A Xunta de Galiza decidida a acabar co Courel
Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio:
Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ….por toda a Serra
– Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.
– Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, …
– Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos …. co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.
– Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais, …..
– Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ….. dísenos que só están permitidos os pinos.
– Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de “autovías” de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.
– Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.
– Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.
Así viaxa o Courel cara o Parque natural. Santa Eufemia en dúas fases:
Primeira Segunda
A propósito da destrucción do Courel, mañá sábado, día 5 de xullo, en “La Vanguardia”, con referencia na portada , sairá unha reportaxe de tres páxinas adicada ao Courel. http://www.lavanguardia.es
14 Comments
Trackbacks/Pingbacks
- Calidonia » Os retos dos medios na Galiza que vén - [...] de masas, até o momento expulsada con saña e aleivosía dos medios en papel. Os segundos escuso enumeralos, por…
- Calidonia Hibernia - [...] de masas, até o momento expulsada con aleivosía e premeditación dos medios en papel. Os segundos escuso enumeralos, por…
As desfeitas no Courel (enormes canteiras e a legalización de canteiras ilegais, destrución da impresionante biodiversidade, do valiosísimo patrimonio cultural ou etnográfico e dunha paisaxe excepcional , ancestral e maravillosa) constitúen un dos crimes ecolóxicos e sobre o patrimonio cultural máis graves da Hª de Galiza e un dos mellores exemplos da verdadeira política ambiental e cultural da Xunta que pon en evidencia o seu maior desprezo pola natureza e polo patrimonio e ata polo mellor e único ,a nivel europeo, que ten o noso pobo mais que se destrúe con total impunidade pola inmensa corrupción das distintas administracións implicadas e da propia xustiza.
Como é posible que a FISCALÍA DE PATRIMONIO NON INTERVEÑA DE OFICIO OU TRALAS DENUNCIAS?
Como é posible en pleno século XXI que o GOBERNO ESTATAL MIRE PARA OUTRO LADO E NON CUMPRA CO SEU DEBER CONSTITUCIONAL DE CONSERVAR ASÍ COMO ENRIQUECER O PATRIMONIO CULTURAL, HISTÓRICO E ARTÍSTICO DO POBO ESPAÑOL QUE ORDENA, ENTRE OUTROS, O ARTIGO 46 DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA?
Será porque os responsabeis das numerosas desfeitas son os seus compañeiros de partido e teñen dereito a destruir ata o mellor da nosa terra?
En que Lei se ampara este dereito?
QUE FAI O MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E BELAS ARTES?
POR QUE AS AUTORIDADES EUROPEAS O PERMITE E SEGUEN DANDO FONDOS PARA DESTRUIR O NOSO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL COMO FIXERON NO CASO DOS NUMEROSOS PASEOS MARÍTIMOS POLO LITORAL GALEGO?
Ata cando este pobo vai aguantar a esta panda de políticos que non teñen a máis mínima sensibilidade nin cultura e que cada día demostran máis claramente aos que serven dun xeito descarado converténdose en auténticos lacayos do capitalismo máis salvaxe e depredador?
Se a Xustiza non existe ou chega tarde e a impunidade e a destrución da nosa terra é continua a cidadanía está lexitimada para defendela.
que podemos facer nós?
No xornal “El País- Galicia”de onte, día 12 de xullo, ven un titular sobre o tema importante: “La Xunta justifica las canteras de O Ccourel denunciadas por Bruselas” onde a Unión Europea recoñece irregularidades na concesión de catro minas de lousas nos Ancares-Courel, tres delas no municipio de Folgoso e unha no de Quiroga e percibiu o incumprimento de varios artigos a raíz das denuncias dos ecoloxistas e veciños sobre a proliferación indiscriminada de canteiras nuha zona crítica.
A Xunta pretende xustificar o inxustifica-
ble manipulando , muintindo, desviando o tema só no referente á contaminación e apelando aos postos de traballo.
O extaño é que a CCE leva dende o 2005 investigando o tema e tardou, pois, tres anos en concluir que se incumpriran normas obrigadas polos 27 países.
Segundo a Comisión a autorización das canteiras fíxose “en precario”porque os estudos de impacto ambiental ( como é habitual) non incluía medidas para salvagardar a natureza ou se deu por bo o informe aportado polas empresas (como fan sempre ou case sempre).
Tamén indica que a ampliación da Campa foi autorizada pola actual Xunta cando o informe galego xa fora advertido sobre esa mina por Bruselas e que os cascallos invadiron o cauce do río xerando unha grande contaminación.
