A tramitación das D.O.T. incumpre as leis 9/2006 e 6/2007

Foron presentados, ante a Consellería de Medio Ambiente, con data 29 de setembro, a nome de Galiza Non Se Vende os seguintes comentarios ao documento de inicio das Directrices de Ordenación do Territorio:

1. A TRAMITACIÓN DAS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO REALIZADA POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, E O SEU MCUMPRIMENTO DAS LEIS 9/2006 E 6/2007

1.1 Marco legal

A tramitación das Directrices de Ordenación do Territorio está rexida por tres leis:

  • A lei 10/1995, de ordenación do territorio (Capítulo II: Das directrices de ordenación do territorio. Artigo 10: Procedemento).
  • A lei 9/2006, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente (Avaliacíón Ambiental Estratéxica).
  • A lei 6/2007, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. (Capítulo II: Avaliación ambiental estratéxica de instrumentos de ordenación do territorio e de planeamento urbanístico; Artigo7: Integración de procedementos).

1.2 Resumo cronolóxico da tramitación das DOT

Inicio

  • 29 de febreiro de 1996: O Consello da Xunta de Galicia acorda iniciar o procedemento de elaboración das directrices de ordenación do territorio, acordo publicado no Diario Oficial de Galicia número 45, do 6 de marzo de 1997.

Avance

  • Data non especificada: Segundo se afirma na orde da CPT do 15.09.2008, a CPT elaborou o Avance das DOT
  • Data non especificada: Segundo se afirma na orde da CPT do 15.09.2008, a CPT remitiu o Avance a todas as consellerías, á Administración do Estado, ás administracións locais e a máis de 500 entidades públicas e privadas para que achegasen cantas observacións, propostas e alternativas estimasen oportunas.

O Avance das DOT non está publicado na web da CPT, polo que:

  • Non se coñece públicamente a existencia nin o contido do Avance.
  • Non se coñece qué relación existe entre o Avance e as DOT aprobadas inicialmente, é dicir, se éstas son unha modificación do Avance ou se se trata dun documento totalmente novo.

Documento para aprobación inicial

  • Data non especificada: Segundo se afirma na orde da CPT do 15.09.2008, a CPT redactou as directrices de ordenación do territorio e solicitou da Consellería de Economía e Facenda o preceptivo informe previo á aprobación inicial, que foi emitido en sentido favorable. (Tal informe previo non se menciona na Lei 10/1995 para a aprobación inicial, senón para a aprobación provisional).
  • 26 de xuño de 2008: As DOT xa están redactadas tal e como se aprobaron inicialmente en setembro de 2008.

As DOT publicadas na web da CPT a principios de agosto de 2008 mostran como data de creación do arquivo o 26 de xuño de 2008, e non ten modificacións posteriores. O contido do documento é identico ó das DOT aprobadas inicialmente.

O documento de presentación das DOT publicado na web da CPT o 17 de setembro, 2 días despóis da aprobación inicial, mostra como data de creación do arquivo o 27 de xuño de 2008, e tampouco ten modificacións posteriores.

Polo tanto, as DOT aprobadas inicialmente o 15 de setembro están redactadas, polo menos, dende o 26 de xuño de 2008.

Avaliación Ambiental Estratéxica: Documento de inicio e período de consulta

  • 1 de agosto de 2008: O chamado Informe de Sustentabilidade Ambiental das DOT foi publicado na web da CPT o 17 de setembro de 2008. No seu punto 1.2, Metodoloxía, asegúrase que, para dar inicio ao procedemento da AAE, a CPT comunicou formalmente á CMA o inicio dos traballos o 1 de agosto. Comunicación que -afírmase- foi acompañada do Documento de Inicio.
  • 29 de agosto do 2008: A CMA publica na súa web os datos do procedemento de AAE das DOT.
    http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=684
    E especifica:
    Fase do procedemento: Iniciación.
    Data de inicio do período de consulta: 29/08/2008
    Data de remate do período de consulta: 29/09/2008

O Documento de Inicio exposto mostra como data de realización o 28/08/2008
¡Pero as DOT xa están feitas polo menos dende o 26 de xuño!

AAE: Documento de Referencia e ISA

  • 15 de setembro de 2008: A CPT emite a orde pola que se aproban inicialmente as directrices de ordenación do territorio de Galicia. Segundo se afirma na propia orde, o chamado ISA das DOT elaborouse dacordo co Documento de Referencia emitido pola CMA. Segundo se afirma no así chamado ISA das DOT, punto 1.2, Metodoloxía, o Documento de Referencia foi trasladado pola CMA á CPT o mesmo 15 de setembro de 2008.
  • 17 de setembro de 2008: O DOG publica a orde da CPT do 15 de setembro. A CPT publica as DOT e o ISA na web. O ISA mostra como data de creación do arquivo o mesmo día 17 de setembro de 2008.

