Celebramos a supresión do proxecto do Teleferico para a Cidade da Cultura en Compostela.
A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON CELEBRA A PARALIZACIÓN DEFINITIVA DO TELEFERICO POLO QUE SE INTENTABA UNIR A ZONA MONUMENTAL DE COMPOSTELA COA CIDADE DA CULTURA.
DENUNCIAMOS A IMPROVISACIÓN, FRIVOLIDADE E FALTA DE COMPETENCIA DO ALCALDE DE SANTIAGO, SANCHEZ BUGALLO, GRAN DEFENSOR DESTE PROXECTO, NON NATO DE FEISMO E QUE PUÑA EN PELIGRO A DECLARACIÓN DE PATRIMONIO DA HUMANIDADE DE COMPOSTELA
Dende que a alcalde de Santiago, Bugallo, deu a coñecer o seu proxecto de montar un teleferico en Compostela a Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non, levou adiante unha campaña cidadan de denuncia e sensibilización do que supuña este “espenpentico” proxecto, carente de minimo rigor e sensibilidade coa riqueza monumental de Santiago. O noso obxectivo era conseguir que se cumplan as recomendacións do Icomos (Unesco) e tanto o Concello de Santiago de Compostela como a Xunta de Galicia, desbotasen totalmente o proxecto de construir duas lineas de teleferico en Santiago paara comunicarse coa Cidade da Cultura.
A Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non, adquiriu o compromiso de defender o Patrimonio Monumental e Historico de Santiago de Compostela, ameazado polo Teleferico e que é un sin sentido mais dlo urbanismo sin control, que o alcalde Bugallo ten executado nos seus mandatos e que ten outros exponentes nas torres das Cancelas e a torre mastodonte de Conxo, que de continuar con realizacións deste estilo vai botar por terra a consideración mundial de Santiago como cidade cun patrimonio monumental ben conservado e de urbanismo racional. Nesta oleada de feismo o proxecto do teleférico erar o culmen das agresións á conservación do casco vello e a zona monumental.
A PLataforma cidadán Cultura Si, mausoleo Non, da por boa a paralización do Teléferico e entendemos que a Xunta de Galicia peche definitivamente a opción defendida polo alcalde Bugallo, que agora queda demostrado era unha boutade mais dun personaxe que intenta perpetuarse na alcaldia de Santiago a base de vender fume, demagoxia e populismo localista. Solicitamos que continuen as medidas de supresión da Cidade da Cultura e a improvisación e frivolidade que representa, inadmisible nestes momentos de crisis e recortes sociais.
Cando comenzamos a campaña OUTRO GAIAS É POSIBLE. PARAR O TELEFERICO, afirmabamos que “Estamos seguros que alcalde Bugallo vai a lavarse as mans e declararse insolvente cando a realidade se faga evidente e o proxecto do Teleferico sexa un desastre económico, cultural e social. Daquela ninguen vai a ser culpable, ou quizas lle sigan a botar a culpa ao Pérez Varela”. Solicitamos agora que se constata o inadecuado e innecesario do Teleferico, alcalde Bugallo rinda responsabilidades ante os cidadáns de Santiago e informe publicamente do que xa leva costado a súa cegata obcecación de político derrochador (viaxes a outros continentes e paises para coñecer outros telefericos, pagos a “famosos urbaniistas” para falar a favor do teleferico, estudios e proxectos , viaxes para defender o proxecto en Europa, propaganda cuñas publicitairas e publicidade encuberta en medios de comunicación locais, comidas de traballo para falar do teleferico,etc).
Consideramos urxente, necesario e de absoluta responsabilidade politica rematar co despilfarro e desfeita da Cidade da Cultura un derroche de orzamentos que neste momento é un luxo inadeucado e innecesario.
Sobre o feito de que a Cidade da Cultura de Santiago non é cultura senón despilfarro , non creo que teña que engadir nada porque xa se ten falado dabondo .
Lin o artigo bastante por riba e gostaria-me facer unha matización
O xornal ” La Voz de Galicia ” , a que eu recomendo cambiar-lle o nome polo de ” La Voz del Poder de Galicia ” , ten popularizado o termo ” feismo ” ;este termo é por unha banda un termo ” light ” e case semella que se está a falar dunha moda como a do ” cubismo ” ou o ” impresionismo “. O mais importante é o feito de que o termo ” feismo ” permanece na superficie da desfeita urbanistica feita polos poderes economicos e a complicidade do poder politico
Ogallá os problemas do urbanismo en Galiza foran só problemas de tipo estético . Un urbanismo feito en favor do capital e en contra dos cidadaáns , que son expulsados dos ezpazos públicos , dos transportes públicos e que – por riba de todo – teñen que sufrir as consecuencias de un deterioro ecolóxico e mediomabiental sen precedentes en Europa
Propoño o termo ” territoricidio ” ou ” urbanicidio “