Pages Navigation Menu

ÁREA METROPOLITANA DE VIGO NON ¡¡

Luita Verde en relación coa área metropolitana de Vigo, expón públicamente:

1) A área metropolitana de Vigo non foi consultada coa poboación en xeral.

2)Centraliza o urbanismo, servizos e o transporte cara a unha cidade, que promove especulativamente 140.000 vivendas novas, cando hai na actualidade máis de 20.000 valeiras, non se axusta co seu crecemento demográfico das últimas décadas e propón obras faraónicas moi custosas (macrohospital, macrodepuradora, macroporto, etc.), que supoñen un enorme impacto ambiental e hipotecan as inversións no resto da propia cidade e na área de influencia (O Rosal, Baixo Miño, Condado-Paradanta, Val Miñor, A Louriña, Redondela, O Morrazo e a área de Pontevedra) en materia social, de servizos e de infraestruturas.

3)Está directamente ligada co Plan Vigo Íntegra (250 kms. de novas autovías, e 85 kms. máis de estradas convencionais mal diseñadas, que supoñen a maior agresión ó territorio arriba citado en materia viaria na súa historia), pois necesita imperiosamente vías de alta capacidade para centralizar o transporte cara a tremendo crecemento da cidade, dentro do denominado transporte de mobilidade, que promove máis utilización do vehículo privado, altamente contaminante; e infraestruturas viarias asimesmo moi custosas, impactantes e desestruturadoras do territorio, incluido o AVE, que ademáis non resolven os problemas do transporte, senón que polo contrario, o agravan.

4)Pretende convertir o seu contorno xeográfico en pobos de segunda residencia, de reserva industrial e de ocio para a cidade, sin ter en conta o medio físico, a autonomía, a identidade e a socioeconomía de cada concello, comarca e/ ou mancomunidade. Suporá asimesmo a acta de defunción para o rural.

5)Cun área poboacional moi extensa ao seu servizo e uns presupostos millonarios vai crear grandes desigualdades sociais, ó concentrar tamén a economía nunhas poucas élites políticas e empresariais, e asimesmo falla de cohesión territorial, xa que chegará non só a competir en poder político e económico coa administración dos concellos e as comarcas senón coa mesma Xunta, sendo incluso unha lacra para o resto de Galicia.

6)Está baseada nun contexto mundial de globalización, libre mercado e privatización dos servizos públicos, que está a provocar un expolio dos recursos naturais e enerxéticos e a externalización da economía, de directa influencia co cambio climático, o éxodo masivo de inmigrantes e a crise enerxética planetaria.

Polo exposto, rexeita a creación da área metropolitana de Vigo, sexa de 14 ou de 28 concellos e por derivación o Plan Vigo Íntegra (xa alegado na súa contra en setembro), como asimesmo o AVE, por responder a un desenrolo a todas claras insostíble, máxime cando estamos entrando nunha fase de crise económica e financieira profunda, provocada precisamente por ese modelo centralizador e vinculado á economía do sector construtor e inmobiliario.
Como alternativa esixe un modelo de desenrolo urbanístico descentralizado, baseado no decrecemento e nas proximidades, que sexa axustado ás necesidades reais de habitabilidade, nas infraestruturas máis modestas e zonais (depuradoras, centros de abastecemento de augas, plantas de tratamento dos RSU, hospitais comarcais, locais educativos, sociais e deportivos, etc.) mínimamente impactantes e que cheguen a toda a poboación, como asimesmo no fomento do transporte de accesibilidade e colectivo, e a súa combinación (bus, barco e tren de proximidades); na creación dunha rede de carrís bici e sendas peatonais; e tamén fundamentalmente na eficiencia e o aforro hídrico e enerxético. Para iso ten que haber un fortalecemento e mellora da xestión dos concellos e , baseado nos conceptos mencionados e que se rixa polo concepto de solidariedade e complementariedade e non polo de “competitividade”.

Grupo Ecoloxista LUITA VERDE
O MORRAZO novembro de 2008

 

One Comment

  1. completamente de acordo.

    pero a razón última das áreas metropolitanas é a de xerar un mercado de traballo máis grande para así ter unha meirande reserva de man de obra que compita polos postos de traballo e esté disposta a ser cada vez máis explotada.

    o modelo debe ser, como dí luita verde, un modelo achegado aos cidadáns, descentralizado e evitando a mobilidade, especialmente a asociada ao traballo, e cando seña necesaria, en transporte público non contaminante. Para algo están as telecomunicacións.

    Un exemplo de malas políticas: por levantar a peaxe de Rande as lanchas que cruzaban a ría van terminar por non ofertar o servizo.

    O da pasión polo asfalto desta xunta bipartita supera a da era Fraga. Plan de Estradas, Plan de Reequilibrio Territorial, Directrices de Ordenación Territorial, Vigo Integra, Coruña Desintegra…

    O modelo é claro. Nun país de poboación dispersa, a actividade ten que adaptarse ao asentamento e non ao revés. En Europa, algunas das rexións máis dinámicas e progresadas son de poboamento disperso (Dinamarca, o Veneto, os Midlands…) Eso sí, esas comunidades “dispersas” nunca perderon o control do seu territorio. E nos, hoxendía, non o temos.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.