Pages Navigation Menu

CATIVA SENTENCIA PARA UN TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA

Desde “A Ría Non Se Vende” pensamos que a sentencia que desestima o recurso contencioso administrativo, presentado pola confraria de mariñeiros de Cangas, contra a construción do Porto deportivo de Massó, presenta graves erros, contradicións, incongruencias, e omisións interesadas.

* Non se entende como poden ter validez xurídica no mesmo expediente, dous informes, os dous vinculantes, con contidos absolutamente contradictorios e discordantes emitidos pola mesma Consellaría de Pesca, nin porqué se otorga prioridade ao segundo cando o primeiro, parte dun texto elaborado, pormenorizado e conciso acerca das gravísimas deficiencias que presentaba o proxecto e que non foi tido en conta na súa fase de tramitación, cando debera obrigar a corrixir as premisas básicas do proxecto nesa fase. O segundo informe non aparece asinado por ningún cargo da consellería, aparecendo só a sinatura dun técnico “en acuicultura”, que di “adaptar” o informe anterior.

* Recolle que: “as obras que se realicen ao amparo dunha concesión portuaria precisan, en todo caso, da obtención dunha licencia urbanística, conforme ao previsto no artigo 19. 3 da LPMM”. Polo que non se podem levar adiante sen a tramitación desta, senon pode suceder como co Porto deportivo da Lagoa que ten orde de derrubo por carecer de licencia.

* Afirma que “existe unha licencia, que é otorgada con vista a un Plano Especial e a un Plano de Utilización dos Espazos Portuarios pendentes de aprobación”. É difícil de concebir que o Tribunal poda “asimilar”, por analoxía, un mero informe favorabel, emitido no seu día polo alcalde interesado na obra, cunha licencia urbanística municipal, sin existir solicitude previa da empresa beneficiaria ou se tramitara un expediente municipal. A dia de hoxe non existe licencia municipal de obras. En Cangas non hai PXOM, posto que se está redactando, nin, polo tanto, Plano de Desenvolvemento para o recinto de Massó. Pola tanto, non se pode extender licencia ningunha.

* Sostén que o proxecto é compatibel cuns Planos que todavia estan sen aprobar o que supon un disparate xurídico xa que o Plano de Usos non existe, non é un documento legal, a súa tramitación vai levar meses, e ten que someterse a Avaliación Ambiental Estratéxica e a exposición pública. E despóis redactarse e aprobarse o Plano Especial. O Tribunal non pode dar valor legal a un proxecto de Plano de Usos e ignorar que aínda nin existe proxecto do Plan Especial.

* Pasa por riba da participación democrática, incumprindo a Lei de portos, a LOUG, a Lei de AAE e a lei-transposición do convenio de Aarhus, xa que tanto o Plano de Usos como o Plano especial do porto, como o PXOM como o Plano de desenvolvemento para o recinto de Massó van someterse a exposición pública e recibirán alegacións, que lle poden dar a volta como a un calcetín.

* Insinua que é unha “obra pública de interese xeral”, cando non é a Autoridade Portuaria quen a executa, senon unha empresa privada. As obras para a construción dun porto deportivo privado non gozan da consideración de “obras de interese xeral” dacordo coa xurisprudencia existente. Tampouco pode afirmarse que a construción e explotación dun porto deportivo, poda calificarse de servicio xeral nin básico.

* Afirma que “o custe medioambiental da obra é de menor entidade que o beneficio derivado del desenvolvemento socioeconómico da zona e de Cangas en particular” o que resulta increíbel e insostibel xurídicamente. O que existe é un claro e directo beneficio particular para una empresa mercantil con ánimo de lucro. Non se entenden os criterios que o Tribunal asumiu para chegar a esta gratuita opinión e ademais cando a mesma Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos no seu informe de 1.07.04 cuestionaba ese difuso efecto positivo para o medio socioeconómico, que alegaba a empresa.

Con este argumento poderiase xustificar calquer atentado ambiental cando hai lucro para unha empresa privada.

* Recolle que o dictamen de impacto medioambiental valora e toma en consideración “todas as alternativas a ter en conta” cando non existe constancia de que se presentara, ou valorara, ningunha alternativa de emplazamiento distinta pola empresa como se esixe legalmente.

