apoio á manifestación no Burgo
A Rede Galiza Non Se Vende solidarízase cas mariscadoras e mariscadores da ría do Burgo na Coruña e apoia a importante manifestación que terá lugar mañán, sábado, día 21 de xuño, ás 19:30 h. (con saída dende a Praza da Palloza).
Solicitamos, dun xeito urxente: o saneamento integral da Ría do Burgo e das demais rías de Galiza; o cumprimento da Directiva Marco da Auga; a eliminación dos vertidos de todo tipo á ría e que estes feitos non fiquen impunes esixíndose responsabilidades penais aos culpábeis dos mesmos; a anulación das sancións ou multas ó sector mariscador; xustas axudas económicas ao mesmo, especialmente nas rías declaradas “Zonas C “; e un control serio por parte da Xunta, Ministerio de Medio Ambiente, Consellerías de Medio Ambiente e Pesca e Concellos de todos aqueles factores que deterioran ou destrúen as nosas rías co obxectivo de protexelas dun xeito efectivo, realizando os investimentos e utilizando a tecnoloxía de depuración que se precise para salvagardar a saúde pública e os medios de vida de sectores económicos que como o marisqueiro ou o pesqueiro de baixura son compatíbeis coa conservación do noso litoral e manteñen moitos milleiros de postos de traballo.
SALVEMOS ENTRE TODOS E TODAS A RÍA DO BURGO E AS DEMAIS RÍAS GALEGAS!!!
3 Comments
Trackbacks/Pingbacks
- Plataforma para a defensa da Ría do Burgo » Blog Archive » A plataforma organiza unha nova manifestación para setembro - [...] Galiza non se vende [...]
Estuve en la manifestación y, aunque sólo había algo más de 1000 personas como reconocen algunos medios fue importante porque es un primer paso y porque estamos en A Coruña donde casi nadie se manifiesta por estos temas y en general aunque es cierto que a la gente no le gusta que su ría esté contaminada y la prueba de esto son las más de 17.000 firmas que los mariscadores recogieron en poco tiempo.
Por cierto, había muchos carteles en las afueras y en los barrios cercanos a LAS Jubias pero no los vi en el centro.
La buena noticia es que por primera vez, el fiscal se enteró de que nuestra ría está contaminadísima y parece que se empezó a preocupar del tema(hasta se dió una vuelta por la ría, espero que a pie, como yo) denunciando ante el juez los 36 vertidos de distinto origen presuntamente ilegales reconociendo que, al menos parte de ellos, pueden ser constitutivo de delito.
A ver si de una vez se acaba con tanta impunidad en los temas ambientales y nos ponemos a nivel europeo.
Lo más “gracioso” es que algunos de los responsables de esta desfeita estaban en la mani como si la cosa no fuera con ellos o no tuviesen culpa de nada y así toda una serie de políticos del BNG,PP,EU ,PSG(de la comarca, de la city no localicé a nadie) “apoyaron” la protesta y es que mi ciudad es así. Además una nota verde siempre queda bien en las precampañas electorales.
Estoy deseando oir el próximo discurso del señor alcalde Losada en el día del medio ambiente. En este último, le dijo a los niños y niñas “que había que SALVAR EL PLANETA”. Yo me conformaría que en el próximo declarara que habría que salvar algo más cercano, la RÍA DEL Burgo y los más de 200 puestos de trabajo de los mariscadores/as.
Xa me podes explicar a responsabilidade de EU en dita desfeita. Concordaremos que as súas responsabilidades políticas tanto na Xunta como nos concellos da área é nula. Nula é, polo tanto a responsabilidade política desta formación que ata o de agora ven asumindo, porque emerxe do seu propio discurso e non como un engadido electoral, nas desfeitas medioambientais da comarca. A crítica ao actual sistema de partidos non pode caer nun perigoso apoliticismo nin no fácil discurso de “todos son iguais”.
Nin apoliliticismo nin caralladas querido “fidel”, a persoa que fixo ese comentario estaba na manifestacion e non rascando o carallo como fan TODOS os politicos. O unico que os diferencia e que uns estan no poder e outros na oposicion, e cando voltan as tornas cambian os roles. Nin mais nin menos. E se queres mira EU en Ferrol, e logo mira EU en Asturies…sabes por onde vou?…