En resumo, a CPT afirma que recibiu o Documento de Referencia:

  • 14 días antes do remate do período de consulta pública do Documento de Inicio.
  • 2 días antes de que o ISA fose publicado na web da CPT.
  • Na mesma data en que a CPT acordou a Aprobación Inicial das DOT.
  • Polo menos 2 meses e medio despois de redactar as DOT aprobadas inicialmente.

Naturalmente, non hai noticias públicas do tal Documento de Referencia. Oficialmente, o Documento de Inicio está en período de consultas ata o 29 de setembro, e asi se indica na web da CMA. A partir de entón, a CMA dispón de 3 meses para redactar o Documento de Referencia.
1.3 Relación de incumprimentos
1) A CPT aprobou inicialmente as DOT de Galicia e un teórico ISA sen que a CMA realizase a consulta pública sobre o Documento de Inicio necesaria para elaborar o Documento de Referencia que debe definir o alcance do Informe de Sustentabilidade Ambiental.
Deste modo, incumpre o artigo 9 da Lei 9/2006 e o artigo 7.3 da Lei 6/2007.

Lei 9/2006. Artigo 9. Alcance do informe de sustentabilidade ambiental.
“A amplitude, nivel de detalle e o grao de especificación do informe de sustentabilidade ambiental determinarao o órgano ambiental, tras identificar e consultar as administracións públicas afectadas e o público interesado”.
“A determinación da amplitude e nivel de detalle do informe de sustentabilidade ambiental comunicarase ao órgano promotor mediante un documento de referencia que incluirá ademais os criterios ambientais estratéxicos e indicadores dos obxectivos ambientais e principios de sustentabilidade aplicables en cada caso”.

Lei 6/2007. Artigo 7. Integración de procedementos.
3. “O órgano ambiental, no prazo de tres meses desde a recepción da documentación necesaria, trasladaralle ao órgano promotor o documento de referencia de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/2006, do 28 de abril”.

2) Na orde do 15 de setembro, a CPT afirma que ISA das DOT elaborouse dacordo co Documento de Referencia emitido pola CMA. Non hai noticias públicas do tal Documento de Referencia. Polo tanto, hai dúas posibilidades:

  • Que o Documento de Referencia non exista. Neste caso, a CPT emitiu unha orde que basea a súa xustificación nunha falsedade.
  • Que o Documento de Referencia exista, e que fose emitido internamente pola CMA sen ter en conta o período de consulta pública. Neste caso, a CMA incumpriría o artigo 9 da lei 9/2006 e o artigo 7.3 da lei 6/2007. Ademáis, cometería unha falsedade ao iniciar un periodo de consulta pública ficticio con fins meramente xustificativos.

3) As evidencias técnicas demostran que as DOT non se someteron a Avaliación Ambiental Estratéxica.

  • Por unha banda, o ISA é un relatorio no que se van comparando os obxectivos ambientais das DOT co texto das determinacións das propias DOT, para a continuación constatar que as determinacións coinciden cos obxectivos. Pero non inclúe unha avaliación ambiental dos obxectivos nin dos efectos das determinacións das DOT sobre o territorio.
  • O ISA só inclúe dúas alternativas: As propias DOT e a alternativa 0. O cal vai contra a lei 9/2006, de AAE, que esixe a avaliación ambiental de alternativas razoables. E que demostra que os aspectos ambientais non se integraron adecuadamente na preparación das DOT, porque o único xeito de facelo é avaliar ambientalmente as alternativas que se presentan en cada paso do proceso de decisións que van configurando o documento.

Polo tanto, as evidencias técnicas demostran que as DOT aprobáronse inicialmente sen avaliación ambiental estratéxica, polo que a CPT incumpre a lei 9/2006, de AAE.
4) O feito de que as DOT se aprobasen inicialmente sen redactar antes un novo Avance, e sen sometelo a consulta pública xunto cun Avance do ISA, provoca inseguridade en canto ao cumprimento da Lei.

