Pages Navigation Menu

Amigos da Terra

A asociación conta cun número considerable de socios e socias que, distribuídos polo territorio galego, conforman grupos comarcais co obxectivo de abordar os problemas ambientais máis locais.

Promovemos o voluntariado local e internacional a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Porque queremos que a xente se implique na protección do medio ambiente, contamos cun servizo de asesoría xurídica (Montse: xurídico@amigosdaterra.net ) gratuíto para canalizar as denuncias e infraccións ambientais detectadas pola cidadanía.

Durante os derradeiros anos, centramos os nosos esforzos en cinco áreas de traballo:

  • Cambio climático– o proxecto estrela “A Aposta” é unha campaña de educación ambiental que pretende concienciar sobre o cambio climático ofrecendo solucións aplicables na nosa vida cotiá. Este proxecto vaise ampliar a máis sectores poboacionais, ademais dos centros escolares. Tamén, dentro desta área, porase proximamente, en marcha a Campaña Fai Lenda, campaña de presión política para que se elabore unha lei estatal de redución de CO2: é necesaria unha transformación social urxente.

  • Residuos– caracterízase pola presión política para lograr unha xestión adecuada dos mesmos, sensibilización e promoción da redución dos residuos, implicando á poboación en proxectos concretos como a compostaxe.

  • Consumo sustentable– centramos os nosos esforzos na sensibilización i educación da cidadanía sobre o papel que desempeña o consumidor á hora de elixir qué produtos mercar. Traballamos en temas como Comercio Susto, Agricultura ecolóxica e o Organismos xeneticamente modificados e estamos promovendo accións para que se declare Galicia “Zona Libre de Transxénicos”.

  • Cooperación ao desenvolvemento– é fundamental concibila cun enfoque ambiental, porque cremos que o verdadeiro desenvolvemento é aquel que preserva e mellora as bases ambientais garantindo o desenvolvemento integral da sociedade humana.

  • Conservación e Usos da terra– contémplanse todas as actividades e campañas centradas na repoboación forestal e presión política para lograr unha xestión adecuada do monte.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.