A Xunta outorga a Stolt Sea Farm permiso para unha granxa mariña e un criadeiro en Merexo
Segundo publica hoxe o DOG a Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos outorga a esta multinacional a concesión de actividade para unha granxa mariña e criadeiro en Merexo-Muxía. As características desta piscifacoría aparecen recollidas no citado boletín oficial e delas cabe salientar que no criadeiro produciranse 2 millóns de rodaballos ao ano e 400.000 unidades de linguado. Na granxa produciranse 300 t/ano de rodaballo.
A concesión é válida ata o 2015 pero prorrogábel outros 7 anos no caso de que non se puidese ter completado o traslado efectivo das instalacións. Estas ocupan un dominio público marítimo terrestre de 10.993 m2 e un dominio privado de 28.800 m2.
Comentarios recentes