Pages Navigation Menu

Anxo Quintana: “Paréceme moi positivo que Galiza non se venda”

En periodo electoral ocorren as cousas máis inimaxinables. Os políticos aspirantes a cargos públicos están convencidos do enorme poder mediático das palabras, máis que dos feitos. Por iso non escatiman esforzos para artellar un discurso á medida das preocupacións dos votantes, aínda que resulte incoherente coa praxis executada en tarefas de goberno. Un exemplo, dos moitos que se poderían expoñer, deuno Fernando Blanco, conselleiro de industria. Coñecedor da intranquiilidade que xeraban os aeroxeradores das empresas eólicas, ante a pregunta do Faro de Vigo no ano 2005 de se se ían conceder novas licenzas de parques eólicos afirmaba o seguinte:

-Galicia ten dabondo. Non se pode encher o país de parques eólicos. Temos que aproveitar máis os que temos. As novas tecnoloxías permitirán incrementar en máis dun trinta por cento a produción. Estamos ben posicionados no campo da enerxía eólica, sen embargo, na enerxía solar non existimos. Trátase de diversificar para que calquera cambio sobre o petróleo teña menos efectos sobre a economía galega.

Logo xa sabemos o que pasou. O conselleiro do BNG autorizou, sen rubor algún, decenas de parques eólicos mesmo en terreos da Rede Natura.

O vicepresidente da Xunta e candidato a presidente polo BNG afirma nunha entrevista concedida a Galicia-Hoxe que el tamén se suma a que Galiza non se venda. Estas son as preguntas e respostas do aspirante.

O domingo 15 sairá á rúa Galiza non se vende. ¿Apoiar o Plan acuícola foi un dos grandes erros do BNG nesta lexislatura?

Neste goberno estase para gobernar e levar a cabo un programa froito do acordo de dúas forzas diferentes. Fraco favor lle fariamos ó país se pensasemos que o proxecto do BNG se pode implatar a ferro e sangue con 13 deputados. Se se cre que cousas no goberno se deben de realizar doutro xeito e se entende que o BNG as pode lograr, o que hai que facer é apoiar o BNG para que teña máis forza e poida facer máis cousas desde as teses do BNG. Mentres non sexa así, haberá cousas do goberno inspiradas polo BNG e cousas inspiradas polo PSOE e así o temos que asumir democraticamente porque iso foi o que decidiu a cidadanía galega.

Logo, o que vostede lle di á xente que se vai manifestar é que vote ó BNG...

Eu o que lle digo ós manifestantes é que están no seu dereito a manifestarse, que me parece moi positivo que Galiza non se venda, eu tamén me sumo a ese slogan, pero agora o que toca é arrimar o hombro para conseguir que os cambios estruturais que fomos capaces de pór en marcha en Galiza teñan a súa continuidade e aumenten na próxima lexislatura. Estou seguro de que todos os que participan en manifestacións dese estilo non só lle queren a Galiza senón que queren cambios estruturais para Galiza e saben que iso só pode vir da man do BNG.

De seguir coa dinámica do Sr.Blanco, cabe esperar que o Sr. Quintana venda non só Galiza senón algo máis. Por iso é fundamental que os galegos lles deixemos claro o próximo día 15 que non imos atender ás palabras lanzadas en plena voráxine electoral, que sabemos distingiuir entre realidade e propaganda e que demandamos unha rápida e eficaz intervención para erradicar as nefastas políticas que están a devastar a paisaxe e a sociedade galega

22 Comments

  1. Xusto cando mercado fracasa na aldea global o bng-upg privatizan o aire, facendo patria, para producir mais, sabendo que hai que consumir menos.
    E non conformes con ese cambio estructural piden o voto dos astencionistas que derrotamos a fraga como senon pasara nada.

    cousas de nacionalistas e socialdemócratas que pensan que son o fin da HISTORIA!

  2. Eu penso que o unico que queda a desobediencia civil e esixir por todolos medios que teñan en conta a opinion da cidadania concienciada (forzalos a establecer mecanismos participativos e vinculantes ¿non se reunen cos empresarios? ¿por qué non se reunen cos colectivos sociais?) hai que deixarlles ben craro que non lles imos votar, resiñados por non ter nada millor (eu xa non trago a mesaxe “ou nós ou o caos do PP” )

  3. Concordo contigo con que só nos queda a desobediencia civil, concepto moi amplio que non hai que reducir ao abstencionismo eleitoral.

