDO EDIFICAR UNHA MACROURBANIZACIÓN ALÍ MESMO, NA COSTA PROTEXIDA GRAZAS AO EX- ALCALDE DE TURNO QUE LLES SALEU MAL….OS PROMOTORES MARBELLÍS PERDERON DIÑEIRO E O CONSEGUIRAN EN BOA MEDIDA SEGUNDO OS VECIÑOS/AS TRALAS AMEAZAS DE EXPROPIACIÓN AOS QUE NON QUERÍAN VENDER.
¡Métodos mafiosos son os que se aplicaban
¡EIMIL, DIMITE E LEVA CONTIGO A SRA. ESPINOSA E AO RESPONSABLE DE COSTAS QUE PARA DESTRUIR ATA O MELLOR QUE TEMOS NON NECESITAMOS AO MINISTERIO NEN A DEMARCACIÓN!
Hai que recooller sinaturas contra todos os responsabeis da destrucción do noso litoral -conxuntamente cunha boa denuncia- INFORME AUKEN SOBRE GALIZA-e que o PARLAMENTO EUROPEA INTERVEÑA DUNHA VEZ E SUSPENDA OS FONDOS XA QUE IMOS A PEOR E OS PARTIDOS POLÍTICOS NON APRENDERON NADA.
SÓ MINTEN E MANIPULAN , COMEZANDO POLO PROPIO PRESIDENTE DO GOBERNO,Sr. Zapatero que conxuntamente con Aznar e Felipe González son os máximos responsábeis da destrución do litoral español nos derradeiros 27 anos.
¡ Non permitamos que co noso voto destrúan a nosa terra ¡Cantos menos políticos corruptos españois no Parlamento Europeo, mellor!