  • Por unha banda, como o texto do Avance non é público, non se sabe se as DOT elaboradas proceden da modificación do Avance ou son un documento totalmente novo. Neste último caso, o cumprimento da Lei 10/1995, de ordenación do territorio, esixiría que o Avance das novas DOT fose sometido a consulta pública.
  • Por outra banda, a integración de procedementos establecida pola lei 6/2007 asimila a Versión Preliminar do plan ou programa, segundoa lei 9/2006, á Aprobación Inicial, segundo a lei 10/1995. Pero isto ofrece muitas dúbidas.
    O Avance é, en xeral, un documento pouco elaborado para ser considerado Versión Peliminar, pero a Aprobación Inicial é, en xeral, un documento demasiado elaborado e pechado para unha revisión técnica e unha participación pública eficaz. A integración establecida pola Lei 6/2007 non parece a máis adecuada, e pode ser motivo de interpretación diferente.
    O principio de cautela, ademáis da propia calidade do documento, aconsellarían someter o Avance das DOT e un Avance do ISA a consulta pública antes de proceder á súa aprobación inicial.

1.4 Conclusións
As evidencias mostran que a nin a tramitación das Directrices de Ordenación Territorial de Galicia, nin a súa Aprobación Inicial, nin o seu chamado Informe de Sustentabilidade Ambiental cumpren coa lei, polo que as DOT aprobadas resultan nulas de pleno dereito.
É sabido que a Avaliación de Impacto Ambiental transformouse, dende ben cedo, nun mero instrumento xustificativo da aprobación de proxectos. Parece que, en Galicia, a Avaliación Ambiental Estratéxica segue o mesmo camiño.
O abraiante é que sexa a propia Consellería de Política Territorial a que impulse o proceso. A experiencia mostra que é así. Son xa varios proxectos os que se someten a aprobación e información pública sen una Avaliación Ambiental digna de tal nome: Plan de Portos Deportivos, Plan Vigo Íntegra, Plan Director das Estradas de Galicia. E, agora, as Directrices de Ordenación do Territorio. Nada menos que o que debería ser a Constitución Territorial de Galicia.
É incomprensible que as administracións públicas non xestionen o territorio galego coas calidades e procederes que se lle supoñen:

  • Coñecemento profundo do territorio
  • Xestión territorial responsable
  • Racionalidade e calidade na planificación
  • Estricto control ambiental da planificación e da xestión do territorio
  • Impulso da participación democrática nos instrumentos de planificación e xestión.

Isto é máis que incomprensible. É alarmante, e extraordinariamente perigoso para o País.
1.5 Solicitude á Consellería de Medio Ambiente
Á vista do anteriormente exposto, solicitamos á Consellería de Medio Ambiente o seguinte:

  • Que transmita á Consellería de Política Territorial o seu coñecemento dos feitos aquí denunciados.
  • Que se efectúe unha tramitación legal da Avaliación Ambiental Estratéxica, elaborando o Documento de Referencia.
  • Que rexeite o exame e informe do chamado ISA e da teórica AAE das DOT de Galicia, pois que a súa tramitación e o seu contido non cumpren coa lei 9/2006 nin coa lei 6/2007.
  • Que anuncie públicamente o tal rexeitamento e explique aos cidadáns as razóns que o provocan.
  • Que impulse unha auténtica AAE das DOT de Galicia.

2 Comentarios

  1. Adiante GNSV!

    Parvadas como esta requiren un pouco de estómago:

    “Galicia necesita entre A Coruña y Vigo una autovía alternativa a la AP-9”
    http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2008/09/30/0003_7183897.htm

    Unidade contra a estupidez e a corrupción !

  2. A tramitaçón das “directrices de ordenación del territorio” também terá que se fazer segúndo o título VIII de Regulamento do Parlamento de Galiza: “Do examen e debate de comunicaçons, programas ou planes da Junta de Galiza e outros informes”, que eu acho deficitario: nom concede poder nenhum ao Parlamento.

    Por se fosse de alguma utilidade transcrevo o processo de tramitaçom segundo o atopo num arquivo do meu ordenador, tomado nom sei de onde penso que das proprias directrices:

