A Nosa Terra: “Alertan das catastróficas consecuencias do lago artificial”
Segundo os ecoloxistas, as augas do Eume volveríanse máis ácidas e prexudicarían o Parque Natural das Fragas e ao marisqueo.
A Plataforma Galiza non se Vende acaba de publicar un artigo no que se detallan as posíbeis “catastróficas” consecuencias do lago artificial. Esta é a solución coa que Endesa pretende cubrir a mina de lignito das Pontes, que acaba de fechar.
O máis simple é o mellor?
“Para acometer a restauración da zona afectada, a empresa optou pola solución máis económica e tamén máis lesiva dende o punto de vista medioambiental” sinala o texto. En concreto, os ecoloxistas alertan das “catastróficas” consecuencias para o Parque Natural das Fragas do Eume e o marisqueo en Pontedeume, que se atopan corrente abaixo do futuro lago.
Perigo para a fauna
No artigo destácase que “a posíbel filtración aos acuíferos que verten ao Eume podería contaminar este río que nutre a unha gran hábitat de calidade inconmensurábel como son as Fragas do Eume”. Os denunciantes indican que as augas do lago, que terá unha extensión similar a da cidade da Coruña, serán moi acedas, o que pode causar “a desaparición de moitas especies de vertebrados”.
O inicio do transvase de auga do Eume cara o lago estaba previsto para este mes.
CRÍTICAS A UN CATEDRÁTICO. Un polémico informe de impacto
Na opinión de Galiza non se Vende, o informe presentado por Endesa ante a Xunta non é obxectivo. Acusan o seu autor, o catedrático e Edafoloxía da Universidade de Santiago, Felipe Macías, de elaborar un documento que serve descaradamente os intereses empresariais”.
Por iso a Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla dirixiron recentemente un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente no que piden un informe independente sobre os efectos do enchido da mina de As Pontes.
Comentarios recentes