Alegacións de Fusquenlla ao PXOM de Pontedeume (II)
5.- Errónea clasificación do solo
A clasificación como solo urbano consolidado en varios zonas non se axusta á LOUGPMR e mostra unha enorme discrecionalidade. En ocasións clasificase como urbano consolidado zonas alonxadas do núcleo e con necesidade de procesos de execución integral e procesos de equidistribución e reparcelamento entre propietarios, pero outras, mais próximas, clasifícanse como solo urbano non consolidado.
Tampouco se xustifica a inclusión de Ver e Arbosa como solo urbano, como xa ditaminou a Xunta de Galicia no informe previo.
Caldagueiro é recualificado como zona urbana non consolidada, legalizando unha obra sobre a que pesan cinco ordes de paralización e permitindo a construción en solo de protección costeira.
Igualmente, outras zonas limítrofes ao centro urbano non poden ser consideradas como urbanas, segundo afirma a Xunta.
A zona de expansión dos núcleos rurais non pode ser superior aos 200 metros. Porén, nalgúns núcleos supérase esta distancia (Vizús) mentres que noutros (Ventosa) non se chega a acadala. En calquera circunstancia, esta zona de expansión non pode abarcar zonas de especial protección, pero en Nogueirosa a expansión do núcleo invade o castro existente no lugar
6.- Irregular recualificación en URDI-1 EINSA
Se por unha banda non procede a recualificación que este plan promove en Andrade, polas causas que a Xunta de Galiza expón non seu informe do ano 2007, por outra debe considerarse a inxusta medida de incluír terreos que non son propiedade da empresa Einsa. Neste caso solicitamos a retirada do devandito proxecto presentado a instancias da empresa.
7.- As zonas marcadas como protección paisaxística son simbólicas
A pesar do afirmado non PXOM sobre a necesidade de protexer a paisaxe de Pontedeume, amplas zonas do concello carecen de protección, como a franxa comprendida entre a costa e a estrada AC_4803, que une Pontedeume con Perbes, a ladeira de Breamo e lugares das parroquias de Onbre e Nogueirosa.
8.- O casco histórico ten un tratamento residual
O POXM unicamente indica que en breve se vai redactar un Plan Especial de Rehabilitación, pero desde que en 2003 comezaran os trámites para o establecemento dunha oficiña de rehabilitación e a declaración de área de rehabilitación integral, non se produciu ningún avance e o deterioramemto dc conxunto prosegue cun ritmo acelerado que dificultará a súa futura restauración.
Asemade, a catalogación de bens culturais apenas inclúe unha vintena de edificios, quedando excluídos importantes exemplos da arquitectura tradicional e gran aprte da obra de senlleiros arquitectos do pasado século, como Antonio Tenrenrio, Peregrín Estellés, Rodolfo Ucha ou Eduardo Rodríguez.
As medidas de protección no casco son mínimas, permitíndose os aumentos de volume e de altura.
O Pxom debería fixar un prazo de aprobación do Plan Especial e impedir a construción de nova planta ata a súa aprobación, limitando as obras á rehabilitación e impedindo o aumento de altura e volume.
9.- Falta de protección de elementos do patrimonio cultural
O Pxom permite a expansión do núcleo de Nogueirosa sobre parte dos terreos adxacentes do castro de Nogueirosa, que deberían figurar como solo de especial protección do patrimonio cultural. Nunha situación semellante atópase ou castro d´Aurela, profundamente alterado polas actividades extractivas dunha canteira.
10.- Erros na delimitación das zonas de protección costeira
Motivados pola incorrecta medida dos 200 metros que a lei estipula, como ocorre en Centroña e Nogueirosa.
11.- Innumerables terreos de labradío son incluídos como de protección forestal
Co conseguinte prexuizo para vos propietarios e a consabida perda da riqueza agropecuaria. Esta inclusión de leiras de labradío en zonas de protección forestal danse na práctica totalidade do rural eumés. As presentes alegacións teñen por obxecto conseguir que os actuais terreos que o Catastro clasifica como arables ou de labradío sigan sendo considerados como tales polo PXOM.
Ademais o PXOM non contempla a cualificación de terreos rústico de protección ordinaria, convertíndo estes en solo de protección agropecuaria a pesar de non posuír as carcterísticas deste tipo de chan.
Some time ago, I did need to buy a good house for my organization but I did not have enough money and could not buy something. Thank God my mother suggested to try to get the loans from trustworthy creditors. Hence, I acted that and was happy with my small business loan.