Agora convén que SOS COUREL e os veciños/as e demais ecoloxistas ou entidades de defensa do patrimonio e, neste senso ,tamén a REDE GALIZA NON SE VENDE DENUNCIEN E CONTESTEN Á XUSTIFICACIÓNS FALSAS DA XUNTA, ESIXA ANTE AS AUTORIDADES EUROPEAS QUE SE CUMPRA URXENTEMENTE A NORMATIVA AMBIENTAL EUROPEA E DENUNCIE ANTE O TRIBUNAL EUROPEO ESTAS BARBARIDADES POIS A XUSTIZA QUE CHEGA TARDE NON É XUSTIZA,, SE IMPIDA ESTA DESTRUCIÓN E SE REXENERE A ZONA AFECTADA E TAMÉN DENUNCIAR A LEI DE MINAS QUE É INCONSTITUCIONAL PERMITE DESTRUIR ESPAZOS PROTEXIDOS, BOSQUES AUTÓCTONOS, ESPAZOS CULTURAIS ETC. OBVIANDO LEIS SUPERIORES E SEN TER ELABORADA A LEI ESTATAL DE MINAS QUE É DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA TODO O ESTADO.
SERÍA CONVINTE QUE ESA DENUNCIA FEITA POR SOS COUREL OU A REDE FORA EXPOSTA NESTA WEB ASÍ COMO A NOVA DWSCRITA PARA QUE CALQUERA ENTIDADE, CIDADÁN COMO VANN ETC. TAMÉN A ASINASE E A ENVIASE Á COMISIÓN .
De todos os xeitos, é fundamental as movilizacións e protestas sobre este tema e que participe a cidadanía dunha maneira importante, que cada persona,, entidade etc. envíe cartas, comuniocados nos medios de comunicación, outras webs ou blogs ou denuncie( mellor en directo) na radio este tema; escriba ao presidente da Xunta indicando a súa disconformidade e que non pensa votar a un goberno que destrúa atra o mellor do patrimonio do noso pobo e que o cumpra e, por suposto, que participe nas multitudinarias movilizacións de GALIZA NON SE VENDE ademais de comentar esta salvaxada cos veciños/as, amigos/as e conñecidos/as e presionar para que a Xustiza española funcione que xa é hora que os espazos protexidos ou naturais e culturais de enorme valor non se destrúan para beneficiar os intereses particulares das multinacio-
nais, promotoras ou caciques de sempre, abrindo a porta á corrupción( intereses privados, posibles comisións…).
É bochornoso que o goberno galego xustifique a ilegalidade en base aos postos de traballo xerados polas minas do Courel. Tamén a prostitución e o narcotráfico xeran postos de traballo e, de momento, non se lles dá por xustificar tales actividades. Ultimamente prevalece na sociedade e nas forzas sindicais a falacia de que a creación de emprego está por riba de calquera outra consideración. Os comités de empresa abogan pola continuidade de Ence en Pontevedra; os sindicatos valoran positivamente a instalación da papeleira en As Pontes; os partidos políticos de esquerda e nacionalistas apoiaron no seu día a instalaci+on da planta de gas na ría de Ferrol.
O obvio hai que probalo. Malos tempos para a lírica.
Se me ocurren 2 razones para que alguien apriete el boton que desemboque en este desastre de la foto las dos pueden ser simultaneas una de origen economico y otra sicologico. Todo empieza destruyendo vinculacion emocional, y toda casa y pueblo que pueda ejercer un vinculo y una melancolia pa fuera, acerbo cultural y porque no identidad cultural diferente, pa fuera, una estrategia creada en el despacho o bien llevarda por el fulano consigo en el bolsillo como complejo innato debilidad mental e ignorancia mezcladas. Para luchar contra esto no hay que rendirse que es lo que pretenden clarisimamente los grandes especuladores, viendo el destrozo seguir luchando contra la gilipollez, lo mejor mandar datos y denuncias a los que pagan todo esto es decir, la union europea. La cultura de la picaresca y pequeñas miserias de este pais impide toda asociacion, todo el mundo tiene verguenzas y pocas cabezas van altas entre tanta miseria.
Decía Einstein
La vida es muy peligrosa. No por las personas que hacen el mal, sino por las que se sientan a ver lo que pasa.
Hay dos cosas infinitas: el Universo y la estupidez humana. Y del Universo no estoy seguro.
Pero detras de estas obras hay grandes corporaciones que estan adquiriendo más poder que los gobiernos, llevan equipos de chupatintas y consiguen lo que quieren, el reparto de poder entre miles de ayuntamientos tambien tienen mucho que ver con ello y las leyes son juegos administrativos muy endebles cuando se excluye en el empresario de turno una conciencia o etica alguna, su unica etica es la calculadora y poner en juego el mundo de las leyes y los impresos. ¿Que desequilibra esto? esta muy claro, la voluntad de la gente que seria la fuerza que falta , de una poblacion concienciada y es esto lo que falla, no solo porque todavía se necesita mejorar sino por la timidez con la que se actua, yo propongo poner nombre y apellidos a las empresas que hacen estas atrociadades y despertar el sentido de verguenza y que quede el nombre de ello para la historia de lo nefasto, los problemas medio ambientales se acumulan y las leyes solas no pueden parar el poder que las compañias van adquiriendo en el proceso de globalizacion economica, la gente sí y de sobra. No creo que todos los tipos con dinero tengan que ser cazurros como los responsables de la foto, este caso tambien es especialmente lamentable y requiere una mencion especial.
