Pages Navigation Menu

CANGAS: QUEN MANDA NA GARDA CIVIL?

Desde Monteferro vese moi ben Cangas. Hoxe non, porque hai neboeiro, pero estamos máis cerca que nunca.

 

Na mañá de onte, luns 1 de xuño, tres compañeiros foron detidos pola Garda Civil cando se manifestaban pacificamente contra as obras do ilegal porto deportivo que Caixanova e a empresa Marina Atlántica pretenden construír en Cangas.

Compre resaltar que os tres foron detidos cando se atopaban xunto con outras vinte persoas na praia de Cabo Balea, espazo de dominio público, a pouca distancia da zona acotada polas obras pero fora dela. Pouco antes o teniente da Garda Civil ordenou que as escavadoras avanzaran cara a eles. “Mandaron marchar as máquinas sobre nós, sobre a posición na que estabamos nós”, declarou Tiago Pérez, voceiro do Foro Social de Cangas e tamén detido. “A pa estaba encima das nosas cabezas…” Incomprensiblemente os axentes da autoridade ordenaron aos traballadores que seguiran adiante, provocando unha situación moi perigosa.

 Incomprensible e inexplicable é xa que axentes policiais estean a protexer a vulneración sistemática da legalidade, pero o sucedido onte significa un paso máis nesta tolemia. O subdelegado do goberno en Pontevedra, o tristemente célebre Delfín Fernández, tras unha entrevista cos representantes da empresa Marina Atlántica celebrada o 15 de maio, declarou que esa subdelegación “faría cumprir a legalidade en Massó”. A quen defendemos precisamente o cumprimento desa legalidade e coñecemos ben as credenciais de don Delfín, esas declaracións lonxe de tranquilizarnos nos alarmaron. Alarma que agora queda plenamente xustificada.

Na zona mariña que pretende estragarse con esas obras faenan arredor de 500 persoas e dela tense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Os seus fondos de maërl son especialmente ricos en biodiversidade, dos máis ricos da ría, e constitúen unha zona de alevinaxe de moitas especies. En terra este proxecto busca especular con 200.000 m2 para a construción de chalés de luxo, hoteis e un centro comercial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público, outros zona industrial e unha boa parte está cualificada como espazo natural protexido. (Espazo Natural Barra-Cabo home)

500 familias veríanse pois privadas dunha parte importante dos seus lexítimos recursos e todas e todos nós seríamos despoxados dunha zona natural pública e de incalculable valor. Cantos postos de traballo se crearían no porto deportivo?  15?  20?

O asunto está recorrido desde hai tempo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pois a Confraría de Pescadores de Cangas conta cunha concesión estatal en vigor para faenar nesas augas. Pero a ben coñecida política dos feitos consumados ten demostrado presentar moitas vantaxes á hora de incumprir a lei.

No pacto que asinaron no seu día os grupos que conforman o goberno tripartito do concello de Cangas, figuraba nun lugar destacado a súa oposición unánime a esas obras. Hoxe a alcaldesa do BNg e os seus socios do PsoE  miran para outro lado. Cara onde estarán mirando e que buscarán alí…? Só os tres concelleiros de ACE manteñen unha postura coherente e clara.

Desde hai tres anos a oposición veciñal artellada en torno ao Foro Social de Cangas evitou o inicio das obras coa súa presencia diaria no lugar para impedir, sempre resistindo pacificamente, o paso das máquinas. Tres anos. Diariamente. Pacífica e pacientemente.

Así foi ata que, desde o pasado luns día 25 de maio, seis furgóns da Garda Civil e máis de 20 axentes están a protexer o desenvolvemento dos traballos dunha obra manifestamente ilegal. Por que agora? Que foi o que cambiou?

Acabóuselle a paciencia a Caixanova?

Quen goberna en Cangas? Quen manda na Garda Civil? Quen manda en don Delfín? Quen manda aquí?

