Buses para a manifestación do 15 de febreiro

Alugaranse buses dende distintos lugares para acudir á manifestación de GNSV o 15 de febreiro. Damos aquí unha relación do servizo contratado ata o momento.

Un bus sairá o domingo 15 dende Ferrol e pasará por Pontedeume. Voltará ás 5 da tarde e custaría 8 euros. Para apuntarse escribir para reganosademolizon@gmail.com

Tamén o CCE alugará un bus con saída de Ferrol ás 9:30 horas. Sairá da Praza de Galiza (fronte a Correos). Prezo : 8 € Para reservas: Telef. 690612737

Dende A Ría Non Se Vende vanse por buses para ir a Compostela

Dende Vigo:  Un sairá ás 9:30 das travesas (centro comercial), pasará ás 9:35 pola estación marítima (hotel bahía), 9:40 por Teis (onde o mercado), 9:50 por Chapela (fronte a baixada a pescanova, onde está a parada de taxis), 10:00h por Redondela (parará na saída do centro da cidade) e de aí a Compostela.

Dende Baiona:  Outro sairá ás 9:15 de Baiona,(fronte ao porto pesqueiro), pasará ás 9:25 pola Ramallosa (na ponte), ás 9:30 Nigrán(concello), ás 9:45 por Coruxo (antiga estación de tranvías), ás 9:50 por Bouzas (pavillón).A volta:

Haberá distintos horarios de volta. Un voltará ás 17:00 horas, e outro voltará as 22:00h para traer a toda esa xente que se queira quedar ao concerto.

Prezo: O prezo será de 8€ ida e volta. É importante apontarse canto antes. O prazo remata o día 13 e tamén facer o pagamento no momento de se apontar.

Forma de se apontar:

* A xente de cada colectivo pódese anotar cunha persoa designada por ese colectivo para este tema.
* O resto da xente pode pedir información na Cova ou na Revolta.
* Tamén se poden apontar ca persoa encargada de controlar a xente nas distintas paradas:
o Travesas: Sabela 699974036
o Estación marítima: A Revolta (Salva) 692107970
o Teis: Roi 661240605
o Chapela: Roi 661240605
o Redondela: Victor 660903309
o Valmiñor: Xosé 647965193
o Coruxo: Santi 609020413
o Bouzas: Edi 649266619

A xente do morrazo tamén pode contactar co persoal que hai alí de luita verde, do Foro Social ou de Verdegaia.

Cada persoa que se aponte debe indicar o nome, telefone, parada onde vai subir ao autocarro e horario de volta.

É importante que tod@s acudamos a esta manifestación e que vaiamos criando entre tod@s o costume de deixar o carro na casa e usar transportes colectivos.

5 Comments

  1. Erasmo, grazas pola información, pero sabemos mirar na web de renfe. Ti o que queres é que haxa moita concorrencia só por dicir que se manifesta moita xente contra o bipartito que odias. Manifestarémonos contra toda política que atente contra o noso patrimonio, natural e cultural, desgraciado, independentemente de quen estea no goberno. Nós non casamos con este ou estoutro político, nós casamos con Galiza e a nosa acttude é o noso compromiso, algo do que ti saberás ben pouco.

  2. Se alguén quere coller o Tren dende Vigo hai un ás 9,40 horas e chega a Santiago ás 11,20
    por 6.20 €

  3. Sinto que tamén en GNSV teñamos algún padre prior do convento que teña a ousadía de dar e quitar patentes de Amor por Galicia…

    Non sabía eu que para defender a Galicia agora tiñamos que ser virxes, apolíticos, e non sei se tamén macrobióticos… vaites vaites…!

    O tren disque contamina menos… Saúde

  4. O apoliticismo ( parlamentar) ven motivado pola necesidade da democracia directa, e máis pola continua traizón d@s polític@s aos intereses do pobo que din representar.

    A dieta macrobiótica é interesante e mesmo saludábel, ademáis de fazer fincapé no consumo ecolóxico e local, incidindo nas posibilidades de autoxestión alimentar.

    Máis o da virxinidade creo que sería incluso pernicioso, sobre todo a certas idades 😉

  5. Rubén levas razón ogallá podesemos achegarnos á Democracia Directa mais para iso penso que temos que DENUNCIAR ós Partidos que traizoan o seu compromiso coa Cidadanía… non vexo outro camiño.

    Probarei a cambiar de DIETA un día destes!

    Graciñas

Deixa una resposta a Xan de Lestrove Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.