    O abstencionismo, ou é activo ou é simple pasotismo, resignación…

    Outros métodos de acción directa non violenta son moito máis eficaceis. Paralizá-las obras, boicotá-lo suministro de materias primas e a producción, “escrachear” aos culpabeis…

  4. Imos ver unha cousa que me aclare…Galiza non se vende non está dacordo sobre todo coa actiación do BNG na Xunta, o cal é lexítimo, acúsaselle do plano acuícola, do eólico, de Mugardos, de calquera cousa negativa a nivel ambiental que pase en Galiza. Pois moi ben, quero seguir vendo este blogue tan crítico co PP no goberno, así téñeno doado. Cal sería a idea de Gobernar a nivel do Medio de GNSV? Seguro que se lle poderán facer mil críticas. Pero claro, para iso hai que chegar a gobernar

  5. O que vexo eu é que GNSV critica as malas políticas do bipartito, sen importar se as protagoniza o BNG ou o PSOE. Tamén vexo que os colectivos que a forman son tan críticos agora como o eran antes co PP, cousa que non pasa con outras organizacións que non están ou que marcharon de GNSV cando ésta se converteu en algo moi incómodo para o BNG.

    Señor Quintana, eu non me creo que con máis BNG na Xunta e no Parlamento vaia haber máis ecoloxismo. O ecoloxismo do BNG é como o galeguismo do PP. Sabemos moi ben que apoia REGANOSA, centrais térmicas, portos exteriores, autovías a todas partes, parques eólicos en espacios naturais, etc, etc. Teñen moito en común con PP e PSOE.

  6. Está ben eso de xustificar a mala gobernación como efecto secundario da propia gobernación. Ou é o que dá a entender Loureiro, que de por si é ridículo, tentando el xustificar os erros, ao parecer involuntarios (eso si, agora irreversibles de facto), da lexislatura progresista.

    Hai unha desvergonza total na mediocridade bloqueira que dirixe actualmente o partido, i é que como se percibe nas declaracións de Quintana, a visión parcial da realidade que orixina o crer que o nacionalismo é a solución total de toda índole de problemas, ergo o Bloque como único representante da tendencia é o salvador final do destino de Galiza, causa en definitiva a omisión inconsciente de todo erro gubernamental. Se ben moito peor sería a omisión consciente, tamén ben certo é que de xente máis sagaz sería iso indicativo.

    Ao que non hai dereito é a presentar a opción BNG+PSOE ou BNG por si solo ou PSOE por si solo, como un xeito virtuoso de revolucionar a situación galega, xa que non son precisamente exemplos, polo que nos deron a entender con feitos (anque si con palabras) da ruptura coa continuidade dereitista coa que nos vimos obrigados a convivir en anos anteriores.

    Son simplemente outros dous partidos políticos nos que a esquerda lles outorga tres ou catro pinceladas, para uso demagóxico, a un cadro costumista.

  7. Desde mi punto de vista, me siento decepcionado,engañado e indignado con la política llevada a cabo por Quintana, especialmente por la ambiental, me había creado unas expectativas de cambio en la forma de gobernar, que podría traer cosas positivas e innovar y me encuentro con un continuismo del fraguismo, lo cual de una forma más suave era de esperal por parte del PSOE, pero no del bloque.

    Y ahora me pregunto, a quien votaré? quién será elmenos malo?. votaré a los verdes por ver si alguna cara nueva aporta aire fresco a este panorama político que apesta en la actualidad.

    Loureiro, para nada estoy de acuerdo contigo, gobernar no es fácil de acuerdo, sin embargo hay otros modelos a seguir como lo pueden ser en países del norte de Europa donde parten de premisas tan esenciales como son el respeto por parte de todos a la “tierra”, puesto que de ella venimos y de ella nos alimentamos.Y con esos principios desarrollan sus politicas económicas, las cuales son mucho más productivas que las nuestras.Líderes en produccíón de energía, en piscifactorías…y aún así estamos a la cola de Europa (eso si, con nuestra riqueza toda despellejada)

    Buen futuro dejamos a los que nos preceden.