GZvideos: Represión e resistencia en Cangas

7 Comments

  1. ¿Dónde está la policía especializada en delitos urbanísticos? ¿Por qué no interviene?
    ¿Qué hacen las fiscalías especializadas?
    Mejor que cierren el “chiringuito”, PUES NO RESUELVEN NINGÚN TEMA, LO HEMOS COMPROBADO LOS ECOLOGISTAS GALLEGOS MUCHAS VECES. PERO, SON EXPERTOS EN EL ARCHIVO DE LOS ASUNTOS AMBIENTALES O URBANÍSTICOS PERO CLARO, SON PUESTOS A DEDO POR EL GOBIERNO ESTATAL Y ASÍ NOS VA, DE INDEPENDENCIA NADA DE NADA, SÓLO INDEFENSIÓN….
    ¿Por qué el juez no toma medidas cautelares o es que ahora cualquier playa se puede enterrar en cemento y hormigón, negociar y comprar el dominio público, destruir espacios naturales alegremente,no respetar el propio PXOUM y especular?
    ¿No prohibe la Constitución la especulación en su artículo 47 indicando textualmente
    “REGULAR LA UTILIZACIÓN DEL SUELO DE ACUERDO CON EL INTERÉS GECNERAL PARA IMPEDIR LA ESPECULACIÓN” ¿POR QUÉ ENTONCES SE INCUMPLE SISTEMÁTICAMENTE?
    ¿POR QUÉ LAS AUTORIDADES “COMPETENTES NO INTERVIENEN Y DEFIENDEN LA LEGALIDAD URBANÍSTICA?
    ¿ES ASÍ COMO EL MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y LA XUNTA VAN A PROTEGER EL LITORAL?
    ENTONCES SERÁ MEJOR QUE LA CIUDADANÍA EMPECEMOS A TRABAJAR SERIAMENTE PARA PROTEGERNOS DE ELLOS Y DE SUS FECHORÍAS.
    Las distintas administraciones son las culpables de todo esto, de la destrución del litoral pues los promotores hacen lo que éstas le dejan o les intereses y, estos “favorcitos” no se hacen a cambio de nada o, al menos, eso nadie se lo cree.
    Unos y otros se están cargando el estado de derecho y están cometiendo un error gravísimo que se les volverá muy en contra. Sólo engordan las prácticas especulativas, arbitrarias y muchas veces corruptas, sirviendo una y otra vez a los intereses de los caciques y cementadores del país de siempre, apoyando a todos los políticos corruptos que tienen en sus filas, como estamos viendo en las últimas semanas y pretenden que el pueblo se acostumbre a la corrupción y especulación salvaje, no lo respetan y actúan como auténticos dictadores., impoñiendo a todos la “ley del embudo y del dinero” mientras nos comentan el cambio necesario de modelo económico….
    Tampoco es de extrañar que la Justicia esté tan mal valorada (la peor institución ) POR LA CIUDADANÍA DE TODO EL ESTADO UN AÑO TRAS OTRO.
    Pero lo peor es este precedente que no lo habíamos visto ni con Fraga: tratar a los ecologistas como delincuentes, acusándolos de lo que no hacen intentando “criminalizar-
    los”, amparando y protegiendo a las promotoras que destruyen el litoral violanddo el marco jurídico y, lo peor, utilizando las fuerzas policiales para la represión y castigo de ecologistas o vecinos que defienden lo que esas administraciones debieran defender: el interés general.
    Nosotros también queremos saber quién dió esa orden y la sociedad gallega tiene todo el derecho a saber lo que está ocurriendo aquí pues estas prácticas de índole fascista no se pueden consentir en una democracia. No lo vamos a permitir.
    Lo único que queda claro es que es cierto lo que se dice en otras comunidades autónomas, que Galicia aún no superó la Transición.

  2. Os 1.500 kg de ameixa non son dun só día, son a cuota diaria que teñen para esta zona cando está aberta. Son entre 5 e 7 mil euros diarios en lonxa.

  3. Por se alguén dubidaba da financiación do galeguismo, de cómo nos derradeiros dez anos a campaña dese partido gasta moito en cartaces de alta calidade, en vehículos electorais… moitos cartos que chegaron de repente, facendo a deles a campaña con mellor financiación en Galiza.

  4. na guarda civil manda delfín fernández e delfín fernández é un subordinado de Antón Louro Goyanes, delegado do goberno e militante do P$O€. Por cima de Antón Louro que é o delegado do goberno de madrid está o Goberno de Madrid. Así que en últimas a actuación da guarda civil en cangas é unha decisión política.

    Se entendemos que as cousas son así, que parece que sí son, non sei como podemos pensar nunha “entrevista” con Louro. Él fai o que ten que facer como superior da GC en Galiza. Poderános contar películas, eso sí, pero a actuación policial non vai mudar porque as autoridades están detrás e a favor desta ilegalidade.

    Temos que romper o cascarón e deixar de sermos uns inxenuos

  5. Si que debemos caer da burra: a guarda civil non é neutral nen equidistante, nin neste caso nin en calquer outro. A guarda civil sirve ós intereses que sirve e eso témolo que ter clariño. Ou é que non nos acordamos xa que cando se construiu a vía rápida do Morrazo ocupara Moaña para conter a resposta veciñal?

  6. De verdade que vamos ir falar có raposo sobre os cuidados que deben ter as galiñas? De verdade que lo flipo. A mirar se invertimos o tempo en cousas máis productivas.

    unha xuntanza urxente que algúns membros de Galiza Non Se Vende necesitamos manter co Delegado do Goberno para que investigue todo iso, tome medidas e solucione os problemas descritos así como garantice os nosos dereitos fundamentais.

  7. España, é unha casa de fillos de p . . . e corruptos. A legalidade está do lado dos ilegais e os legais van ao carcere pa quedarse, os chorizos de paseo. Hoxe no choio discutía cuncompañeiro quese asolución pasaba ounon pasaba por xogar ao mesmo xogo que xogan eles. Eu estou porque non porque o xogo está trucado, de formaque si ti tes un pacto de goberno elesteñen un goberno por riba de ti que te tumba,sew ti tes a policía local eles teñen as forzas de seguridade do estado, ese non son capaces de aparecer os da OTAN. Aprobo o traballo de ACE, pero se cadra vai sendo hora de poñerse serio e rachar o pacto. O PSOE e o BNG, que pacten co PP, que pensan o mesmo

Deixa una resposta a Marisa Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.