Pages Navigation Menu

Bandeiras Negras 2008

Ecoloxistas en Acción vén de presentar o seu informe anual Bandeiras Negras 2008. Nel denúnciase a situación do litoral galego en perigo pola excesiva construción, o desenvolvemento industrial descontrolado e unha errónea concepción do progreso.

O informe foi elaborado coa colaboración da rede “Galiza Non Se Vende”, o colectivo local “A Ría Non Se Vende” e a asociación “Verdegaia”. Segundo Ecoloxistas en Acción, actualmente, e froito da nova Lei do Chan, a maior parte dos concellos galegos presentaron ou están en proceso de elaboración dos seus novos Plans Xerais de Ordenación Urbana nos que está previsto a construción de 300.000 novas vivendas na próxima década, un 75% máis das existentes na actualidade a maior parte delas concentradas na costa. Ademais, están previstos 17 campos de golf e 24 novos portos deportivos. Galicia pasaría de contar con 816.000 vivendas na costa a 1,4 millóns en dez anos, sendo o 60% segunda vivenda destinada fundamentalmente aos mercados inmobiliarios estatais e europeos.

Entre as propostas que Ecoloxistas en Acción menciona para facer fronte á crise medioambiental que sofre o territorio galego cabe destacar as seguintes:

 

  • Implantar unha nova cultura do territorio:
  • Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral
  • Aplicar o amplo abanico de figuras de protección ambiental
  • Aplicar o amplo abanico de figuras de protección ambiental
  • Cambios no modelo de desenvolvemento do litoral, particularmente no turismo
  • Cumprimento da lexislación vixente
  • Demarcación e conservación do dominio público terrestre
  • Reforma da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUGA)
  • Derrogación da Lei de Expropiacións Forzosas e formulación dunha nova lei
  • Aplicación da avaliación estratéxica integral sobre o conxunto das actuacións urbanísticas
  • Nova Lei de Ordenación do Territorio
  • Redistribución das competencias sobre o espazo litoral

Asemade exixe maior TRANSPARENCIA, PARTICIPACIÓN SOCIAL E RESPONSABILIDADE DE XESTIÓN xunto cunha serie de medidas de emerxencia.

Ver o informe completo aquí

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.