Centrais contaminantes

A emisión de residuos á atmosfera  que se producen nas centrais térmicas inciden negativamente e dun xeito considerábel sobre o medio ambiente. O problema da contaminación agudízase no caso das centrais termoeléctricas que utilizan como combustible carbón. Neste caso atópanse as de As Pontes e Meirama. A combustión do carbón orixina a emisión de partículas de dióxido de xofre e de nitróxeno que contaminan en gran medida a atmosfera e contribúen ao chamado efecto invernadoiro e da coñecida choiva aceda. Son estes os maiores problemas da combustión masiva do carbón pero non os únicos. As centrais térmicas afectan negativamente aos ecosistemas dos ríos como o Eume debido ás verteduras de auga quente e contaminada .

Para aqueles que aínda negan as influencias desta centrais no medio ambiente amosámoslles uns gráficos das emisións de dióxido de xofre e de nitróxeno que o Centro de Supercomputación de Barcelona publica diariamente. Os gráficos corresponden ao día de hoxe.

Sin comentarios

Trackbacks/Pingbacks

  1. Reganosa Demolizón » Centrais contaminantes | Contra reganosa - [...] Tirado de galizanonsevende.org: [...]
  2. Centrais contaminantes - [...] Centrais contaminantes  galizanonsevende.org/?p=1089  por Socram o 07:08 CET [...]

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *