Pages Navigation Menu

Ante a chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán convoca unha Concentración en Ferrol, este Venres 6 de Xuño

Ante o anuncio de entrada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca, este venres 6 de Xuño, ás 7 da tarde, unha Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia e posterior Manifestación até a Praza do Concello, diante do Pazo Municipal onde están pechados desde o pasado Martes un grupo de voluntar@s do Comité, para reclamar, entre outras demandas, o cese de actividade de REGANOSA.

Urxente:

  • Roda de Prensa día 5 de Xuño, ás 12 do mediodía, no salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol
  • Concentración día 6 de Xuño, ante a chegada dun novo gaseiro, para a ilegal e perigosa REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Convoca aos Medios de Comunicación, a unha RODA DE PRENSA Xoves 5 de Xuño, ás 12 horas no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol para informar sobre:

________________

Asemade, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia

Convoca

Venres, 6 de Xuño, ás 7 da Tarde

CONCENTRACIÓN CACEROLADA

Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol

e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,

onde están pechad@s membros do CCE.Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Características do buque:
Buque:LNG Rivers
Bandeira:Bermudas
Eslora:289 m.
Manga: 28 m.
LGN: 60.000 T.
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
______________

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Manifestación desde o Porto de Ferrol

8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

http://comitecidadan.org/

_____________

One Comment

  1. URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLO CCE

    Debido ao cambio na data de entrada do gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado 7 de Xuño, trócase a convocatoria prevista para o venres, para ese día, ante o anuncio da entrada na Ría do 21º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa

    O Comité Cidadán de Emerxencia
    Convoca
    Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas
    CONCENTRACIÓN CACEROLADA
    Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
    e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello,
    onde están pechad@s membros do CCE.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.