* Omite que o espacio portuario, onde foi otorgada a concesión administrativa para a construcción e explotación do Porto Deportivo, é de uso industrial contemplado nas Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico de Cangas e por tanto incompatibel cos usos previstos para unha instalación náutica-recreativa. E a zona de Punta Balea, de onde partiría o espigón principal do porto ten a cualificación de chan rústico de protección de espazos naturais, dentro do espazo Cabo Home 6b do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia, creado mediante o Decreto 82/1989.

* Non cita que o “espazo de auga” no que se quere realizar o proxecto non se atopaba a disposición da Autoridade Portuaria, requisito necesario previo para otorgar a concesión, como exige ó artígo 106.3 da Lei 48/2003. A tales efectos, e como a confraría de Cangas posúe unha autorización pesqueira vixente, xa o informe de Pesca declaraba preciso argumentar a utilidade pública da obra e iniciar os trámites de expropiación. A sentenza, neste fundamental punto, argumenta que non existe privación singular dos dereitos pesqueiros e que só habería unha limitación de capturas posto que a zona afectada é só “unha pequena parte de toda a autorización pesqueira”. Esta argumentación é insultante e antixurídica, a autorización da confraría o é “en exclusiva” e ven expresada en termos de zona cunha superficie concreta, non en termos de volume de capturas, e a propia declaración de impacto ambiental recoñece un dano “severo” aos recursos pesqueiros e unha ocupación de máis de 250.000 m2.

* E por último omíte as dimensións reais das obras portuarias proxectadas, e as dimensións da zona da que quedaria privada a confraria de mariñeiros de Cangas. Utilizando os pouco clarificadores termos: “pequena parte da zona á que se extiende a autorización”. A zona de ocupación non se limita ao lugar da escollera e os recheos senon que conleva unha zona marítima de tránsito que vetará e impedirá a pesca e o marisqueo.

“A Ría Non Se Vende”

4 Comments

  1. Insisto na QUEIXA ao Presidente do Goberno
    =====================

    Señor Presidente:

    Que los intereses privados se antepongan a las leyes que defienden el litoral común de todos los ciudadanos no es justificable ni puede justificar la intervención del Delegado del Gobierno en Galicia violentando los derechos democráticos de los vecinos de Cangas y de quiénes apoyamos un futuro sostenible y el respeto por el medio ambiente y la defensa del libre acceso a la costa gallega.

    Este reportaje esperamos sirva para abrir los ojos del Gobierno Central sobre las actuaciones que está llevando a cabo su Delegación en Galicia:

    http://gzvideos.info/reportaxe-sobre-as-16-detencions-en-masso/

    Solicitamos la retirada de todos los cargos contra los manifestantes que fueron detenidos brutalmente y sin causa legal justificada.

    Solicitamos que se abra una investigación sobre la brutal actuación de la Guardia Civil en Cangas y que se sancione a los responsables.

    Solicitamos el respeto de la legalidad vigente en todo el proceso de Massó y la escrupulosa vigilancia por parte del Gobierno Central en este asunto que afecta a la defensa de los intereses públicos y legítimos de la Ciudadanía.

    Asinado: xxxxxxxxxx
    DNI: xxxxxxxxxxx

    Remitir a:
    jlrzapatero@presidencia.gob.es

    RESISTENCIA!

  2. Si, fai falla máis denuncia, máis mobilización.
    É noxento o grao de corrupción do sistema.
    Tanto ten o TSX de Galicia ou de Valencia… Manda truco! …ademais de denunciar vamos ter que procurar a limpeza das institucións. O xogo está lixado, o poder está podrido.

  3. Estes pensan que o pobo non se entera das leis e que pasamos de todo e que nola poden colar de calquer forma…vaia TSXG….cativa integridade!!
    Ides jodidos especuletas bankeiros e miserentos serviles do capital!

    Aquí hai xente!

  4. O rollo das sentencias xudiciais é un tema que fai que moitos abogados non poidan falar mais que de ” probabilidades de gañar ” un determinado xuizo . Reclamacions xuridicas que parecen moi craras , perdense e outras totalmente disparatadas , gañanse

    Ainda que eu non son abogado , non teria ido a un proceso Contencioso-Administrativo , neste caso concreto . Creo que hoxendia os tribunais ordinarios de xustiza están mais concienciados sobre os problemas e os delitos urbanisticos que os organismos da via Contencioso- Administrativa
    Espero que o personal non se desanime:
    A LOITA CONTINUA

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.