Pages Navigation Menu

ACUDIDE O DOMINGO 20 A CANGAS

 

A situación en Cangas é crítica:
A empresa Puentes y Calzadas está querendo forzar a recualificación dos terreos do Salgueirón mediante a ameaza de reinicio inmediato das obras do porto deportivo que a oposición veciñal ten paradas dende fai dous anos e medio.
Un novo Plan Xeral está iniciandose e este mesmo mes tense que presentar o seu avance.
Hai fortísimas presións sobre o grupo de goberno (ACE, BNG, PSdeG PSOE) para o troco da actual cualificación de industrial a unha de residencial, con obxecto de desenrolar unha urbanización de luxo.
Os terreos pertenecían a antiga conserveira Massó e teñen un altísimo valor patrimonial (estan declarados como ben de patrimonio industrial), natural, botánico e, pola súa cercanía ao núcleo de Cangas, representan un pulmón vital para cubrir o tremendo deficit de Cangas en zonas verdes.
No mar, a construcción dun inmenso porto deportivo, nunha zona de escaso calado e gran riqueza pesqueira, modificaría as correntes da ría, deixando un canal de só 1,3 millas ate o macrorecheo de Bouzas, o que pode comprometer aínda máis o crítico estado de saúde dunha ría da que dependen miles de familias.
A lentitude da xustiza (hai máis de cinco denuncias en curso e dous contenciosos administrativos da Confraría de Cangas), a ambición de empresarios e financieras (Caixanova), e o estudiado desleixo de múltiples políticos involucrados, pode permitir unha absurda pero tremendamente lucrativa recualificación. ACUDIDE Á ALAMEDA VELLA DE CANGAS O DOMINGO 20 ÁS 12. Non permitamos a consumación desta aberración.
CANGAS NON SE VENDE
A RÍA NON SE VENDE
GALIZA NON SE VENDE

Esta concentración está convocada por A RÍA NON SE VENDE dentro das actividades que fan referencia ao día da Terra (22 DE ABRIL), que comezan cun roteiro en bici dende a praza do Rei de Vigo as 10h do día 20, proseguen con actividades de troco e mesas informativas de coletivos na Alameda Vella de Cangas coincidindo coa concentración, e rematan cunha charla coloquio sobre os impactos do cambio climático o día 21 as 19 horas na biblioteca do casco vello de Vigo

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.