    En fin, creo que me enrollé un poco, pero es que no puedo ver delante a nuestros “3 principitos”

  8. As posturas críticas sempre son ás que eu tendo, non concivo a vida sen sen crítico, sempre coa posibilidade de avanzar de mellorar, de subir chanzo a chanzo, e sobre todo para non retroceder. Que o goberno do PSOE-BNG non foi o perfecto para min, iso sen lugar a dúbidas, quedaron moitas cousas que facer e realizar, algunha ilusión rompida pero que houbo unha grande mellora en case todos os campos de acción do goberno iso rebátollo a quen queira. O que tamén son, seguindo a miña liña é ser críticos cos críticos, a esquerda é o que temos, é difícil que nos conformemos coas actuacións dun goberno no que nós confiamos. Para nós a nosa confianza é un compromiso. Así se non se cumpren as condicións pola que demos esa confianza, criticaremos. Seguramente GNSV ten razón na meirande parte dos seu postulados e habería que exixir un compromiso maior co Medio. E agora pregunto, co goberno bipartito foise cara a atrás nas políticas ambientais? Se volta gobernar o PP seguiremos cos mínimos avances que houbo ou voltaremos ao de antes? E xa que estamos en plena campaña electoral, a quen favorece esta manifestación? A GAliza e a cidadanía galega se se cumprisen os postulados de toda GNSV, pero a que partido?

  9. Aínda estades a tempo de aproveitar a movida de GNSV. Arrepentídevos durante a campaña eleitoral e deixade a arrogancia para o PP. Recoñecede que vos equivocástedes. Deixade de chantaxear de que veñen outra vez. Nas vosas maos está.

    Saúdos

  10. Chantaxe dis, Courelio? O Candidato do PP acaba de pedir o voto, “aos defraudados” Sería cousa para pensar…ou tal vez non e xa está claro. Agora mesmo estou escribindo isto coa camisola de GNSV posta. Para que vexas que eu defendo os principios de GNSV, pero non o momento desta manifestación.

    E falando de GNSV, como poden estar dentro plataformas que chocan nos seus intereses entre elas? E que non pulan por un transporte sustentábel, que seguen a apoiar o uso do coche como medio de transporte. Estoume a referir á Plataforma Contra a Variante Interior de Noia e á Plataforma Contra o Viaduto e a Variante de Outes. XA vedes que as cousas perfectas non se fan en case ningún sitio.
    Apertas

  11. Oportunísima mobilización contra a política de destrución sistemática da terra e do mar.

    Señor Loureiro e demais partidistas que pensan que este non é o mellor momento para defender a terra:

    – A cidadanía autoorganizada NON ten un programa político partidario como teñen vostedes.

    – Estamos contra a desfeita, goberne quen goberne.

  12. Como sabes que son señor? De todos os xeitos iso de “destrución sistemática da terra e do mar”… quedáronche os outros dous elementos o vento e o lume, tamén destrozados sistematicamente neste Goberno. HAi que ser serios coas críticas…

  13. Mellor celebrar a manifestación en paz, e logo xa falaremos.

    Mire SR/Sr LOureiro/a:
    Xa me perdo con tanta tenrura, pero sabe vostede que no Courel hai represaliados hoxendía, ¿onde estaba o BNG e PSOE, cando o PP e a empresa da Caixa Galicia nos arrastraron ata os xulgados, para que nos fixeran pagar unha indemnización monstrosa?

    Onde está o mínimo programático de coidados ambientais do BNG e PSOE?

    Como se pode consentir esa ociosa, bestial e caciquil desfeita do Courel?

    Canto tempo levamos avisando ? Xa avisáramos antes ao PP !

    Pero non hai ganas de salvar nada, hai outros intereses.

    Pode vostede mirar o que opinan dende o BNG sobre a situación do Courel:

    http://quin.tv/video/180-resposta-sobre-o-courel

    Nos perdonamos a todos, pero o Courel non pode perdoar.

    O Courel non é de caixa Galicia

  14. O voto nulo é a única opción auténticamente libre, crítica e alternativa que nos deixa o sistema electoral. O voto nulo é o único voto activista. Quen vota nulo molestase en pensar e elaborar unha papeleta, molestase en ir ao colexio electoral… e todo elo para realizar un acto de protesta, sen máis valor que o da denuncia pública e simbólica. Ese é o modelo de activista social que transformará a sociedade globalizada. Non o que segue aos partidos e seus sistemas a modo de masa gigantesca hacia o pazo de inverno, senón o creativo, luitador e independiente; imprevisible; autónomo.