    Artículo 6. Funciones.
    Con la finalidad de establecer las pautas espaciales de asentamiento de las actividades, de acuerdo con las políticas sociales, económicas y culturales emanadas de la Comunidad, corresponden a las directrices de ordenación del territorio las siguientes funciones:
    Formular con carácter global e interrelacionado, y en el marco del Plan económico-social de la Comunidad Autónoma, el conjunto de criterios y normas que orienten y regulen los procesos de asentamiento en el territorio de las distintas actividades económicas y sociales de los agentes públicos y privados que operen en dicho territorio.
    Construir un marco general de referencia para la formulación de los restantes instrumentos de ordenación territorial, así como de los planes de ordenación previstos en la legislación urbanística, y para la formulación y ejecución de las distintas políticas sectoriales de la Comunidad, al que habrán de acomodarse los planes, programas y acciones con incidencia en el territorio que puedan desarrollar las administraciones públicas de carácter autonómico o local, a fin de garantizar una adecuada coordinación y compatibilización de todas ellas.
    Suministrar las previsiones y criterios básicos que vayan a actuar como marco de referencia para la formulación de las políticas sectoriales, así como para la programación de los recursos de las administraciones públicas que deban aplicarse en el territorio de la Comunidad Autónoma.
    Proponer las acciones territoriales que requiera la actuación conjunta con otras comunidades autónomas y restantes administraciones públicas, ofreciendo las bases suficientes para celebrar los convenios o acuerdos de colaboración que resulten necesarios.
    Artículo 7. Contenido.
    1. Las directrices de ordenación del territorio tendrán el siguiente contenido:
    Descripción e interpretación de las características propias del territorio de la Comunidad Autónoma, formulando un diagnóstico de los problemas existentes, en relación con los asentamientos urbanos y productivos, el medio físico y los recursos naturales y las pautas de desarrollo territorial manifestadas o previsibles.
    Definición de los criterios a adoptar, en relación con los problemas objeto de diagnóstico, de acuerdo con los objetivos sociales, culturales y económicos diseñados por la Comunidad Autónoma.
    Formulación, a partir de los distintos elementos de las políticas sectoriales, de propuestas de ordenación del territorio destinadas a reorientar o, en su caso, regular las actuaciones públicas y privadas en el ámbito comunitario, de acuerdo con los objetivos señalados en el apartado precedente, como marco de referencia pública para la actuación de los agentes sociales y económicos que operen en dicho ámbito.
    Proposición de las relaciones entre las distintas administraciones y organismos públicos que intervengan en el territorio de la Comunidad Autónoma, formulando las propuestas relativas a los procedimientos e instancias a través de los que deban ser resueltos los conflictos que puedan surgir en la fijación o ejecución de las actividades a desarrollar, dejando a salvo en todo caso las facultades que al Estado reconoce la legislación urbanística vigente.
    Señalamiento de las causas y supuestos que vayan a determinar la adaptación o modificación de las directrices de ordenación del territorio, en función de la aparición de necesidades no contempladas en las mismas o de los cambios introducidos en la política económica o social a desarrollar por las administraciones públicas implicadas.
    Delimitación de las áreas de protección que queden sustraídas al desarrollo de las actividades urbanas, para ser destinadas a la preservación o explotación de los recursos naturales, atendiendo a su valor cultural, social o económico y estableciendo la prioridad de dicho destino.
    Delimitación de áreas homogéneas de carácter supramunicipal, con arreglo a su potencial desarrollo y situación socioeconómica.
    Fijación de los criterios para la localización y ejecución de las infraestructuras y equipamientos de carácter comunitario, regional o subregional. En el supuesto de que dichas infraestructuras y equipamientos tengan carácter reestructurante y su ejecución se programe a corto plazo, las directrices de ordenación territorial podrán definir su localización y los criterios para su diseño.
    Señalamiento de las condiciones a que deban someterse las propuestas de desarrollo urbano, industrial, terciario o agrícola, en función de las disponibilidades de los recursos energéticos, hidráulicos y de saneamiento correspondientes.
    Definición de los ámbitos en que sea necesario elaborar planes de ordenación del medio físico previsto en la presente Ley, con señalamiento, en su caso, de las condiciones y plazos a que deba someterse la formulación de los mismos.
    Criterios para establecer las condiciones a que deberá sujetarse la localización de viviendas de protección oficial o promoción pública directa o de las que se incorporen a programas de rehabilitación, tomando en consideración las previsiones que en este orden se contengan en el planeamiento local.
    2. Las determinaciones previstas en el punto anterior tendrán carácter enunciativo y no limitativo, por lo que las directrices de ordenación del territorio podrán contener cuantas otras fuesen congruentes con las funciones previstas en el artículo anterior. En todo caso, las directrices de ordenación del territorio respetarán la autonomía de las administraciones locales para la gestión de sus intereses propios.
    Artículo 8. Documentación.