Permitídeme unha reflexión en voz alta sobre o problema do Courel. É polo menos a terceira vez que envío enlaces a MENÉAME coa intención de que o asunto chegue máis aló do Padornelo, pero non hai maneira de conseguir Votos.
É máis doado que La Vanguardia publique algo sobre O Courel que conseguir pasar o filtro de MENÉAME con temas coma este. ¿Alguén sabe cal pode ser o motivo de tanto fracaso?
Compre Solidariedade con SOS COUREL, e non deixar que morra o tema máis sangrante dos ultimos lustros en Galicia Enteira!
Esquecíame de dicirvos que fai hoxe 10 días enlacei esta nova en VIEIROS e tampouco alí se ven demasiadas visitas nin comentario algún…?
Misterios…
http://www.vieiros.com/open/amosar/484/a-xunta-de-galicia-decidida-a-rematar-co-courel
desconozco esas paginas, no soy un cibernauta, me refiero a VIEIROS y MENEAME pero si conozco el COUREL y la foto de lo que destruyeron mete miedo, no sabria como manifestar mi repulsa ni contra quienes pero me gustaria saber los que han hecho el delito, nombre de la empresa para no consumir nada que venga de ello.
tambien me uno a las firmas o cualquier otra iniciativa razonable ,publicar algo en los periodicos sera bien dificil,
mas parecen hojas parroquiales ,
Courel es apetitoso para las pirañas empresariales porque esta escondido de la gente y hai hacen lo que les de la gana, es como cuando hacen tremendas autopistas para unir con todos los respetos A Estradapolis y Cacheiras city por ejemplo, y otroas grandes megalopolis que te escojonas y eligen el trazado donde las casas esten mas dispersas no vaya a unirse en manifestación y nos fastidien los 2 duros que nos sale el chollo.
escribir quizas al greenpeace seria mejor idea,
que desde luego es asunto serio.
Por eso Courel y Ancares no fue nunca parque nacional, para sacarle las entrañas. Os fijais que no hay parque nacionales en Galicia siendo el que hay de una extensión ridicula. Ademas somos los que mas soportamos CO2 de España y de los destacados en UE, la de las regiones con más rios contaminados de Europa Occidental y menos bosque publico. Fraga hizo un buen trabajo dejo semente y una dinamica que como un tren desbocado dificil es de frenar,
A tomapolocú, ale que bonito que quedou,
unha obra de arte,
hai que ter collós para manexar unha escabadora e arrasar con este paisaxe e durmir tranquilo, que grandes son, vaia legado,
calquera dia cambian a escabadora por un tanque e a disparar que total case que é o mesmo.
E seguro que lles pagan unha merda, a alma esta barata aquí.
Quen foi o tontolaba o carallo mazaroco, cerebro de guijarro,
que vomitou esta merda, fede ata dende o satelite. Teñen ganas de leria e emprendeno contra os arboles e os animais. velo pa creelo, ¿de verda que non está feito con photoshop? que atrasados estamos dios mio, que desastre, a foderse toca por culpa duns (…),
Un 0,01 por cento da poblacion pode foder a 99 e pico restante, seguro que hai quen pode xa pagar òs seus fillos o chale a pìe de costa, e os masters do fillo no extranxeiro.
Tremenda bosta pas futuras xeneracions, e o deserto ás portas
, que pena,
que peniña de tipos,
Pet, bloggo… refírome a que nin siquera lugares de internet supostamente progresistas teñen o máis mínimo interese en DENUNCIAR ACTIVAMENTE esta desfesita no Courel… ¿por qué será que adican moita maior intensidade por exemplo á lingua galega que á desfeita da propia terra de Galicia? Será porque da lingua viven moitos e da terra do Courel só quedan catro vellos…? Será… que non hai interese algún en DENUNCIAR ESTA ANIMALADA?
Regálovos un Video: O Courel Agarda…
http://video.google.es/videoplay?docid=817030860603224973&hl=es
Resulta incrible ata que punto chega a desfachatez criminal de moitos medios e persoas que se din progresistas !!!
Estase a silenciar, cando non a censurar descaradamente a denuncia dos horrores medioambientais e sociais que produce o seu Goberno, o seu Beneficio Persoal, o seu proxecto colectivo (que non é o noso)…
Utilizando un cliché da parafernalia nacionalista poderiamos dicir que a súa obediencia é a nosa ruína.
Por certo, irmás e irmaos, estase argallando un autonomeado “Foro Social Galego” que non adianta (na súa web) ningún tipo de belixerancia fronte aos problemas concretos da nosa terra. Agardaremos a súa constitución para esixirlles un posicionamento claro arredor destas desfeitas.
Adiante con GNSV !
Estou soñando ou hoxe día 19 de Agosto había un post anunciando un Testing fotográfico no Courel e horas máis tarde DESAPARECEU misteriosamente desta rede GNSV ?
Que sucede xa temos outro lío máis…?
O importante é Salvar O Courel !!!
http://www.verdegaia.org/content/view/622/1/
Saúde.