    Só podo inmaxinar máis que intereses partidistas a aqueles/as que non permiten desenrrolar unha inicitiva nacional en prol do voto protesta, o voto nulo

  15. Hainos con jeta, con moita jeta e como o sr. Quintana que fala como se estivese na oposición e como o resto do BNG, é experto no “dobre xogo”, tentando confundir á cidadanía a que non vai engañar máis, nin el e os falsos nacionalistas que están gobernando na Xunta, nin os seus compañeiros que de “socialistas” só teñen o nome.
    Uns e mailos outros, vendéronse ao grande capital e queren gobernar outra vez para seguir “facendo país”, destríndoo e facéndoo desaparecer, iso que eles chaman “o progreso” (para eles, claro).
    Traizoaron ao pobo e, moito antes aos seus principios e ideoloxía,(se algunha vez a tiveroin) e agora non veñen co “coco”. Ese conto está moi gasto, é un insulto á intelixencia do pobo, que é máis listo do que eles se cren.
    Un pobo con dignidade castiga aos que traizoan, destrúen o país e se venden ao mellor postor,permiten o seu saqueo, elaboran ou modifican leis para responder a certos intereses privados ou especulativos cando non aos seus propios, confuden o interese xeral cos intereses particulares ou cos seus intereses, permiten e fomentan a corrupción e clientelismo e non loitan contra ela, minten ,manipulan, controlan acérrimamente aos medios de información públicos como única resposta a tanto PLAN NEFASTO E DESFEITA CRIMINAL QUE, NALGÚNS CASOS, NIN FRAGA SE ATREVEU A LEVAR A CABO.
    aÍNDA POR RIBA, PERSIGUEN OU ACOSAN AOS QUE PENSAN DIFERENTE OU DENUNCIAN TANTA CORRUPCIÓN OU ESPECULACIÓN SALVAXE.
    Claro que un cidadán que sabe cómo son absténse nas eleccións e leva a cabo medidas de desobediencia civil,´pois co seu voto non van acabar co país ou permitir que o diñeiro que debera ir para os servizos sociais, sanidade e educación vaia para autovías e vías de alta capacidade, onde non hai case tráfico ou pola costa virxe e protexida favorecendo así o modelo do Mediterráneoque é o que nos queren impoñer,ou un AVE para 4 ricos, incomunicándonos en Galiza e contaminando moito máis o noso contorno.
    Que lle voten as multinacionais e as promotoras e grandes construtoras ás que serven tan ben!
    NON TODOS SOMOS NIN QUEREMOS SER ANXO QUINTANA, SENÓN NÓS MESMOS, CIDADÁNS LIBRES E SOLIDARIOS.

  16. Loureiro:
    Señor ou señora, fala vostede coma un señorito.
    Aquí, neste país, falabamos de terra e de mar antes de que co seu goberno continuara coa desfeita. Lémbrolle que o seu conselleiro de montes non puxo coto ao LUME e que o seu goberno non perseguiu aos culpables. Do vento falabos outro día, cando aprenda a falar sen odio.

  17. Ben, o pensar de Loureiro é o que se está a espallar nesta sociedade de obviedades e tendencia ao pensamento simple. Como ben di GNSV, esta manifestación está convocada moito antes de se saber do adianto da cita electoral, e non podemos agora recuar, porque recuar sería precisamente indicarlle a estes políticos que nos decepcionaron que temos que nos dá medo o PP e veríanse reforzados nas súas teses.
    Son un dos milleiros de galegos decepcionados polo Bipartito en certos eidos, moi moi importantes na nosa capaciade produtiva, pola carencia dunha política ambiental lóxica e urxente, totalmente compatíbel co progreso, cousa que aquí non parecemos entender porque o noso tecido industrial é propio de 25 anos atrás, e o peor de todo, a mentalidade do noso empresariado e os nosos gobernantes é a do “vale todo”.
    Non sei que acontecerá mañá, seguramente se diga de nós que somos ananos q lle creceron ao bipartito, unha sorte de espías enviados polo PP para reventar as eleccións, teremos que convivir con iso, pero haberá que esforzarse por que entendan que a nosa postura é inflexíbel no que toca aos abusos dos gobernantes. Concordo con Loureiro que hai certas asociacións que semellan estar un pouco de tapado se miramos o que defenden, pero tamán as vilas pequenas teñen dereito a mellores comunicacións, iso si, abonda xa de asfalto e transporte por estrada!
    O lema é o máis axeitado que se podería pensar e hai que berralo ben forte.
    GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!

