Alta velocidade ferroviaria: o debate inexistente

O calendario da chegada da alta velocidade a Galicia, as recentes inauguracións de novos treitos de AVE en Castela e Andalucía, os problemas asociados ás obras do AVE en Barcelona,… Moito se ten falado ultimamente da alta velocidade, entendida aquí como aquela que permite aos trens circularen até a 300 Km/h, caso da futura liña Ourense-Santiago, non do “AVE” do Eixo Atlántico. Porén, nin no noso país nin no resto de España se debate sobre o máis esencial: a súa conveniencia ou non. Un artigo de Xosé Veiras. Le o resto do artigo en Cos Pés na Terra

3 Comments

  1. AVE DE MAL AGOIRO

    O sábado 4 de agosto, un grupo de colectivos atenderon a chamada da asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido para participar na quinta edición dos encontros Terra de Tod@s, titulada ‘AVE de mal agoiro’. No salón de actos da antiga Cámara Agraria de Cerdedo expresaron as súas opinións os representantes de Adega, Vaiplolorrío de Pontevedra, Verdegaia, a asociación Outeiro e o centro de estudos Chamoso Lamas de O Carballiño, o sindicato Confederación General del Trabajo, a Coordenadora Anti-autopista e a asociación cultural Caleidoskopio de Vigo.
    O tema a debate foi a construcción do tendido do ferrocarril para o Tren de Alta Velocidade (TAV) na comarca de Terra de Montes, con especial atención aos efectos que causarán as obras no concello de Cerdedo.O punto de partida expresado por Verbo Xido, en concordancia cos demais colectivos, non é outro que o rexeitamento frontal desta infraestructura, por considerala innecesaria e non axeitada nas súas características ás necesidades de transporte dos/as galegos/as, ademais de provocar unha desfeita no patrimonio medioambiental dunha sociedade cuxas posibilidades reais de supervivencia, desenvolvemento económico e dinamización baseanse, en boa parte, no turismo rural, e erguer unha fronteira no territorio.
    As conclusións da xornada, no relativo as consecuencias da implantación do camiño de ferro para o TAV en Galicia, resúmense en catro puntos:
    1. Ten un gravísimo impacto ambiental, porque as velocidades pevistas esixen trazados rectilíneos, curvas cun radio mínimo de 5.000 metros e pendentes máximas do 2,5%, que obrigan a grandes desmontes, terrapléns, viaductos e túneis, cos seus correspondentes movementos de terras e a proliferación de raveiras e entulleiras.
    2. Provoca fortes niveis de ruido e un desproporcionado consumo enerxético, que resulta inaceptable pola incidencia negativa no cambio climático.
    3. Emprobrece, marxina e ailla a aquelas pobacións polas que circula, ó tempo que polariza a riqueza nas cidades onde estén asentadas as estacións, contribuindo a potenciar o desequilibrio do territorio e a especulación urbanística.
    4. Supón un altísimo custo económico para conseguir una mínima rendibilidade social, por tratarse dun medio de transporte elitista, e promove o deterioro do ferrocarril convencional (pechanse as estacións e recurtase o número de trens), en lugar de potenciar unha rede que serva para artellar Galicia.

    No apartado de propostas, son dous os acordos:
    O primeiro pasa pola necesidade de apostar polo ferrocarril polas súas indubidábeis ventaxas ambientais e sociais, concibido como un transporte verdadeiramente público, que absorba o trásfego de pasaxeiros e mercadorías da estrada, ben conectado con outros medios, e que contribúa a reducir o consumo de enerxía e a contaminación, ademáis de coesionar o territorio.
    O segundo é xerar a apertura dun debate social riguroso e transparente sobre o futuro dos camiños de ferro, para decidirmos conxuntamente as solucións máis axeitadas ás nosas necesidades reais, desde o punto de vista ambiental, social e económico.

    Como representantes de centos de socios e simpatizantes que participan nos actos e accións reivindicativas que organizamos e sintonizan cos nosos plantexamentos, os colectivos que protagonizaron a xornada de Terra de Todo@s expresamos o propósito de utilizar as vías legais ao noso alcance para tratar de frear esta iniciativa ou minimizar o seu impacto negativo.

    Tamén queremos deixar a testemuña da profunda decepción que está a provocar o posicionamento das forzas políticas, vendo o apoio entusiasta que lle prestan a unha iniciativa da que as grandes beneficiarias son as empresas adxudicatarias da realización das obras. Particularante sangrante resulta no caso daqueles partidos que se autotitulan de progresistas e de esquerdas e dos sindicatos que din defender os intereses da clase traballadora, e o paupérimo argumento que esgrimen e repiten, un día si e outro tamén, os seus dirixentes para xustificalo, que se resume na necesidade de chegar a Madrid en menos de tres horas.

    “O culto ao progreso é unha crenza universal imposta pola modernidade que non admite ningún tipo de discrepancias. Un concepto fundamental nesa falsa concepción é o que se refire á velocidade. Hoxendía todo o mundo ten présa por chegar a algures. A velocidade é un fin en sí mesma, a ela lle renden veneración os seguidores da nova idolatría. Nesta loita suicida por reducir á mínima expresión o tempo e as distancias, constrúense estradas, autoestradas e liñas de ferrocarrís con vocación hipersónica; grandes obras que, ás veces, responden tan só a decisións políticas”. (Boletín de Verbo Xido, número 17, febreiro de 2007).

    Cerdedo, agosto de 2007

    O día 17, “Verbo Xido” tamén estará en Compostela

  2. Ademais de que cando implanten o Ave, a parte de todos os seus incontables inconvenientes, xa será un medio de transporte obsoleto. Penso que se debería apostar por a investigación e desenrolo doutras alternativas de comunicación. Poño por exemplo o tren magnético de xapón. Tan rápido ou máis que o Ave e con moita mais flexibilidade nos seus trazados.

  3. Houbo hoxe manifestantes contra o AVE en Compostela?

Deixa una resposta a Dionisio Pereira Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.