CHAMAMENTO AOS MOVEMENTOS SOCIAIS PARA ESTABLECER UNHA ‘ALIANZA GALEGA POR UNHA EUROPA SOCIAL’

Diversas organizacións galegas fan un chamamento a todo o espectro de movementos sociais galegos para acudir á Asemblea de Movementos Sociais que, en réxime de autoconvocatoria, vaise celebrar en Santiago de Compostela o día 7 de decembro, ás 12:30 horas, no Auditorio de Galiza. Alén doutras propostas que xurdan na dita asemblea, propomos aproveitar a xuntanza para establecer obxectivos comúns concretos, tendentes a ‘aproveitar’ a situación de crise financeira global para esixir aos gobernos e institucións unha transformación radical do sistema.

Dentro destes obxectivos, consideramos especialmente grave e nocivo para o planeta e a humanidade a estratexia “Europa Global: Competir no Mundo”, que promovida de xeito autoritario polo Consello Europeo e coa complicidade do Parlamento da Unión, pretende facer do proxecto da UE un ‘exército de empresas’ para invadir o mundo con tratados de libre comercio que asoballen aínda máis aos pobos, e cuxas repercusións tamén se van sentir aquí, con masivas desregulamentacións, deslocalizacións, agresións ambientais, exterminio labrego, máis privatizacións, peche de fronteiras ás persoas, perda de dereitos laborais e sociais, etc. A Europa Social está hogano máis afastada ca nunca da xente e máis preto ca nunca do control absoluto polas transnacionais, polo que cómpre empurrar á nosa sociedade galega para que esixa camiñar cara a ela.

É por isto que, dende a nosa situación no centro do sistema global, mais na periferia desa centralidade, pensamos que os movementos sociais galegos temos a urxencia, mais tamén a obriga, de coordinármonos dunha vez por todas para esixir un troco radical dese mundo gobernado polo capital. Xuntos e xuntas temos a forza, temos as propostas, temos a razón xa é hora de que presionemos con determinación para que a nosa voz se escoite e para que as nosas reivindicacións sexan levadas á práctica.

Xa que logo, propomos debatir na Asemblea de Movementos Sociais a creación dunha ALIANZA de movementos sociais, organizacións populares, coalicións, redes e formacións cidadás de Galiza para convertir o ano 2009 nunha constante ACCIÓN GLOBAL GALEGA POR UNHA EUROPA SOCIAL, DOS POBOS E NON DAS MULTINACIONAIS como obxectivo común, incluíndo participar en coordinación con outros movementos sociais mundiais do Norte e Sur globais na Semana de Acción Global contra a ‘Europa Global’ e os TLC, en abril dese ano. Do mesmo xeito, propomos participar masivamente na mobilización global do 17 de abril, Día Mundial da Loita Labrega, dende o noso país.

Porque outra Galiza, outra Europa e outro Mundo son posíbeis
POR UNHA EUROPA SOCIAL E NON DAS MULTINACIONAISPromoven este chamamento, que é totalmente aberto a todos os movementos sociais e persoas a título individual: Amarante, Altermundo, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia, Veterinarios sen Fronteiras

One Comment

  1. Unha cuestión (?)

    Isto é unha convocatoria diferente do FSGal?

    Pregunto porque algúns dos promotores da autoconvocatoria son tamén do consello deste último.

Trackbacks/Pingbacks

  1. ReganosaDemolizón » Outro Foro Social é posibel. | - [...] sociais galegos, da reflexión á acción conxunta, por unha autoconvocatoria posivel. 5) Chamamento aos movimentos sociais para establecer unha…
  2. ReganosaDemolizón » Outro Foro Social é posibel. | - [...] 1) U-los movementos sociais galegos. 2) O Foro Social Mundial ” ficha” a Beiras para o seu consello. 3)…
  3. Reganosa Demolizón » Outro Foro Social é posibel. | Contra reganosa - [...] 1) U-los movementos sociais galegos. 2) O Foro Social Mundial ” ficha” a Beiras para o seu consello. 3)…

Deixa una resposta a rubén Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.