  18. Boa noite!! Quero dar os parabéns á organización da manifestación de GNSV. Lográchedes xuntar máis persoas que as do pasado domingo o cal di moito do noso país e dáme forzas para seguir cara a adiante.
    Son rapaza, chámome Rosa Loureiro, pero ao ver o apelido xa pensamos en homes.

    E sen desmerecer nin criticar ás persoas participantes na manifestación, si querería falar da plataforma en conxunto. Hai asociacións, colectivos, organizacións que teñen e terán sempre o meu respecto pola súa loita sincera polos intereses de Galiza e do seu medio, pero isto non pode facer que tamén vexa colectivos, dentro do grande paraugas que é GNSV, que non pulan polo ideario de GNSV, miran polos seus propios intereses localistas e en moitos casos enfrentándose a outros colectivos de GNSV.

    Eu persoalmente, fun á manifestación de GNSV do ano pasado, este ano decidín non participar, xa que considero que lle estaría facendo o labor ao PP, cousa que baixo ningún concepto quero. É a miña opinión persoal e si penso ir votar o 1 de marzo e si penso que o noso país ten futuro.

  19. ¡Ben-vido sexa G.N.S.V. porque niste país necesitase con urxencia algunha organizacion que sexa capaz de aglutinar a toda-las/os xentes deste pais que nos encontramos noutras sensibilidades politicas que non representan nin o BNG nin PSOE. Sí o BNG, perdeu ó norte,si ten problemas intrenos sí a súa militancia ó está abandoando deben `preguntarse ¿ porqué?. Iles, xa non recordan nin os principales principios que a xente de esquerdas debemos manter ata o final.Por iso necesitamos un camiño que se ten que labrar a esquerda e que poida sair o mellor porque non apartir de GNSV. Os que queremos outro mundo non posdemos conformarnos con medias tintas, nin aceptar chantaxes emocionales si non votades BNG ven outra vez a dereita, ¡XA NON! . Eu son dos que esixo canles de democracia directa, asambleas por o que estou en contra de darlle calquer empresa capitalista, xa sexa da terra ou foranea os nosos rios, os nosos montes e o noso patrimonio. sí o BNG ou ó PSOE queren o meu voto que o ganen, eu non son uhna desas vellas que o Anxo Quintana saca a bailar nos centros da 3a idade. A politica de esquerdas ten que ser moito mais serio , sin descartar o baile , por soposto. Por ultimo (hoxe) oBNG ten que se dar de conta de uhna vez por todas que iles non son Galiza nin a patria, iso somos todos!. SAUDE

  20. FALÁN DO PP E COXEÁN DO MESMO PE,E UNHA VERGOÑA QUE DEIXEMOS A ESTES FASCISTAS FACER ESTRAGOS EN GALIZA

  21. Lido hoxe no xornal El País:
    El PSdeG empieza a ver las orejas al lobo. Las encuestas detectan una gran desmovilización, y los socialistas temen que la abstención de la izquierda, de esos miles de personas que hace cuatro años votaron para echar a Manuel Fraga, sea letal. Por eso, la campaña de Emilio Pérez Touriño ha dado un giro. Ha dejado el tono presidencial de los primeros días y, en un tono mucho más contundente, el candidato trató ayer de movilizar a esa izquierda recordándole qué pasaría si el PP recuperara la mayoría absoluta. Para hacerlo explotó al máximo la mala imagen del PP. “Feijóo pretende usar Galicia para ayudar a Rajoy a reconquistar La Moncloa. El PP gallego será una fotocopia del partido de Aguirre y Camps. Pero Galicia no se vende”, llegó a decir.

  22. Con Freijoo imos de cú,

Deixa una resposta a antonio Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.