    Las directrices de ordenación del territorio contendrán los documentos gráficos y escritos que reflejen adecuadamente los contenidos expuestos en el artículo anterior, con el grado de precisión apropiado a sus funciones.
    Artículo 9. Eficacia.
    Las determinaciones contenidas en las directrices de ordenación del territorio tendrán, en todo caso, la fuerza vinculante que sea congruente con su función de instrumento directriz. A este efecto, expresarán de forma clara e inequívoca el alcance concreto con que habrán de operar todas y cada una de sus determinaciones y que podrá manifestarse en cualquiera de las siguientes formas:
    Excluyente de cualquier otro criterio, localización, uso o diseño territorial o urbanístico.
    Alternativa entre varias propuestas contenidas dentro de las mismas directrices de ordenación del territorio.
    Orientativa, debiendo la Administración competente concretar la propuesta contenida en las directrices de ordenación territorial.
    Artículo 10. Procedimiento.
    La formulación y aprobación de las directrices de ordenación del territorio se ajustará al siguiente procedimiento:
    Corresponde al Consejo de la Junta de Galicia acordar la iniciación del procedimiento de su elaboración. El acuerdo, que habrá de ser publicado en el Diario Oficial de Galicia, será motivado, señalará las causas que los justifiquen y determinará el plazo de formulación del correspondiente avance.
    Corresponde a la Consejería competente en materia de política territorial la dirección y preparación del avance de directrices de ordenación del territorio.
    Las Consejerías con competencias de proyección territorial formularán las previsiones y determinaciones que les correspondan respecto a los contenidos sectoriales de las directrices descritos en el artículo 7 a los efectos de su integración efectiva en el avance. Dicha formulación se hará en el plazo de tres meses, a contar desde su petición por el departamento director del procedimiento.
    Con la misma finalidad, se recabará de la Administración del Estado y de las administraciones locales informe sobre sus propias previsiones en las materias de su competencia, que evacuarán en el mismo plazo que el expresado en el párrafo anterior.
    En cualquier caso, para la elaboración del avance de directrices, la Consejería directora del procedimiento recabará de los órganos y entidades mencionados cuantos datos e informaciones sean necesarios para la más correcta redacción de dicho documento, que habrán de ser aportados en el plazo de dos meses a partir del momento en que sean solicitados.
    Asimismo, dichos órganos y entidades podrán aportar cuantas informaciones y sugerencias estimen convenientes para los mismos fines.
    El avance de las directrices será remitido, con los informes evacuados, a las administraciones citadas en los apartados anteriores y a las entidades públicas y privadas que se estimen interesadas, para que en el plazo de tres meses aporten cuantas observaciones, propuestas y alternativas estimen oportunas.
    Analizadas las observaciones y sugerencias formuladas, la Consejería citada realizará las modificaciones que procediesen, en vista de lo cual, previo informe de la Consejería de Economía y Hacienda, aprobará inicialmente, si procediese, las directrices de ordenación del territorio.
    El acuerdo de aprobación inicial será publicado en el Diario Oficial de Galicia, en el Boletín Oficial del Estado y al menos, en dos periódicos de los de mayor circulación en la Comunidad Autónoma, y su texto íntegro será remitido a la Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma y a las diputaciones provinciales, así como a los ayuntamientos.
    Desde el momento de la publicación del acuerdo de aprobación inicial en el Diario Oficial de Galicia quedará abierto un plazo de audiencia de dos meses, dentro del cual las distintas administraciones y entidades públicas y privadas podrán exponer cuantas observaciones y sugerencias estimen convenientes, quedando expuesta la documentación de las directrices en los lugares que al efecto se señalen.
    Concluido el plazo a que hace referencia el número anterior y a la vista del resultado del trámite de audiencia, se realizarán, en su caso, las modificaciones que procediesen, tras lo cual el Consejero competente en la dirección del procedimiento procederá, previo informe de la Consejería de Economía y Hacienda, a otorgar la aprobación provisional a las directrices, que elevará al Consejo de la Junta de Galicia y de las que dará traslado al Parlamento de Galicia para su tramitación de acuerdo con lo dispuesto para los planes y programas remitidos por la Junta en el Reglamento del Parlamento de Galicia.
    Finalizado el procedimiento previsto en el artículo anterior, el Parlamento remitirá el documento a la Junta de Galicia, que lo aprobará con la forma de Decreto y que será publicado en el Diario Oficial de Galicia y en el Boletín Oficial del Estado.
    Las modificaciones de las directrices de ordenación del territorio que no supongan revisión general o sustancial de tal instrumento tendrán lugar mediante el procedimiento que al efecto establezca el Consejo de la Junta. En todo caso, conservará los trámites establecidos para la aprobación inicial y definitiva, pudiéndose reducir los plazos previstos para los mismos.
    Asimismo, por Decreto del Consejo de la Junta de Galicia se determinará el procedimiento que regule el seguimiento y puesta al día de los objetivos y determinaciones de las directrices de ordenación del territorio.
    Artículo 11. Control.
    La Junta de Galicia, una vez al año, presentará al Parlamento una memoria en la que se plasmará el estado en que se encuentran las directrices de ordenación del territorio.

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *