Pages Navigation Menu

Centos de persoas claman en Ferrol contra a planta de gas

Convocada pola rede Galiza Non Se Vende e polo Comité de Emerxencia  desenvolveuse en Ferrol unha manifestación que tivo como principal proclama a oposición á planta de gas de Reganosa. Os manifestantes saíron da Praza de España e remataron o percorrido no peirao despois de ler distintos comunicados en sitios representativos da cidade. As críticas foron dirixidas principalmente aos promotores da planta de gas e institucións que hoxe por hoxe son responsabeis dos grandes males ambientais que sofre o territorio galego.

Ás portas de sucursais de Caixanova, Caixa Galicia ou Banco Pastor foron lidos manifestos que denunciaban tanto a política enerxética como o brutal urbanismo que cementa o litoral galego. Non pasou desapercibida a loita que os veciños de Cangas están a levar contra o porto deportivo na antiga fábrica de Massó.

Ao final da manifestación deuse lectura a un comunicado no que se criticaba a política “desarrollista” de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil, a privatización do que sempre foi noso, dos nosos montes, ríos, do Courel ou da Terra Cha. Unha política que supón depredar o territorio para mercantilizalo en proveito das grandes empresas a costa de deteriorar o medio ambiente, a paisaxe e o tecido económico e social.

Tamén se salientou o desvarío do falso progreso que antepón o tren de alta velocidade aos trens de proximidade, as piscifactorías aos métodos tradicionais de pesca, a produción de megavatios ao consumo responsábel de enerxía, e a construciónde autroestradas ao fomento do transporte público.

Para rematar proclamouse que o benestar colectivo non pode basearse na explotaciópn das persoas nin da terra que habitamos. que este modelo ten alternativa, e que goberne quen goberne, Galiza non se vende

 

2 Comments

  1. E os medios de idiotización masiva como La Coz de Galicia manipulan e non falan.

    ¡Non digamos xa da fascista TVG!

    ¡ESTAMOS ATA O C… DE ANA KIRO,DE GAYOSO E DO P… CANDIL!

    E fartos dos traidores do bÑg en Ferrol e Mugardos,os traidores son:Xosé Fernández Barcia e Xoán Xosé Pita.

    LA VOZ=MANIPULACIÓN
    TVG=IDIOTIZACIÓN
    BNG FERROL=BÑG
    BNG MUGARDOS=BÑGAS

  2. Vídeo do roteiro, realizado con software libre por GNUL-HackLab.

    http://reganosademolizon.org/?p=325

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.